Xan Carballa

PATRICIA
star
Entrevistas

Patricia Ares, memoria da emigración

"Unha máxica transferencia interxeracional. Así vivo a recuperación da miña bisavoa Andrea López Chao, unha mestra emigrada desde Mondoñedo a Cuba nos primeiros anos do século XX. Tardei en comprender o seu inmenso labor pioneiro no traballo educativo e sociosanitario, nas súa ideas de vangarda, na reivindicación feminista". Así narra a psicóloga cubana Patricia Ares Muzio (A Habana, 1953) a recuperación en anos recentes, tanto en Cuba como na Galiza, da figura da mestra galego-cubana pioneira na sanidade e na instrución pública que sacou da indixencia e a explotación tantas mulleres emigradas a Cuba. Violeta Ramos, que a acompañou na súa recente estadía no país, prepara para os próximos meses o documental O poder de Educar: Andrea López Chao.
Xosé Enrique Acuña e Xan Carballa nunha das salas da exposición. (Foto: Sara Recondo)
star
CULTURA

O regreso dos restos de Castelao revive na cámara de Xan Carballa 40 anos despois

O Museo de Pontevedra exhibe, até o 2 de xuño, a mostra Castelao: o retorno a Galicia, 1984, con 52 fotografías tomadas polo xornalista e fotógrafo Xan Carballa o día en que regresaron á Galiza os restos do artista, escritor e político, envoltos nunha calorosa polémica. 
 
Saída da misa de Rosalía, 25 de xullo de 1949, Compostela. Á esquerda García Sabell e Otero Pedraio (terceiro pola esquerda). (Foto: Fundación Penzol)
star
Reportaxes

Do latín ao galego: O lento camiño da igrexa

A necesidade de apertura e diálogo que promoveu o papa Xoán XXII co Concilio Vaticano II supuxo unha mudanza total que aínda ecoa hoxe. Tamén implicou un cambio radical na liturxia católica e nos usos lingüísticos, na que o latín deixaba paso ao uso das linguas propias. Tardou o galego máis anos que castelán, vasco e catalán. O 25 de xullo de 1965 foi a primeira misa en galego, pero aínda pasaron máis de tres anos até lograr a aprobación vaticana. Hoxe, o uso do galego aínda segue sendo minoritario nas parroquias.
Mercedes V. Saavedra diante dun cadro do seu tío Avari. (Foto: Xan Carballa)
star
Entrevistas

Mercedes V. Saavedra. Arquiveira da máscara

Coñece todo canto recanto galego, portugués e ibérico en xeral, no que a máscara tradicional se mantén viva e segue organizando a xente ao seu redor. Muller de múltiples ocupacións ao longo da vida, Mercedes Vázquez Saavedra (Sarria, 1949), non só é unha fotógrafa documentalista exhaustiva, tamén recolle cunha paixón que xa chega ás catro décadas, textos e historias que lle contan arredor da máscara e ofréceas ao coñecemento público con xenerosidade.
Guadi Galego (Foto: Carlos Abal Lobato).
star
Entrevistas

Guadi Galego: Síntese horizonte

É unha das artistas máis admiradas da escena musical galega, presente desde moi nova, con 23 anos, en Berrogüetto. En solitario desde 2007 son xa moitos chanzos na escada: con Guillerme Fernández e Espido, e despois seis álbums (Benzón; Lúas de Outubro e agosto; O mundo está parado; Bóla de Cristal, Inmersión, Costuras e Roibén). No camiño Nordestinas con Abe Rábade e Ugia Pedreira, os discos de aCadaCanto… Unha sólida carreira persoal sempre cun fío condutor moi ben descifrado no imprescindíbel traballo de Pepe Cunha, Guadi Galego, pola beira da canción (Embora).
María Dolores Fernández Galiño (Foto: Xan Carballa).
Entrevista

María Dolores Fernández Galiño, Valedora do Pobo: "Somos garantía de que a admnistración ten que responder ás demandas que se lle fan"

Cun extenso currículo previo na carreira xudicial, na que ingresou con 26 anos, María Dolores Fernández Galiño (O Carballiño, 1963), é a actual Valedora do Pobo, unha institución que ano tras ano, radiografía o pulso das demandas cidadás cos seus prolixos informes ante o Parlamento. Sen capacidade executiva, a súa autoridade provén de ser unha antena privilexiada que moitas veces é sentida como escudo fronte á maquinaria administrativa.
Chus López, alcaldesa de Samos (comarca de Sarria). (Foto: Xan Carballa)
Entrevista

Chus López (BNG), alcaldesa de Samos: "Aos concellos pequenos cústanos asumir competencias que non nos corresponden"

Unha alianza entre o BNG (3 edís) e o PSdeG (2) superou en Samos (comarca de Sarria) a representación do PP (4) nas eleccións municipais, que levou como candidato Miguel Gallego, fillo do que fora alcalde socialista entre 2007 e 2023. Samos, con rexedora agora do BNG, a empregada de banca Chus López (Airexe, Samos, 1984), linda con outro concello de Alcaldía nacionalista, A Pobra do Brollón (Lemos), dous municipios con Alcaldía socialista, Láncara (Sarria) e Pedrafita do Cebreiro (Os Ancares); e tres do PP, Folgoso do Courel (Quiroga), O Incio e Triacastela (ambos en Sarria). Camiña Sarria gañou ademais a Alcaldía no concello homónimo. 
 
Isabel Vilalba, do SLG (Foto: Xan Carballa).
Entrevista

Isabel Vilalba, secretaria xeral do SLG: "Os alimentos non poden ser para especular, que é a realidade de hoxe"

O Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas celebra neste 2023 o seu cincuenta aniversario. Continuando a traxectoria de mulleres (Lidia Senra, Carmen Freire) que estiveron á súa fronte, a actual secretaria xeral, Isabel Vilalba (Lourenzá, 1973), analiza algúns dos triunfos logrados e os retos dun rural decimado neste tempo, que pasou de 500.000 persoas a el dedicadas ás 50.000 actuais, e debuxa algunhas ideas para conseguir un rural de futuro.
Nava Castro, alcaldesa de Ponteareas. (Foto: Xan Carballa).
Entrevista

Nava Castro, alcaldesa de Ponteareas (PP): "Non se pode vivir da crítica do pasado, vou gobernar aportando solucións"

Nunha Corporación con seis forzas políticas (BNG, con 6; ACIP, con 4, PSdeG, con 2, Ponteareas en Común, con 1 e IP, con 1) a popular Nava Castro (Ponteareas, 1969) goberna con sete concellarías e o representante de Independentes de Ponteareas (IP), Mingos Freitas (denunciado xudicialmente por insultar no pleno un representante do BNG, “cala ti, parapléxico!”). Pasaron cen días e segue no aire a posibilidade dun acordo de lexislatura con Alternativa Ciudadana de Ponteareas (ACIP), que viu rexeitada a proposta de alternar na alcaldía en dous anos.
Xoán Volazo por Xan carballa
Entrevista

Xoán Colazo: "Camiñar o país é unha descuberta que alimenta o desexo de reverter a destrución"

Leva décadas percorrendo os camiños do país e desde o nacemento de Sermos Galiza, en 2012, publicando, como integrante do grupo XEA, as súas reflexións sobre diferentes lugares da xeografía física e humana galega, profundamente transformada. Agora, o economista Xoán Colazo (Candeán-Vigo, 1970), convídanos a coñecer esas experiencias no libro  de inmediata publicación, Cento doce viaxes na miña terra.

Luís Pérez Barral, alcalde de Ribeira (O Barbanza) (Foto: Xan Carballa).
Entrevista

Luís Pérez, alcalde de Ribeira: "Despois de 30 anos do PP, este vai ser o concello do diálogo coa veciñanza"

Alcalde á fronte dunha coalición, “que funciona magnificamente como un Goberno unido”, Luís Pérez Barral (Ribeira, 1990) é o flamante novo alcalde dunha cidade que levaba máis de tres décadas baixo gobernos do Partido Popular.
Paulo Carril (Foto: Xan Carballa).
Entrevista

Paulo Carril, secretario xeral da CIG: "Non é que nos radicalicemos nós, é que os demais se dereitizan"

Secretario xeral desde o ano 2017 da CIG, o primeiro sindicato da Galiza por representatividade, Paulo Carril (Touro, 1973) reivindica a mobilización como marca dun sindicalismo de clase consecuente. “Detrás desa intensidade mobilizadora hai capacidade de análise, de proposta e presentación de alternativas, de socializalas e explicarllas á xente e nós non drogamos a xente para que se mova. Triunfos como o conflito recente do metal de Lugo, ou das mulleres de Zara, demostran que é o camiño”, di nesta conversa que mantemos coa ollada posta nas eleccións estatais e no que supoñen para as traballadoras e traballadores galegos as medidas adoptadas desde o Goberno español.
Maite Ferreiro (BNG), vicepresidenta da 
Deputación de Lugo (Foto: Xan Carballa).
POLÍTICA

Maite Ferreiro, vicepresidenta da Deputación de Lugo: "A xente nova sabe facer política con convicción e sen crispación"

Concelleira na capital luguesa desde 2015, e vicepresidenta da Deputación de Lugo desde 2019, Maite Ferreiro (Castroverde, 1964) é unha muller de orixe labrega que mantivo fidelidade ás súas raíces. Hoxe, desde o seu papel institucional, reivindica o compromiso da xente nova que mantén o empeño en desenvolver un futuro vital ligado ao mundo rural, para o que reclama servizos e dignidade.
O alcalde de Pontevedra, 
Miguel Anxo Fernández Lores (Foto: Xan Carballa).
Entrevista

Miguel Anxo F. Lores: "Será un longo camiño, pero Pontevedra ten dereito a recuperar a ría"

O nacionalista Miguel Anxo Fernández Lores (Vilalonga-Sanxenxo, 1954), médico de profesión, leva desde 1999 á fronte da alcaldía de Pontevedra. Asegura que está con ganas de seguir, “atópome no mellor momento da miña vida política, nun bo momento persoal e familiar, cunha experiencia acumulada e un equipo de persoas no concello fabuloso. Temos ideas para o futuro. Sempre digo que os proxectos son a longo prazo e que me presentaba para intentar alcanzalos”. O reto permanente de recuperar a ría para expandir a cidade e o seu modelo de calidade ambiental urbana vive nestes meses momentos decisivos no ámbito xudicial.
Xosé Manuel Baltar cun cartaz recuperado da revista ‘Nós’, deseñado por Cándido Fernández Mazas. (Foto: Xan Carballa).
Entrevista

Xosé Manuel Baltar: "Todo acordo entre partidos é lexítimo, tamén os de Sánchez"

Preside a Deputación de Ourense desde 2012, sucedendo no cargo a seu pai, Xosé Luís Baltar, e completando un arco de mando do centro-dereita na institución provincial ininterrompido desde as primeiras eleccións municipais democráticas de 1979. Xosé Manuel Baltar (Ourense, 1967) confía en non repetir a situación de 2019, cando quedou dependendo dos votos de Democracia Ourensá.
O tenente de alcalde sade Lugo e portavoz do BNG na cidade, Rubén Arroxo (Foto: Xan Carballa).
POLÍTICA

Rubén Arroxo, tenente de alcalde de Lugo e candidato do BNG: "Unha cidade non pode vivir e medrar illada do mundo"

Tenente de alcalde na capital luguesa logo dun acordo político do BNG co PSdeG-PSOE, Rubén Arroxo (Lugo, 1985) fai balance deste tempo de catro anos de goberno e explica os desafíos que ten a cidade coa muralla antiga completa máis grande do planeta e, en 2023, coas peores comunicacións por tren e autobús da Galiza, tendo máis de 100.000 habitantes.
Retratos dun tempo en mudanza.
MEMORIA E HISTORIA

Retratos dun tempo en mudanza: 31 entrevistas históricas

Entre os meses de novembro e decembro de 2022, Nós Diario achegou xunto ao xornal o coleccionábel 'Retratos dun tempo en mudanza', unha serie de 31 entrevistas históricas con texto e fotos do xornalista Xan Carballa. Conversas extensas, dispoñíbeis aínda en nosdiario.gal para persoas subscritoras, que analizan a realidade dun tempo convulso, de 1972 a 1986, e de moitos cambios na Galiza da man de Elvira Souto, Manuel Monge, Francisco Rodríguez ou Pepa Baamonde.

"As experiencias son diferentes. Houbo moitos casos en que a política era clandestina, con detencións e prisión. Aínda así, ningún deles se carga de medallas e consideran isto parte da súa biografía", explicaba Carballa cando comezaban a publicarse as diferentes entrevistas.

Xulia Alonso (Foto: Xan Carballa).
star
Retratos dun tempo en mudanza

Xulia Alonso. Vivindo nun tempo de esperanza e ameaza

Os tempos de esperanza sempre teñen a súa cara B. Naquel momento no que se vivía pensando que todo estaba por mudar e mudaría, a sociedade afrontaba moi diversas ameazas. O río da droga desbordábase entre a mocidade que impulsaba aquel tempo. O libro de Xulia Alonso (A Rúa, 1961) Futuro imperfecto (Galaxia, 2010), explicou como poucos aquela encrucillada que a tantas persoas lle custou a vida. Ela mesma sufriuno en carne propia, redobrado o risco despois pola aparición da SIDA, e hoxe insiste en contárnolo e chamar a non esquecer e a defender con uñas e dentes o sistema de sanidade pública.
Xaquín Campo (Foto: Nós Diario).
star
Retratos dun tempo en mudanza

Xaquín Campo. A vertente social dos cregos do Vaticano II

Non só foron as mudanzas formais de rematar coas misas en latín ou diferentes cambios rituais. A mudanza saída do Concilio Vaticano II (1962-1965) foi socialmente determinante e deixou unha pegada fonda en moitas xeracións de cregos, que nos anos 70 estiveron involucrados tamén no cambio político. Xaquín Campo Freire (Guitiriz, 1937) foi un deles e sinala algúns daqueles puntos de cambio, que sempre lembro explicados no miúdo por Francisco Carballo.
María do Carme García-Negro (Foto: Xan Carballa).
star
Retratos dun tempo en mudanza

María do Carme García-Negro. A economía como suma de recursos e vontade

Unha economía en crise foi o pano de fondo no que se desenvolveu toda a mudanza ditadura-democracia. Oculta ou maquillada polo franquismo, é obrigado seguir e tratar de entender o sucedido no arco que vai de 1973 (crise internacional do petróleo) e 1986 (sinatura da entrada do Estado español na Comunidade Económica Europea). Carme García-Negro (Lugo, 1950) achega algunhas das claves dese tempo en aceleración constante.