Estes son os descontos nas peaxes da AP-9 e da AP-53 conseguidos no acordo entre BNG e PSOE

A Executiva do BNG deu luz verde esta sexta feira a este principio de acordo no cal faltan aínda algúns "detalles", en palabras da súa portavoz nacional, Ana Pontón, e que, como explicou na rolda de prensa posterior á reunión xunto, tamén, á senadora Carme da Silva e ao deputado no Congreso, Néstor Rego, pasan por pór datas concretas e escribir de forma precisa cada un dos acordos.
Peaxe na autoestrada AP-9 (Foto: Ana Varela).
photo_camera Peaxe na autoestrada AP-9 (Foto: Ana Varela).

O principio de acordo entre o BNG e PSOE para a investidura de Pedro Sánchez inclúe até 75% de bonificacións para os usuarios frecuentes e recorrentes da AP-9 e da AP-53, condonación de 20% da débeda correpondente ao Fondo de Liquidez Autonómica (FLA) e a implantación de trens de proximidade esta lexislatura, polo menos, nas áreas da Coruña-Ferrol e Vigo-Pontevedra, ademais da dotación de novos xulgados de violencia de xénero.

A Executiva do BNG deu luz verde esta sexta feira a este principio de acordo no que faltan aínda algúns "detalles", en palabras da súa portavoz nacional, Ana Pontón, e que, como explicou na rolda de prensa posterior á reunión xunto, tamén, á senadora Carme da Silva e ao deputado no Congreso, Néstor Rego, pasan por pór datas concretas e escribir de forma precisa cada un dos acordos.

O camiño a seguir, indican os nacionalistas sobre a autoestrada do Atlántico é a gratuidade, pero co principio de acordo alcanzado entre nacionalistas galegos e socialistas pódese lograr até 75% de rebaixa das peaxes para usuarios frecuentes e recorrentes.

Actualmente, está bonificada a viaxe de volta para os usuarios que fan en 24 horas unha ida e unha volta desde o mesmo punto de saída e chegada. O pacto alcanzado pasa por ampliar os descontos de dúas maneiras e son acumulábeis.

Isto é, para os que sigan facendo ida e volta a diario desde os mesmos puntos de entrada e saída e se alcanzan as 20 viaxes ao mes, o desconto alcanzará 75%: 50% xa bonificado da volta (fagan o número que fagan) e un 50% máis sobre o viaxe que se paga (por exemplo da ida), no caso de que se superen os 20 traxectos individuais ao mes.

AP-9

Por outra parte, os usuarios frecuentes da AP-9 que realicen 20 viaxes ao mes, independentemente de onde inicien a viaxe ou o conclúan, tamén terán 50% de bonificación sobre o que pagasen. Estes descontos aplícanse co uso da telepeaxe e tamén para a AP-53, que une Santiago con Ourense pero cuxo peaxe se acumula só no primeiro tramo até Lalín, polo que supón eliminar un "desequilibrio) e mellorar a "mobilidade" interior, en palabras de Carme da Silva.

O preacordo inclúe tamén implantar, co horizonte desta lexislatura, un servizo de proximidade nas áreas metropolitanas da Coruña-Ferrol e de Vigo-Pontevedra.

"Axenda galega"

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, reivindicou que a formación nacionalista foi capaz de "impulsar" a "axenda galega" en Madrid e que é a "forza" desta formación a que permite á Galiza estar nos debates. Neste sentido, lamentou que o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, volva saír publicamente "enfadado" e que, en lugar de estar a traballar nesta mesma dirección, se rebaixe aos "ditados de Xénova".

A este respecto, confiou que, aínda que non faga "nada" para favorecer os intereses da Galiza, tampouco lle "poña paus ás rodas" aos acordos conseguidos polo BNG, que tamén pasan por aumentar o autogoberno, segundo indicou Néstor Rego, nun ámbito máis global e que supoñen, así mesmo, que Galiza estea nas mesmas condicións que as outras nacionalidades históricas no debate estatal ante calquera cambio estrutural.

Comentarios