As deportistas paralímpicas adoitan quedar fóra dos reflectores da atención mediática, como denunciaba nestas mesmas páxinas recentemente o responsábel da Federación Galega de Deporte Adaptado. Non é o caso de Adi Iglesias (Bamaco, Malí, 1999), ouro e prata en Toquio 2020, que cada vez ten maior exposición.
Lidia Parada (A Pobra do Caramiñal, 1993) é catro veces campioa de España en categoría absoluta de lanzamento de xavelina. Tras unha lesión que non lle permitiu ir aos Xogos Olímpicos de Tokio 2021, segue firme na súa idea de chegar a París 2024 despois de arrastrar varias lesións e de non poder competir nesta tempada.
As carreiras populares teñen marcado o 31 de decembro no calendario, a nivel mundial, como a súa data principal. Entidades e institucións organizan ese día probas abertas que conteñen un carácter lúdico que transcende o deportivo.
Tariku Novales (Noia, 1998) demostrou no Maratón de Valencia que non hai ninguén como el, tornando no recordman estatal da modalidade após facer bos os prognósticos e deter o reloxo en 2.05.48. Agora, co aval do seu gran papel na proba levantina, comeza a preparar uns Xogos Olímpicos 2024 nos que o único límite é o ceo parisino.
En poucos meses, o atleta pontecaldelán Gustavo Dacal, dez veces campión de España en xavelina, conseguiu estar en forma e lograr mellorar o rexistro estatal na modalidade paralímpica. Non poderá estar en París 2024 mais pensa competir a nivel internacional contando coa quinta mellor marca.