guerrilla

Adrian
'As guerrillas galegas ao descuberto'

Adrián Marzoa: “Os represores estiveron no punto de mira das accións guerrilleiras”

Adrián Marzoa Otero (Deixebre-Oroso, 1993) é graduado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Autor libro 'A Represión Franquista na Comarca de Ordes (1936-1939)', a quinta feira achégase en Nós Diario á guerrilla na comarca de Ordes.
guerrilla
star
MEMORIA E HISTORIA

A guerrilla na Mariña: A resistencia ao franquismo no norte galego (1941-1946)

Se ben os fuxidos da Mariña luguesa perderan calquera posibilidade de trasladárense a Francia, por mor da invasión do país veciño polas tropas alemás, o posterior desenvolvemento do conflito bélico europeo, especialmente a partir da histórica batalla de Stalingrado, reforzaría a moral combativa dos resistentes antifranquistas, que dirixidos principalmente polo Partido Comunista constituíron distintas organizacións e estruturas políticas ao tempo que reorganizaron a loita guerrilleira.  
guerrilla a mariña
star
MEMORIA E HISTORIA

Os primeiros fuxidos nas terras da Mariña

A resistencia ao franquismo no norte galego (1936-1941)
Carlos Nuevo
"As guerrillas galegas ao descuberto"

Carlos Nuevo: "O comité “Tchapaief” é a primeira das guerrillas organizadas na Galiza"

Carlos Nuevo Cal (Viveiro, 1958) é un dos veteranos nos estudos da memoria na Galiza. Cronista oficial de Viveiro, autor desde hai décadas dunha chea de investigacións sobre os movementos sociais e políticos nas primeiras décadas do século XX, achégase na terza e cuarta feira no coleccionábel de Nós Diario a historia da guerrilla na Mariña.

Félix García Yáñez. Foto:Nós Diario
'As guerrillas galegas ao descuberto'

García Yáñez, historiador: “O franquismo acudiu á Lexión para acabar coa guerrilla en Valdeorras”

Félix García Yáñez (O Barco, 1954) é licenciado en historia pola Universidade de Barcelona. Autor dunha abondosa bibliografía sobre o pasado das terras de Valdeorras, a quinta feira  publica en Nós Diario unha investigación sobre a guerrilla nesa comarca.
Sen titulo
star
'As guerrillas galegas ao descuberto'

Actrices da resistencia: mulleres na guerrilla antifranquista

Para moitas mulleres comprometidas no seo da Federación de Guerrillas de León-Galiza de 1942 a 1946 e da II Agrupación del Ejército Guerrillero de Galicia-León de 1947 a 1951, no territorio de Ourense, do Bierzo e da Cabreira, resultou difícil testemuñar o seu pasado compromiso, polas particularidades da súa acción e da maneira en que foi e aínda é cualificada (ou algunhas veces descualificada): dificultades de transmisión memorial que renovan así mesmo o peso das palabras no presente.
Sen titulo
star
'As guerrillas galegas ao descuberto'

Vítimas da represión: Mulleres na guerrilla antifranquista

Na Galiza e León, onde emerxen guerrillas rurais desde o verán de 1936, as mulleres representaron a alma das redes de apoio que constituíron a base social dos combatentes clandestinos. E foi no corazón das vilas e aldeas onde elas levaron a cabo, sen medios, unha “resistencia civil” que durante moito tempo será esquecida nos relatos oficiais dese pasado. Os relatos persoais das mulleres incorporadas no seo da Federación de Guerrillas de León-Galiza, de 1942 a 1946, e despois na II Agrupación del Ejército Guerrillero de Galiza-León, de 1947 a 1951, recollidos entre 1998 e 2010, testemuñan este compromiso. 
Odette 2
'As guerrillas galegas ao descuberto'

Odette Martínez-Maler: “Máis da metade dos enlaces da guerrilla eran mulleres”

Odette Martinez-Maler, doutorada na Universidade de Nanterre en París cunha tese sobre a memoria das guerrillas na Galiza e León, promotora do filme A Illa de Chelo e autora de diversas investigacións sobre a muller na guerrilla, achégase a este tema o 17 e 18 de novembro en Nós Diario
Ficha elaborada pola Garda Civil sobre os guerrilleiros do Destacamento Manolito Bello. (Foto Arquivo Antón Grande)
star
Unha achega á organización da guerrilla pontevedresa

A resistencia armada en Pontevedra

 

A resistencia armada na provincia pontevedresa, agás nas comarcas do interior, tivo menos actividade que noutras provincias; aínda así, as actuacións na zona de Arousa nos primeiros meses, o destacamento Paco Barreiro e os grupos que o precederon na área viguesa acadaron unha relevancia que, en gran parte, é descoñecida. Neste artigo deixaremos á parte o proceso de formación da guerrilla así como o sucedido nas terras do Deza, pois serán obxecto de tratamento noutros apartados deste monográfico.

'As guerrillas galegas ao descuberto'

Xosé Álvarez: "O peso da loita contra a guerrilla levouno a Garda Civil”

Xosé Álvarez Castro (Pontevedra,1953) leva moitos anos investigando a represión franquista nas comarcas de Pontevedra, recollendo algúns deses traballos en diversas publicacións ou no blog de referencia “anos do medo”. A terceira feira, escribe en Nós Diario sobre a guerrilla na área pontevedresa.
A escritora e activista Adela Figueroa Panisse. (Foto: Arquivo Nós Diario).
CULTURA

Adela Figueroa: "O minifundio é ecolóxico, é sustentábel e pode dar alimento a moita poboación"

As mulheres da Casa da Bouça da roupa estendida (Laiovento, 2021) é unha novela da escritora e activista Adela Figueroa Panisse. Unha historia sobre a resistencia ao franquismo na Galiza, sobre a revalorización do rural, do minifundio... Unha historia sobre a vida e as mulleres que a fan posíbel.

José Castro ‘O Piloto’ e a súa compañeira Ramona Curto ‘Mirelle’ (Foto: Arquivo particular)
star
'As guerrillas galegas ao descuberto'

‘O Piloto’, o último guerrilleiro

Xosé Castro Veiga, ‘O Piloto’ (O Corgo 1915-Chantada 1965), foi o último guerrilleiro morto en combate en todo o Estado. Elixido comandante en xefe do Exército Guerrilleiro de Liberación Nacional, formado pola II e III Agrupación do “Movemento de Resistencia de Galicia”, logo de que o PCE decidise no 1948 abandonar a guerrilla, seguindo as directrices do partido, reorganiza as agrupacións e ponas ao servizo da nova estratexia do PCE, pero négase a deixar as armas, ou marchar da Galiza. Silenciado por “Radio Perinaica”, e enfrontado co partido, a súa figura non só non é reivindicada axeitadamente, senón que foi luxada.
Afonso Eiré
'As guerrillas galegas ao descuberto'

Afonso Eiré: “O Piloto non quería marchar porque consideraba preciso seguir defendendo os demócratas”

Afonso Eiré López (Chantada,1955) é xornalista e escritor. Director durante máis de 30 anos do semanario A Nosa Terra e autor de máis de 20 libros, publicou en 2015 “O Piloto”,o último Guerrilleiro. O 12 de novembro achega en Nos Diario un novo traballo sobre este loitar antifascista.
guerrilla raia
star
'As guerrillas galegas ao descuberto'

A Raia Seca: unha achega á loita guerrilleira

“17 Agosto 1936. Chefe de Gabinete do Ministério do Interior. A Guarda Fiscal perseguiu ontem a tiro na serra de Montezinho um grupo de 5 comunistas, sendo 3 espanhóis e 2 portugueses, que ali tentavam assaltar os pastores, os quais conseguiram refugiar-se em Espanha abandonado uma pistola de pequeno calibre. Este grupo entrou em Portugal estando algum tempo nas proximidades de Espinhosela, donde é natural um dos portugueses que o compõe, de nome Mário e conhecido como perigoso bandido...

O Secretário do Governo Civil de Bragança”

Dionisio Pereira
'As guerrillas galegas ao descuberto'

Dionisio Pereira: "Centos de veciños da Raia Seca portuguesa pasaron polas cadeas por apoiar a guerrilla"

Dionísio Pereira (A Coruña, 1953) leva moitos anos pescucando a moria da represión e da resistencia antifascista. Historiador, autor dunha abondosa bibliografía desde comezos da década dos 80, o 11 de outubro escribe en Nós Diario sobre a guerrilla na área da Raia Seca.

 

guerrilleiros ferradillo bierzo
star
'As guerrillas galegas ao descuberto'

A Federación de Guerrillas Galiza-León: "Era verdadeiramente o Exército Republicano"

No mes de abril de 1942, os grupos de fuxidos do oriente da Galiza, en unión de bercianos e asturianos, darían oficialidade a unha realidade que xa se palpaba desde un ano atrás: xurdía de maneira oficial a primeira organización guerrilleira de todo o Estado. Pero, moito antes de chegar ao congreso fundacional de Ferradillo (O Bierzo), onde se debaterían e aprobarían os regulamentos da Federación, os fuxidos deron varios pasos cara a dita estruturación nun exército irregular. 
Alejandro
'As guerrillas galegas ao descuberto'

Alejandro Rodríguez: “O antifascismo é a base ideolóxica da Federación de Guerrillas”

Alejandro Rodríguez Gutiérrez (Ponferrada,1984) é doutor en historia pola Universidade de Santiago de Compostela e actualmente traballa na súa tese de doutoramento sobre a historia da guerrilla galega. A terza feira de 9 de novembro escribe no coleccionábel Nós Diario sobre a Federación de Guerrillas

José Gómez Gayoso
Foto:Nós Diario
Foron executados a garrote vil na Coruña

73 anos do asasinato dos antifascistas galegos Gayoso e Seoane

José Gómez Gayoso e Antonio Seoane Sánchez son dous dos grandes símbolos da resistencia ao fascismo na Galiza pero tamén da brutalidade do réxime franquista.
Agustín Diéguez Yañez ‘O Rubio de Vilanuiz’ nunha foto dunha ficha elaborada pola Garda Civil sobre o seu grupo guerrilleiro,
star
MEMORIA E HISTORIA

‘O Rubio de Vilanuiz’, o comezo e a fin

Nace o 25 de marzo de 1920 en Vilanuiz-Quiroga, fillo de Martín Diéguez Rodríguez e Agripina Yáñez Lorenzo. Traballa como labrego e cesteiro e tamén nos Saltos do Sil en Montefurado. Cando estala o golpe fascista en xullo de 1936, bótase ao monte coma tantos outros. Durante os meses que se ausenta son frecuentes as visitas á súa casa por parte dos gardas civís e os falanxistas, ansiosos por detelo.
star
A guerrilla antifranquista na bisbarra de Vigo (e II)

Organizando a resistencia

Até o ano 1939, as actuacións levadas a cabo polos diversos grupos de fuxidos armados que andaban pola nosa zona estiveran dirixidas principalmente á procura da propia supervivencia (roubos en tendas e tabernas, sobre todo) ou de escarmento a presuntos acusóns policiais, máis que a enfrontarse directamente coa nova orde de cousas. Non será até despois do outono de 1939, ao verse frustrada a promesa de perdón do gobernador Gómez Cantos, cando pequenos grupos de antigos fuxidos —ou de novos homes que deciden a partir de agora sumarse aos proscritos ao comprobar como se incrementa a persecución á que son sometidos polas forzas policiais—, cando comece a xestarse o xermolo dunha feble organización guerrilleira na nosa bisbarra.