Opinión

O PP non suma na Galiza

[María Obelleiro]

Arrancou o longo ciclo electoral que nos conduce aos comicios galegos de 2023. O primeiro capítulo, vivido na xornada do domingo, fechouse cunha suba do PP, unha baixada do PSdeG e unha alza do BNG. Porén, máis alá dos números concretos das principais formacións, a foto final deixa os populares lonxe da hexemonía na Galiza e sitúa os nacionalistas e socialistas con 100.000 votos por enriba.

Unha translación dos resultados das locais ás galegas deixan as forzas que conforman a alternativa ao Executivo de Rueda en disposición de gobernar Galiza con maioría absoluta a partir de 2023.

O segundo episodio deste intenso ciclo electoral vivirémolo o vindeiro 23 de xullo. Máis alá das razóns que puideron levar o presidente do Goberno do Estado español, Pedro Sánchez, a adiantar os comicios, a cita electoral representa unha oportunidade para situar en primeiro plano as grandes reivindicacións da Galiza, que requiren unha solución do Executivo de Madrid.

Unha Galiza que xa expresou unha dinámica política diferente o pasado domingo e que ten que seguir a marcar un perfil propio se quere que as súas esixencias se convertan en realidades.

Comentarios