Política de privacidade

 

1. QUEN INFORMA

SERMOS GALIZA, S.A, con CIF: A70301510 é a responsábel do tratamento dos datos persoais dos nosos/as usuarios/as. Estes datos serán tratados de conformidade co disposto nas normativas vixentes sobre protección de datos persoais, ou Regulamento (UE) 2016/679 do 27 de abril de 2016 (GDPR) relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos.

SERMOS GALIZA, S.A. comprométese ao cumprimento da súa obrigación de segredo dos datos de carácter persoal e do seu deber de gardalos. Para iso adoptará as medidas necesarias para evitar á súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado de acordo co estabelecido no Regulamento.

2. ONDE INFORMA

SERMOS GALIZA, S.A, a través da páxina web www.nosdiario.gal no apartado correspondente á política de privacidade. Máis información en “Aviso Legal e Política de Cookies”.

3. TRATAMENTO DE DATOS

As operacións, xestións e procedementos técnicos que se realicen de forma automatizada ou non automatizada e que posibiliten a recollida, almacenamento, modificación, transferencia e outras accións sobre datos de carácter persoal, teñen a consideración de tratamento de datos persoais.

4. LEXITIMACIÓN DO TRATAMENTO

A base da lexitimación do tratamento de Datos Persoais será a que resulte da relación contractual ou precontractual, a laboral ou calquera outra que se requira para o tratamento de datos, tales como o consentimento expreso.

5. COMUNICACIÓNS ELECTRÓNICAS

No caso de recibir comunicacións por estes medios (correos electrónicos, mensaxes de resposta automatizada de formularios, e outros sistemas de comunicación) informámoslle que as mensaxes se dirixen exclusivamente ao seu destinatario e pode conter información privilexiada ou confidencial. Se non é vostede o destinatario indicado, queda notificado de que a utilización, divulgación e/ou copia sen autorización está prohibida en virtude da lexislación vixente.

De conformidade co establecido na Lei 34/2002 de 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico, e a Directiva 2002/58/CE comunicámoslle que no caso de que non desexe recibir comunicacións e informacións de índole comercial mediante este sistema de comunicación electrónica, indíquenolo por esta mesma vía indicando no asunto "BAIXA COMUNICACIÓNS COMERCIAIS" para que os seus datos persoais sexan dados de baixa da nosa base de datos. A súa solicitude será accionada nun prazo de 10 días dende o seu envío. No caso de que non recibamos contestación expresa pola súa banda, entenderemos que acepta e autoriza que a nosa entidade siga realizando as referidas comunicacións.

6. RESPONSÁBEIS DE TRATAMENTO

De conformidade coa lexislación vixente en Protección de Datos indicámoslle que os datos persoais que vostede nos facilita de xeito voluntario por calquera dos nosos medios de recollida de información serán incorporados a tratamentos automatizados e/ou manuais, sendo SERMOS GALIZA, S.A. o responsábel de devanditos tratamentos. Os datos non se cederán a terceiros salvo nos casos en que exista unha obrigación legal.

Así mesmo, declara e garante que mantén os niveis de seguridade para a protección de datos persoais conforme dispón a lexislación vixente, e que estabeleceu todos os medios técnicos ao seu alcance para evitar a perda, mal uso, alteración, acceso non autorizado, roubo dos datos facilitados polos interesados e para que os seus empregados observen ditas prescricións, así como o deber de segredo sobre os datos obxecto da protección e demais obrigacións de confidencialidade vixentes.

7. CONSERVACIÓN DE DATOS

Os datos serán conservados mentres dure a relación que xera devandito tratamento ou durante os anos necesarios para o cumprir as obrigacións legais. Unha vez finalizada a relación que xustifica o tratamento de datos, estes serán bloqueados conforme ao disposto na normativa, transcorrido o prazo legalmente establecido serán eliminados (ver en cada finalidade o prazo de conservación).

8. COMUNICACIÓN DE DATOS

Os datos non serán cedidos a terceiros sen previo aviso, salvo nos casos en que exista obrigación legal.

9. DEREITOS DAS INTERESADAS E DOS INTERESADOS

A normativa de protección de datos confírelle ao titular dos datos persoais os seguintes dereitos:

Dereito a revogar calquera consentimento prestado previamente.

Dereito de acceso: Coñecer que tipo de datos están a tratarse e as características do tratamento que leva a cabo

Dereito de rectificación: Poder solicitar a modificación dos datos que sexan inexactos ou non veraces 

Dereito de portabilidade: Poder obter unha copia en formato interoperábel dos datos que estean a ser tratados.

Dereito á limitación do tratamento nos casos que considere que non é necesario.

Dereito de cancelación: Solicitar o cesamento do tratamento dos datos e a súa supresión cando xa non sexa necesaria a súa conservación

Pode solicitar a protección dos seus dereitos que afectan o tratamento dos seus datos ante a Axencia Española de Protección de datos na rúa Jorge Juan, 6 - 28001 - Madrid (España) - FAX: 914483680 - TELF: 901 100 099 - E-mail: [email protected]

Se desexa máis información respecto ao tratamento dos seus datos, rectificar aqueles que sexan inexactos, oporse e/ou limitar algún tratamento que considere que non é necesario, ou solicitar a cancelación do tratamento cando os datos xa non sexan necesarios, pode dirixirse por escrito a SERMOS GALIZA, S.A. en Avenida de Lugo 2-A, entresollado A, 15702 - Santiago de Compostela (Galiza) ou mediante correo electrónico a [email protected]

Dita comunicación deberá reflectir a seguinte información: Nome e apelidos do usuario, a petición de solicitude, o enderezo e os datos acreditativos.

O exercicio de dereitos deberá ser realizado polo propio usuario ou usuaria. No entanto, poderán ser executados por unha persoa autorizada como representante legal do autorizado. En tal caso, deberase achegar a documentación que acredite esta representación do interesado.

10. FINALIDADES DOS TRATAMENTOS DE DATOS

Detallamos a continuación as finalidades dos tratamentos de datos levados a cabo por algún ou todos dos Responsables de Tratamento enumerados anteriormente:

ACTIVIDAD DE TRATAMENTO

FINALIDADE DO TRATAMENTO

BASE DE LEXITIMACIÓN

Xestión laboral

Xestión do persoal para formalización dun contrato laboral, control de expedientes, xestión de nóminas, control horario, formación, plan de pensións e PRL.

Relación contractual

Xestión fiscal e contábel

Tratamento necesario para o cumprimento das obrigacións fiscais e contábeis

Relación contractual

Obrigación legal para o/a responsábel

Intereses lexítimos prevalentes do responsábel ou de terceiros

Xestión de contactos

Tratamento dos datos para poder manter comunicacións cos interesados/as

Relación contractual

Intereses lexítimos prevalentes do responsábel ou de terceiros

Consentimento expreso do interesado/a

Prevención de riscos laborais

Cumprimento da lexislación vixente en materia de prevención de riscos laborais e vixiancia da saúde

Relación contractual

Obrigación legal para o/a responsábel

Xestión de candidatos/as a un posto de traballo

Selección de persoal e provisión de postos de traballo mediante xestión de curriculum, entrevistas persoais e probas de valoración

Intereses vitais do interesado/a ou de outras persoas

Consentimento expreso do interesado/a

Comunicación informativa e notificacións

Difusión de actividades e notificacións de información relevante relacionada coa actividade  da entidade

Intereses lexítimos prevalentes do responsábel ou de terceiros

Consentimento expreso do interesado/a

Xestión multimedia

Tratamento de imaxes e/ou vídeos para a difusión en medios de comunicación e redes sociais e a promoción das actividades

Consentimento expreso do interesado/a

Xestión de clientes

Tratamento dos datos necesarios para o mantemento da relación comercial/contractual cos clientes, a facturación, o servicio post-venta, o envío de promocións e publicidade e a fidelización.

Relación contractual

Relación comercial

Envío de publicidade

Envío de información comercial, notificacións sobre actos e eventos de interese, ofertas, información sobre produtos e servizos, a clientes e/ou potenciais clientes.

Consentimento expreso do interesado/a

Xestión de proveedores

Análise, valoración, contratación, xestión de pedidos e xestión de pagos a proveedores

Relación contractual

Xestión de pedidos

Xestión e trazabilidade dos pedidos realizados a través das diferentes canles de distribución do responsábel

Relación contractual

Relación comercial

Xestión de potenciais clientes

Poder realizar as comunicacións necesarias con posíbeis clientes e/ou outros interesados/as, envío de presupostos, tarifas, custos de produtos e demais información solicitada previa a estabelecer unha relación contractual

Relación comercial

Xestión web

Xestionar as consultas, contactos e reclamacións recibidas a través da páxina web

Consentimento expreso do interesado/a

Xestión de subscritores

Acceso aos datos identificativos e bancarios dos subscritores para prestar o servizo de envío das publicacións

Relación contractual

Consentimento expreso do interesado/a