A guerrilla antifranquista na bisbarra de Vigo (e II)

Organizando a resistencia

Até o ano 1939, as actuacións levadas a cabo polos diversos grupos de fuxidos armados que andaban pola nosa zona estiveran dirixidas principalmente á procura da propia supervivencia (roubos en tendas e tabernas, sobre todo) ou de escarmento a presuntos acusóns policiais, máis que a enfrontarse directamente coa nova orde de cousas. Non será até despois do outono de 1939, ao verse frustrada a promesa de perdón do gobernador Gómez Cantos, cando pequenos grupos de antigos fuxidos —ou de novos homes que deciden a partir de agora sumarse aos proscritos ao comprobar como se incrementa a persecución á que son sometidos polas forzas policiais—, cando comece a xestarse o xermolo dunha feble organización guerrilleira na nosa bisbarra. 
De todos estes grupos que van aparecer pola zona sen dúbida o máis operativo vai ser o que vén ser coñecido como “partida de Lavadores”, malia que en ocasións vai ser tamén coñecido polos nomes de…
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a [email protected].
Comentarios