investidura

Acto do PSdeG en Rianxo polo Día da Patria Galega (Foto: PSdeG).
POLÍTICA

A militancia do PSdeG referenda os acordos de Pedro Sánchez de cara á investidura

Segundo a táboa de resultados publicadas polas redes sociais do partido, na Galiza votaron 61,8% das bases, dun censo total de 10.040 persoas, na consulta que estivo aberta de maneira telemática entre o 30 de outubro e o 3 de novembro. O sábado, día 4, podíase votar presencialmente.
Carles Puigdemont, hoxe. (Foto: Europa Press)
INTERNACIONAL

A investidura de Pedro Sánchez fica nas mans de Junts e do PNV, que alerta de falta de avances en "temas importantes"

O partido de Puigdemont desconfía do PSOE.
Carme da Silva, Ana Pontón e Néstor Rego (Foto: Europa Press).
POLÍTICA

O BNG logra trens de cercanías para a Galiza nesta lexislatura na negociación con Sánchez

O acordo, ao que tivo acceso Nós Diario, foi levado esta sexta feira á Executiva Nacional da formación nacionalista que se reuniu ao longo da mañá.
O presidente Alfonso Rueda, na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta de hoxe. (Foto: Arxina)
POLÍTICA

Rueda cancela toda a axenda da Xunta após coñecerse o preacordo de investidura de Sánchez co BNG

O presidente da Xunta da Galiza, Alfonso Rueda, cancelou toda a súa axenda e a do conxunto do Executivo galego que estaba prevista para esta sexta feira.
Félix Bolaños, ministro español de Presidencia (PSOE), e Oriol Junqueras, líder de ERC, asinaron hoxe un pacto de investidura. (Foto: Gerard Magrinya)
star
INTERNACIONAL

ERC valida o pacto co PSOE e Junts negocia os últimos puntos da lei de amnistía

O presidente español, Pedro Sánchez (PSOE), está cada vez máis perto de conseguir os apoios necesarios para ser reelixido no Congreso, após o aval de ERC e o avance das conversas con Junts, todo isto a expensas da decisión do resto de forzas soberanistas.
O portavoz do BNG no Congreso, Néstor Rego, conversa co presidente do Goberno español, Pedro Sánchez (Foto: Alberto di Lolli / POOL).
POLÍTICA

Preacordo entre o BNG e o PSOE para a investidura de Pedro Sánchez: Que se coñece do mesmo?

A Executiva do BNG reunirase esta sexta feira de forma extraordinaria para analizar o principio de acordo alcanzado para a investidura de Pedro Sánchez como presidente do Estado español.
Unha parada do tres de proximidade catalán en Barcelona (Foto: Lorena Sopêna / Europa Press).
POLÍTICA

Catalunya contará cun servizo de trens propio tras un acordo de ERC co PSOE

O acordo ratificado entre ERC e PSOE incluirá o traspaso económico e da infraestrutura -vías, trens e catenarias-, tal como reivindicaba a Generalitat.

O dilema de Puigdemont

O líder do PSOE, Pedro Sánchez, saudando esta quinta feira o rei español (Foto: A. Pérez Meca / Europa Press).
INTERNACIONAL

Sánchez anuncia que xa ten unha proposta de amnistía no día do desfile da Hispanidade

O líder do PSOE recibiu apupos e gritos en Madrid.

España é un castelo de cartas

Pedro Sánchez, esta terza feira, en rolda de prensa desde a Moncloa. (Foto: Alejandro Martínez Vélez / Europa Press)
star
Investidura

Pedro Sánchez comeza a súa carreira para ficar na Moncloa

O actual presidente español en funcións, Pedro Sánchez, foi nomeado esta terza feira como candidato a unha nova investidura no Congreso estatal, despois do fracaso do líder do PP, Alberto Núñez Feixoo, na anterior. Esta cuarta feira, o socialista comezará a súa rolda de contactos, que iniciará cunha xuntanza con Sumar, e que continuará nos próximos días con reunións con todas as forzas con presenza parlamentaria a excepción de Vox. O 27 de novembro é o límite para a investidura.
Pedro Sánchez (Foto: Alejandro Martínez Vélez / Europa Press).
POLÍTICA

O rei nomea candidato á investidura Pedro Sánchez, que evita falar da amnistía

Pedro Sánchez evitou facer unha alusión directa á amnistía para que, Junts, a formación de Carles Puigdemont, apoie a súa investidura, aínda que si defendeu a necesidade de "xenerosidade" e facer política en Catalunya, á vez que recalcou o seu rexeitamento a un referendo de autodeterminación.
Néstor Rego intervén no Congreso (Foto: Alberto Ortega / Europa Press).
star
POLÍTICA

O PSOE apura os contactos cos nacionalistas tras o fracaso de Núñez Feixoo na investidura

Alberto Núñez Feixoo volveu fracasar. O candidato dos populares á Presidencia do Executivo do Estado español non conseguiu os apoios necesarios para formar Goberno, polo que o reloxo da investidura comeza a correr contra Pedro Sánchez. Arranca un novo capítulo na loita polo Executivo. 
Felipe VI con Francina Armengol a pasada na primeira rolda de contactos (Foto: Casa do Rei).
POLÍTICA

Felipe VI inicia esta segunda feira unha nova rolda de contactos da que probabelmente sairá Sánchez como candidato

Felipe VI levou a cabo unha primeira rolda de consultas tras as eleccións do 23 de xullo os pasados 21 e 22 de agosto e da que saíu Feixoo como candidato. Entón, o monarca recibiu representantes de sete formacións, xa que BNG, ERC, Bildu e Junts declinaron acudir á Zarzuela, como en ocasións anteriores.
Néstor Rego intervén no Congreso (Foto: Alberto Ortega / Europa Press).
POLÍTICA

Néstor Rego a Feixoo: "Quen quixer o voto do BNG terá que se comprometer coa Galiza. Vostede non o fixo"

Rego alegou que “esquecer a Galiza á hora de gobernar non é exclusivo do PP. Temos denunciado moitas veces que as forzas estatais, se as deixan, altérnanse na discriminación do noso país e que iso só muda cando o BNG os forza a facelo”.
Pedro Sánchez e Pere Aragonès. (Foto: Europa Press)
Catalunya

ERC e Junts piden ao Parlament o aval para solicitar un referendo a Sánchez

As forzas acordan que a votación sexa unha condición para a investidura.
Alberto Núñez Feixoo esta cuarta feira durante a sesión de investidura (Foto: Eduardo Parra / Europa Press).
debate de investidura

Non hai sorpresa: Feixoo perde a primeira votación da súa investidura

Esta sexta feira 29 de setembro terá lugar a segunda votación. Nesa segunda sesión, Feixoo terá dez minutos para pedir o respaldo da Cámara, e os representantes dos grupos parlamentarios disporán de cinco minutos cada un.
Néstor Rego no Congreso (Foto: Nós Diario).
debate de investidura

Néstor Rego cualifica de "indignante e vergoñenta" a ausencia da Galiza no discurso de Feixoo

Rego cualificou o discurso de Feixoo de onte de “populista e hipócrita” e engadiu que “non ten credibilidade”. Deixou claro o voto contrario do BNG á súa investidura, “isto non colle ninguén por sorpresa, mais, hoxe aquí o importante é o por que”.
Alberto Núñez Feixoo durante a súa intervención no debate para a súa investidura como presidente do Goberno español (Foto: Eduardo Parra / Europa Press).
Debate de investidura

VÍDEO | Comeza o debate de investidura con poucas esperanzas para Feixoo: quendas, prazos e todo o que precisas saber

O presidente do PP, Alberto Núñez Feixoo, sométese ao seu debate de investidura no Congreso, o primeiro no cal se escoitarán discursos en linguas oficiais e poderanse usar auriculares para recibir a interpretación simultánea.
Alberto Núñez Feixoo no seu discurso o domingo nun acto do PP en Madrid. (Foto: Jesús Hellín / Europa Press)
star
Debate de investidura

Feixoo afronta unha investidura co transfuguismo como única opción

A sesión de investidura que encara o candidato do PP, Alberto Núñez Feixoo, decorrerá co transfuguismo como a única opción para que alcance a Presidencia entrementres o PSOE e Sumar abordan a "fase técnica" das negociacións coas forzas soberanistas catalás para unha lei de amnistía, segundo sostén ERC.