Felipe VI inicia esta segunda feira unha nova rolda de contactos da que probabelmente sairá Sánchez como candidato

Felipe VI levou a cabo unha primeira rolda de consultas tras as eleccións do 23 de xullo os pasados 21 e 22 de agosto e da que saíu Feixoo como candidato. Entón, o monarca recibiu representantes de sete formacións, xa que BNG, ERC, Bildu e Junts declinaron acudir á Zarzuela, como en ocasións anteriores.
Felipe VI con Francina Armengol a pasada na primeira rolda de contactos (Foto: Casa do Rei).
photo_camera Felipe VI con Francina Armengol a pasada na primeira rolda de contactos (Foto: Casa do Rei).

O xefe do Estado español, o rei Felipe VI iniciará esta segunda feira a segunda rolda de contactos cos grupos parlamentarios para a formación de Goberno tras a investidura errada do líder do PP, Alberto Núñez Feixoo.

O monarca recibiu á primeira hora da tarde desta sexta feira a presidenta do Congreso, Francina Armengol, quen informou oficialmente de que Feixoo non conseguiu os votos necesarios para ser investido presidente do Goberno.

Ante esta circunstancia, Felipe VI trasladou a Armengol "a súa decisión de realizar novas consultas cos representantes designados polos grupos políticos con representación parlamentaria os próximos días 2 e 3" de outubro e pediulle que notifique a súa decisión a estes, precisou a Zarzuela nun comunicado.

Felipe VI levou a cabo unha primeira rolda de consultas tras as eleccións do 23 de xullo os pasados 21 e 22 de agosto e da que saíu Feixoo como candidato. Entón, o monarca recibiu representantes de sete formacións, xa que BNG, ERC, Bildu e Junts declinaron acudir á Zarzuela, como en ocasións anteriores.

A falta de que Zarzuela concrete a axenda para a segunda e a terza feira, esta debería ser a priori moi similar á da anterior rolda, xa que a orde estabelécese de menor a maior representación no Congreso

Así, a rolda será inaugurada por Unión del Pueblo Navarro (UPN), seguido por Coalición Canaria. Tras eles, acudirán o PNV e Sumar. Xa o na terza, se se repite a fórmula anterior, acudirán Vox, PSOE e PP.

Será Sánchez?

Unha vez concluídas as consultas, o rei reunirase novamente con Armengol para informala da súa decisión. Nesta ocasión espérase que o xefe do Estado propoña como candidato á investidura o líder do PSOE e presidente en funcións, Pedro Sánchez, despois de que Feixoo non conseguise o respaldo necesario nas dúas votacións decorridas esta semana.

Comentarios