Auriense obtén o primeiro premio nos maios de Ourense na categoría de "enxebre" e de coplas

[VÍDEO NO INTERIOR] 53 'maios'participaron no certame organizado polo Concello. A asociación cultural venceu na categoría de 'maio enxebre'. O 'maio feminista' da Marcha Mundial das Mulleres logrou o segundo premio na categoría de 'maio artístico'.
auriense
photo_camera (Foto: Nós Diario)

As coplas e o maio da Asociación Cultural Auriense venceron este domingo na categoría adulta do certame de coplas e maios de Ourense, organizado polo Concello da cidade. Unha cita na que tomaron parte 53 maios elaborados por diferentes colectivos e entidades.

As coplas da Auriense fixeron un amplo percorrido pola actualidade, tratando desde o que pasa en Palestina e o aniversario da Revolución dos Cravos até a temática local, como o das vodas oficiadas polo alcalde, Gonzalo Pérez Xácome. "Tratamos de falar da actualidade cun toque de humor e tamén de reivindicación", afirma sobre as coplas Daniel Gómez en conversa con Nós diario.

Unha reivindicación que tamén está presente no maio premiado, onde nun lateral do mesmo se defendeu o topónimo legal da cidade, Ourense, ante a política do alcalde de abrir a porta á deturpación do nome da cidade; e noutro se facía unha homenaxe ao 25 de abril portugués. "Levounos sobre 5 días facer o maio". A Auriense fixo un maio de adultos e outro de crianzas.

Na categoría de ‘maio artístico’ o segundo premio foi para a Coordenadora Marcha Mundial das Mulleres.

Premios Maios 2024:

Maio artístico:

Primeiro premio (900 euros) Óscar López González

Segundo (700 euros) Coordenadora Marcha Mundial das Mulleres: Maio feminista

Terceiro (500) Paula Martínez Llano: O maio do galiñeiro

Maio enxebre

Primeiro (600) Asociación Cultural Auriense

Segundo (400) ANPA CP Inmaculada: Non nos dá a vida

Terceiro (300) Os Lolailos: Cruceiro de Vilar de Astrés

Maio infantil

Primeiro (300) Uxía Afonso Crespo: Maio bubuxas

Segundo (200) ANPA Os penediños: O maio dos penediños

Terceiro (100) CEIP Saco e Arte de Toén

Maio creativo

Premio (300) Asociación de Familias de Alumnos Limiar: Maio das flores

Coplas persoas adultas

Primeiro (300) Asociación Cultural Auriense

Segundo (200) CEIP Plurilingüe As Mercedes: As traballadoras das Mercedes

Terceiro (100) Fundación Educativa Franciscanas: Galiza

Coplas infantís

Primeiro (300) AFA CEIP Saco e Arte de Toén

Segundo (200) Uxía Afonso Crespo: Maio bubuxas

Terceiro (100) ANPA Os penediños

Comentarios