Subscríbete a Nós Diario

Redacción de Nós Diario

Nós Diario

Forma parte dun proxecto innovador para que flúa a información en galego e de calidade!

Despois do lanzamento en 2012 do dixital e do semanario en papel Sermos Galiza, o 2 de xaneiro de 2020 nacía Nós Diario, un proxecto informativo independente e en galego. Parecía imposíbel sacar adiante un xornal escrito en lingua galega -5 días á semana- e manter un diario dixital con información actualizada os 365 días do ano. Coa colaboración de máis de 3.000 persoas subscritoras, unha equipa de xornalistas co máximo empeño e unha ampla rede de colaboracións fomos quen de mostrar que a información de calidade, tendo a Galiza e o galego como centro, si ten espazo e acollida. Mais, nas adversas circunstancias actuais, sanitarias e socioeconómicas, é preciso que un proxecto informativo plural se consolide e avance. Por iso en 2021 lanzamos unha campaña de apoio a Nós Diario para que cadaquen colabore segundo as súas posibilidades:

Ser subscritora / subscritor

Subscribirse é a mellor forma de apoio ao proxecto informativo galego que representamos, e facéndoo gozarás de vantaxes, con descontos de até o 40% do prezo de venda ao público segundo a modalidade que escollas:

  • Recibires o xornal Nós Diario en papel de martes a sábado (5 días á semana), 258 números ao ano (*). Poderase recibir no enderezo que desexes en toda Galiza (**) ou recollelo por medio de “cupóns” no teu quiosco de referencia.
  • Recibires o semanario Sermos Galiza en papel todos os sábados (52 semanas) conxuntamente co xornal Nós Diario dos sábados e nas mesmas condicións.
  • Acceder á réplica de Nós Diario e Sermos Galiza en formato PDF para a súa lectura na nube en calquera punto do mundo.
  • Acceder á hemeroteca dixital de Nós Diario para consultar todos os números editados desde o comezo, incluído o Sermos Galiza, os suplementos temáticos, os coleccionábeis e os especiais, en calquera punto do mundo.
  • Acceder aos contidos da web de Nós Diario sen publicidade e sen restricións.

Agora ti decides! Recibilo en papel (que inclúe a subscrición dixital) ou só acceso á dixital.

Subscrición en papel + Subscrición dixital

Recibir o diario e o semanario en papel

  • Accederes á réplica do diario en PDF para a lectura na nube
  • Acceso á Hemeroteca na nube de todos os números publicados
  • Acceso a todos os contidos da web sen publicidade e sen restricións
Subscrición en papel + dixital

Subscrición dixital

Accederes á réplica de Nós Diario e do semanario Sermos Galiza en PDF para a lectura na nube

  • Acceso á Hemeroteca na nube de todos os números publicados
  • Acceso a todos os contidos da web sen publicidade e sen restricións
Subscrición dixital
* Con contrasinal. ** Previa comprobación que a distribuidora entrega nese punto.

Mecenas

Quizais non che interese a subscrición a Nós Diario, mais acreditas que é preciso un proxecto informativo en lingua galega onde a información sen dependencias dos poderes económicos e políticos é fundamental para construír unha sociedade consciente das súas potencialidades. Se é o teu caso podes ser un mecenas de Nós Diario.

Vantaxes de ser mecenas

  • Recibir optativamente o Nós Diario ou o Sermos Galiza en papel; acceder á súa lectura na nube ou agasallar a subscrición a unha amizade.
  • Acceso á Hemeroteca + Acceso a todos os contidos da web sen publicidade + Newsletter.
  • Agasallo sorpresa como mínimo, un ao ano.
  • Descontos especiais nas tarifas de publicidade en Nós Diario se tes unha empresa ou comercio.
Quero ser mecenas

Amizades

Contribuíres ao proxecto Nós Diario tamén se pode facer cunha achega puntual da cantidade que estimes oportuna. É o xeito de expresar a amizade a Nós Diario e axudares a amplificar a súa audiencia e difusión. Se o desexas, recibirás a Newsletter cunha selección de contidos que se publican todos os días.

Facer unha doazón