As guerrillas galegas ao descuberto

Grupo de guerrilleiros nas Fragas do Eume. (Foto: Arquivo particular)
star
Reportaxes

A prehistoria da guerrilla galega. Fuxidos e combatentes de 1936 a 1940

O mito da "Galicia leal" promovido polo franquismo tivo na suposta ausencia de resistencia ao golpe de 1936 un dos seus piares. A historia da guerrilla antifranquista veu cuestionar este clixé, xunto con diversas investigacións sobre as complexas relacións entre resistencia e consentimento e as variadas formas de disenso. Mais faltaba contar os antecedentes da loita armada dos anos 40 que, segundo revelan nun ensaio Dionisio Pereira e Eliseo Fernández, non se limitaron ás accións defensivas dos fuxidos no monte.
Xosé Ramón Ermida e Dionisio Pereira, esta cuarta feira, no Liceo de Ourense. (Foto: Nós Diario)
MEMORIA E HISTORIA

Analizan a loita da guerrilla antifranquista en Ourense: "Na Galiza comeza en 1936 e segue até os anos 50"

Os historiadores Dionisio Pereira e Xosé Ramón Ermida presentaron nunha palestra organizada pola asociación Amigos da República Ourense o coleccionábel de Nós Diario sobre a guerrilla. No acto realizaron un achegamento á loita que levaron a cabo contra o franquismo.    
casaio cidade da selva guerrilla
As guerrillas galegas ao descuberto

Arqueoloxía no mundo rural: A loita guerrilleira no noroeste peninsular

A inicios dos anos 40, Alfredo Real era un rapaz de Soutadoiro, no actual concello de Carballeda de Valdeorras (Ourense), que percorría diariamente os montes coas ovellas da súa familia. Normalmente non adoitaba atopar moita xente polos montes, mais unha mañá cruzouse con dúas mulleres con fusís na ombreira. Eran Chelo e Antonia, de Soulecín, dúas labregas que tiveron que fuxir aos montes de Casaio e que vivían nun lugar que elas coñecían como a "Cidade da Selva". As mulleres convidaron a Alfredo a almorzar nun dos campamentos da guerrilla e o Alfredo pensou que sería boa forma de matar a fame cotiá deses tempos tan duros. No campamento, sito no val da Bruña, atopou un grupo de cerca de 20 persoas e, ben lembrou Alfredo cando o entrevistamos, varios xamóns colgados dunha das chozas que compoñían o campamento. Desde entón, Alfredo axudou a guerrilla levando paus a cambio dun diñeiro que para el e para a súa familia supoñían unha salvación.
Ficha elaborado pola Garda Civil sobre os guerrilleiros do grupo do 'Piloto'. (Arquivo Ramón Ermida)
A memoria democrática bate contra o muro da Transición

A guerrilla contra o franquismo e a guerrilla contra a memoria deturpada

O coleccionábel de Nós Diario "As guerrillas galegas ao descuberto" permite un coñecemento histórico actualizado do fenómeno guerrilleiro. Mais queda unha pregunta por contestar: por que a resistencia ao franquismo non goza do mesmo recoñecemento que outros movementos antifascistas europeos?
 guerrilla
star
As guerrillas galegas ao descuberto

A heroicidade do día a día: Os enlaces na guerrilla antifranquista en Galicia

“Foucellas”, “Celia da Ferraría”, “O Piloto”, “Langullo”, “Marrofer”, “Curuxás”, “Chelo” ou “Gafas” estarán entre os alias que a calquera se lle veñen á cabeza se se pensa na guerrilla antifranquista en Galiza. Hai moitos máis e os seus alcumes e nomes propios viñeron pasando polas páxinas de Nós con motivo do coleccionábel do que este escrito forma parte. Son un reducido continxente de homes, e unha nómina aínda máis breve de mulleres, que decidiron iniciar e manter no tempo unha loita armada contra os golpistas cando estes xa tiñan gañado a guerra. En expresión de Julio Aróstegui, a guerrilla foi a “última fronte” da loita armada e a súa acción supuxo a única ameaza real á construción da ditadura durante a posguerra. 
Ana Cabana
As guerrillas galegas ao descuberto

Ana Cabana: “Os custes de ter exercido como enlace foron altísimos”

Ana Cabana (Castro de Rei, 1976) é profesora da Universidade de Compostela e unha das autoras que desde o ámbito académico se ten achegado ao estudo da guerrilla. Membro do grupo de investigación Histagra, nesta conversa achégase a algúns dos aspectos da guerrilla de chan que desenvolve esta quinta feira en Nós Diario.

Luís Trigo, primeiro pola esquerda, presidindo un enterro laico en Mondoñedo en abril de 1936. (Foto: Arquivo Xosé Polo) #luístrigo #mondoñedo #gardarríos #antifascista #antoniadíaz #asasinato #guerrilla #memoria
star
As guerrillas galegas ao descuberto

Luis Trigo "O Gardarríos"

“O Gardarríos” non naceu á vida política após o golpe de Estado franquista de xullo de 1936. Empuxado a ilegalidade polas extraordinarias circunstancias políticas do momento, obrigado a clandestinidade para salvar a vida, o axitador político, curtido no traballo de masas pero tamén nas tarefas de organización partidaria, foi forzado a asumir unha nova forma de loita para darlle continuidade ao seu proxecto dunha sociedade xusta. Estamos pois, diante dun punto e seguido na traxectoria dun loitador curtido, disposto a manter a lealdade a uns ideais e coa vontade de defendelos até as últimas consecuencias.
Xosé Ramón Hermida, historiador
As guerrillas galegas ao descuberto

Ramón Ermida: “O Gardarríos” é o home mito da guerrilla mariñá”

Xosé Ramón Ermida Meilán (Foz,1973) é autor de diversas investigacións sobre a represión franquista, a historia do nacionalismo e os movementos sociais e políticos na Galiza contemporánea. Nesta cuarta feira, achégase en Nós Diario á figura de Luís Trigo Chao “O Gardarríos”.

Juan Sorga
star
As guerillas galegas ao descuberto

Juan Sorga, un fillo do pobo: unha aproximación a loita guerrilleira na Limia

Juan Sorga Rodríguez nace en 1918 en Cortegada, moi preto de Pazos de Codosedo, parroquia do Concello de Sarreaus. Aínda hoxe non hai veciño ou veciña na comarca que non saiba dar razón do Juan Sorga. Algúns relatos están mitificados, outros distorsionados, pois algunha parte da súa historia vital está contrastada pero con carencias fundamentais. É unha historia por recuperar e aclarar comezando por que foi de Juan logo de tirarse dun tren en marcha cando tentaba fuxir a Francia ao verse sorprendido pola policía franquista?
Manuel Conde. (Foto: Nós Diario)
As guerrillas galegas ao descuberto

Manuel Conde: “A historia de Sorga nun país normalizado estaría no cinema”

Manuel Conde Gómez (Vilar de Barrio, 1960) é funcionario da Seguridade Social e ocupa actualmente a alcaldía de Vilar de Barrio. Persoa dunha longa traxectoria política, leva moitos anos comprometido coa recuperación da memoria democrática galega. Nesta terza feira, achégase en Nós Diario á figura de Juan Sorga. 

Mariano Otero Castelao, no centro, e Xosé Velo Mosquera, á dereita, paseando polas rúas de Vigo en 1944. (Foto: Arquivo Deputación de Pontevedra)
star
As guerrillas galegas ao descuberto

Nacionalismo e guerrilla: Un capítulo da loita antifranquista na Galiza

A actividade armada non foi o método principal de loita política adoptado polo nacionalismo galego no seu combate contra a ditadura durante ás dúas primeiras décadas do franquismo. Mentres a parte minoritaria do nacionalismo, da que formaban parte Mariano Castelao, Xosé Velo ou Ramón de Valenzuela, outorgaba un papel chave á guerrilla como actor decisivo no derrocamento da ditadura, a facción maioritaria, liderada por Ramón Piñeiro, dubidaba da súa eficacia e virtualidade para combater o franquismo. Malia a isto, importancia cuantitativa e cualitativa do corpo orgánico e social do nacionalismo na guerrilla foi superior do que tradicionalmente se lle veu asignando  
Xosé Ramón Hermida, historiador
As guerrillas galegas ao descuberto

Xosé Ramón Ermida: “A militancia nacionalista loitou e morreu nas guerrillas”

Xosé Ramón Ermida Meilán (Foz,1973) é autor de diversas investigacións sobre a represión franquista, a historia do nacionalismo e os movementos sociais e políticos na Galiza contemporánea. Nesta quinta feira, achégase en Nós Diario á participación dos militantes nacionalistas na guerrilla antifranquista.

 

Vida Guerrillera
star
As guerillas galegas ao descuberto

Axitprop: Prensa e comunicación guerrilleira

Por riba da loita armada que os maquis levaban a cabo como resistencia contra do réxime franquista, base esencial da súa presenza nos montes, os guerrilleiros galegos preocupábanse polo adoutrinamento e concienciación do pobo, así como de dar información das súas actividades, facendo todo iso a través de escritos, comunicados ou panfletos que se entregaban nas casas, sementábanse polos camiños e estradas ou se penduraban nas portas das igrexas.
Antón_Grande_(AELG)-3
As guerrillas galegas ao descuberto

Antón Grande: “Os primeiros momentos da guerrilla foron pouco efectivos”

Antón Grande Penelas (Lugo,1953) é un veterano do xornalismo galego. Premio Galiza de Xornalismo de 1989 por un conxunto de reportaxes sobre a guerrilla galega publicados nese mesmo ano no diario El Progreso, neste terza feira volve ao tema en Nós Diario cunha investigación sobre a prensa e a comunicación guerrilleira.

 

Víctor García “O Brasileiro”Arquivo da familia García Fernández
star
MEMORIA E HISTORIA

Victor García "O Brasileiro": Proletario do corpo e da intelixencia

Foi un pai agarimoso que quitaron do lado do seu fillo antes de tempo e un comunista consecuente que dedicou a súa vida a loita pola xustiza social. Emigrante en Brasil con só 16 anos, dirixente comunista nese país até o seu desterro ao Estado español en 1933, revolucionario en Asturias durante o outubro vermello de 1934, comisario político no exército popular durante a Guerra Civil, delegado da Internacional Comunista en Portugal desde 1939, impulsor das primeiras guerrillas na Raia Seca e no sur da Galiza, rematou por ser elixido en 1943 como secretario xeral da sección galega do Partido Comunista España, desde onde impulsou a formación de Unión Nacional e das guerrillas galegas. Asasinado polos seus camaradas en 1948, os seus restos descansan en Moalde (Silleda) e segue reclamando xustiza.
Victor
As guerrillas galegas ao descuberto

Victor García: “A orde de asasinar "O Brasileiro” partiu de Carrillo, segundo Heine”

Víctor García Fernández (Campurru, Asturias, 1939). Actualmente xubilado como xefe de cirurxía do hospital de Cruces en Barakaldo e como profesor de patoloxía cirúrxica na Universidade do Pais Vasco, é fillo de Víctor  García “O Brasileiro”. A cuarta feira escribe en Nós Diario sobre figura do seu pai, primeiro secretario xeral do PC na Galiza após 1939 e dirixente guerrilleiro

Manuel Coto Chan no campo de concentración de Brunete sometido a traballos forzados. (Foto: Arquivo Xoán Carlos Garrido)
star
As guerrillas galegas ao descuberto

A preguerrilla: de cando coller as armas

A loita guerrilleira contra o fascismo ten antecedentes na revolta de 1934 en canto accións políticas ilegais e na expresión popular xeneralizada e espontánea dos días de xullo do 36 nos que se tratou de frear o golpe militar.
garrido 340
As guerrillas galegas ao descuberto

Xoán Carlos Garrido: “A guerrilla construíuse sobre as experiencias anteriores”

Xoán Carlos Garrido (A Estrada, 1965) é filosofo e autor de numerosos traballos de investigación no campo da memoria democrática galega. Nesta segunda feira aproxímase en Nós Diario aos factores que determinan a conformación da guerrilla galega e a á influencia na mesma da revolución de 1934.
A guerrilleira anarquista galega Joaquina Dorado cruzando os Pireneos en 1956. (Foto: Arquivo Eliseo Fernández)
star
As Guerrillas galegas ao descuberto

A participación libertaria na guerrilla

En xullo de 1936 a CNT e as organizacións anarquistas contaban con máis de 30.000 militantes e estaban nun período de reconstitución e expansión despois da crise padecida tras os movementos insurreccionais de 1933 e o Goberno da dereita no bienio negro. As organizacións libertarias constituían un dos movementos populares de base máis asentados na Galiza, especialmente no mundo urbano e vilego, destacando por unha combatividade e experiencia na loita clandestina que fixeron valer nos tempos da ditadura franquista.
Eliseo Fernández
'As guerrillas galegas ao descuberto'

Eliseo Fernández: “O monte estaba cheo de guerrilleiros de extracción libertaria”

Eliseo Fernández é un dos investigadores de referencia para todo o referido á memoria democrática galega. Autor de abondosos traballos sobre o movemento obreiro na Galiza anterior a 1936 e de múltiples estudos sobre a represión e a resistencia ao franquismo na Galiza. A sexta feira achégase en Nós Diario a participación dos anarquistas na guerrilla galega