Eleccións municipais 2023

Abstención

Eleccións xerais... están decididas?

Resaca electoral

E falou o soberanismo

O presidente do PP ourensán, Manuel Baltar, con Alfonso Rueda en segundo plano, durante un acto de campaña. (Foto: Agostime / Europa Press)
POLÍTICA

Rueda e Prado evitan pronunciarse sobre o futuro de Baltar e a Deputación de Ourense

A secretaria xeral do PPdeG pospón a decisión do partido sobre a continuidade ou non do actual presidente do ente provincial até que se conformen os gobernos nos concellos.
Reunión entre representantes de Compostela Aberta e BNG, esta sexta feira. (Foto: Europa Press)
POLÍTICA

Goretti Sanmartín blinda a súa investidura con PSdeG e CA e volve abrir a porta a un goberno tripartito

"Uns resultados de 6-6-2 dan boa mostra de que a xente quere que haxa ese acordo, porque creo que o conxunto da poboación de Compostela non entendería outra cousa, piden diálogo da esquerda", defende a alcaldábel do Bloque, que xa ten garantidos os apoios dos socialistas e de Compostela Aberta.
José Antonio Landín, ex alcalde de Barro, é un dos tres concelleiros que solicitaron a baixa do grupo popular.
POLÍTICA

Xuntos, a escisión do PP, ofrece a Alcaldía de Barro ao PSOE para evitar un novo goberno do BNG

O nacionalista Xosé Manuel Fernández Abraldes foi o candidato máis votado e ficou a un escano de reeditar a maioría absoluta de 2019.

Reacción

Goretti Sanmartín no Pazo de Raxoi, sede do Concello de Compostela (Foto: Xan Carballa).
Entrevista

Goretti Sanmartín: "Pomos fin a unha anomalía histórica, cunha alcaldesa que é feminista e nacionalista"

Foi unha das noticias destacadas do 28 de maio: Goretti Sanmartín Rei (A Estrada, 1964) será a primeira muller na historia alcaldesa de Santiago de Compostela. Agora comeza a negociación de Goberno nun tempo político sen acougo porque o 23 de xullo vólvese ás urnas.
Villarino, primeiro pola esquerda, na reunión da Executiva Provincial do PSdeG, que acordou apoiar Pérez Xácome a cambio dunha mudanza na Deputación de Ourense. (Foto: Nós Diario)
star
28-M

As Alcaldías de 69 concellos galegos, pendentes dun acordo entre o BNG e o PSdeG

O BNG e o PSdeG comezan hoxe as conversas sobre o futuro de 69 concellos. Neste sentido, o obxectivo é constituír Executivos alternativos ao PP, adiando a súa concreción en función do desenvolvemento das conversas e das coincidencias programáticas.

De pactos e falacias

Eleccións e ideoloxía

Eu, ti, ela, nós e o fascismo

ponton rueda alvarez sesión pleno
Parlamento

Rueda escúdase en que "gañou" o 28-M para non responder sobre a crise ou Baltar

O BNG repróchalle que "mire para outro lado" ante a "corrupción".
Alejandro Martínez, autor dunha tese en lingua galega publicada en Zadar, Croacia (Foto: Cedida).
LINGUA

Alejandro Martínez, profesor de galego en Croacia: "Hai alumnado croata que fala galego mellor que moitos políticos"

Natural de Baiona mais afincado en Zadar, Croacia, Alejandro Martínez é profesor de galego nese país e o autor da primeira tese en lingua galega presentada nese territorio de Europa. 'Nós Diario' conversa con el sobre a tese e o galego no estranxeiro.
A Comisión Permanente do Consello Local do BNG de Vigo reuniuse esta segunda feira para planificar o traballo do novo mandato. (Foto: Nós Diario)
28-M

O BNG de Vigo busca ser “a alternativa” na primeira cidade galega

A fronte nacionalista comezou a planificar o traballo de cara a un novo mandato no que “intensificará, aínda máis, a iniciativa política e multiplicará o traballo a pé de rúa”.

Inés Rei, alcaldesa en funcións da cidade da Coruña. (Foto: M. Dylan / Europa Press)
28-M

PSdeG e BNG, abertos a buscar "fórmulas" para garantir un Goberno "progresista" na Coruña

Inés Rei e Francisco Jorquera emprazaron a agardar ás xuntanzas das formacións políticas a nivel interno para comezar a falar da conformación dun posíbel Goberno na cidade herculina.
Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde en funcións de Pontevedra, o pasado domingo 28 de maio. (Foto: Gustavo de la Paz / Europa Press)
28-M

Lores non propón ningunha liña vermella para reeditar o Goberno local de Pontevedra

Pontes di que "non sería desexábel" que Lores non sexa alcalde da cidade do Lérez pero avisa: "O PSdeG non regalará os seus votos".

O PP non suma na Galiza

Cambio galego