Tariku Novales esnaquiza o récord de España de maratón e fai historia

O maratón de Valencia é a proba arredor da que Novales levaba artellando toda a tempada.

Tariku Novales. (Foto: Nós Diario).
photo_camera Tariku Novales.

O atleta de Noia Tariku Novales estabeleceu este domingo un novo récord de España no Maratón Valencia Trinidad Alfonso ao conseguir unha marca de 2:05:48, case un minuto mellor que a marca de Ayam Lamdassem de 2:06:25 estabelecida en 2022. 

O maratón de Valencia é a proba arredor da que Novales levaba artellando toda a tempada, priorizándoa por riba incluso dun Campionato do Mundo no que rematou vixésimo primeiro.

Todo cunha trindade de obxectivos en mente: arrebatarlle o récord de España a Lamdassem, rachar coa barreira psicolóxica dos 2.06 e, quizais a máis importante, garantirse un boleto para estar nos Xogos Olímpicos de París. 

 

Tariku exhibiuse dende o comezo da proba, pero foi no paso  media maratón cando deixou claro que non tiña rival. Pasou pola metade da proba en 1.02:53 (2:59 km) mentres que Yago Rojo e Daniel Mateo fixérono en 1.04:03 (3:03 km).

Son partidario de arriscar e pasar máis rápido a primeira media maratón", anunciara un ambicioso Tariku -que tiña un tempo de 2.07:18 como mellor marca- na presentación da sexta feira, onde se impuxo toda a presión posíbel.

O galego nado en Etiopía cumpriu o prometido na previa e chegou a meta cunha marca de de 2:05'48".

Tras a carreira, Novales destacou que "a carreira foi espectacular”. Destacou que “as lebres falláronnos un pouco, o francés e mais eu tivemos que tirar do grupo durante moito tempo e estou moi feliz de ter batido o récord de España. Estou en forma e moi contento. Pensei que podía roldar esa marca e estou moi contento".

 

Comentarios