fotografía

O fotógrafo Marcos Rodríguez. (Foto: Nós Diario)
CONTRACULTURA

Marcos Rodríguez, fotógrafo: "Na Galiza pasamos do loito rigoroso e os panos na cabeza aos polares do Decathlon"

Marcos Rodríguez retrata o rural da Costa da Morte en 'Finis Terrae'

A dor

Fotografías realizadas por José Guitián. (Foto: J. G.)
SOCIAL

Falece aos 99 anos o fotógrafo compostelán José Guitián

A súa obra é testemuño da vida compostelá da segunda metade do século XX

Augusto Pacheco. 'Ayer dia de espanto en Orense', 1972
star
CULTURA

Fotografía, a mentireira verdadeira: As montaxes de antes da Intelixencia Artificial

Nun momento en que se fala constantemente da manipulación da realidade exercida pola Intelixencia Artificial, cómpre botar a vista atrás para decatarse de que a adulteración do real comeza case ao mesmo tempo que a propia fotografía. Unha exposición en Vigo que mostra as fotomontaxes de Augusto Pacheco, Mentindo con mestría, pode funcionar como detonador desa reflexión sobre o suposto status da imaxe fotográfica como testemuña obxectiva.  
 
Sesión de Constitución da XII lexislatura do Parlamento da Galiza (Foto: Álvaro Ballesteros / Europa Press).
POLÍTICA

GALERÍA | Así foi a Sesión de Constitución da XII lexislatura do Parlamento da Galiza

Foto de familia da Gala da Cultura da Deputación da Coruña (Foto: Deputación da Coruña).
CULTURA

Que persoas e entidades recibiron os galardóns culturais da Deputación da Coruña?

A deputada de cultura, Natividade González, puxo en valor as iniciativas de apoio á cultura da entidade, que se enmarcan "nunha liña de traballo prioritaria, que levamos moitos anos implantando".
Xosé Enrique Acuña e Xan Carballa nunha das salas da exposición. (Foto: Sara Recondo)
star
CULTURA

O regreso dos restos de Castelao revive na cámara de Xan Carballa 40 anos despois

O Museo de Pontevedra exhibe, até o 2 de xuño, a mostra Castelao: o retorno a Galicia, 1984, con 52 fotografías tomadas polo xornalista e fotógrafo Xan Carballa o día en que regresaron á Galiza os restos do artista, escritor e político, envoltos nunha calorosa polémica. 
 
Unha das fotos que se poderán ver na mostra de Pontevedra.
Agora

A vota de Castelao á Galiza vista a través do obxectivo de Xan Carballa

O Museo de Pontevedra abre o programa expositivo deste 2024 coa mostra Castelao: o retorno a Galicia, 1984. Xan Carballa, fotografías. A exposición, que conmemora o 40º aniversario da chegada á Galiza dos restos mortais de Castelao, artéllase arredor da crónica fotográfica do 24 de xuño de 1984 realizada polo fotógrafo e xornalista Xan Carballa. As imaxes relaciónanse co canon imperante do novo fotoxornalismo que se implantou con aires de liberdade nos xornais e semanarios desde o fin da ditadura franquista. Incorpora tamén obra artística de Castelao, fotografías, documentación e prensa da época para contextualizar os anos do seu exilio. Castelao: o retorno a Galicia, 1984 estará patente desde o 7 de marzo, no Edificio Castelao, até o 2 de xuño.

 

O carballiñés Christian Pérez. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Christian Pérez: "O máis difícil á hora de facer unha fotografía nun concerto é o ritmo frenético e as luces cambiantes"

Christian Pérez (O Carballiño, 1994) é o fotógrafo oficial do Festival Revenidas, escenario onde puido retratar o artista asturiano Rodrigo Cuevas cunha fotografía que lle valeu o nomeamento como finalista nos Iberian Festival Awards.
Carroza da Liga de Amigos inspirada na antiga Grecia
CULTURA

A RAG abre unha fiestra ao Entroido coruñés de 1916

O arquivo da Real Academia Galega conserva unha serie de fotos dun Entroido marcado por un bando municipal que prohibiu os “disfraces contrarios a la decencia” e outras medidas que desposuían a celebración do seu carácter propio.

Unha das imaxes que compoñen a mostra 'Orixe'. (Foto: Glorianna Ximendaz)
CULTURA

Inaugurada en Lugo a exposición 'Orixe', da premiada fotógrafa Glorianna Ximendaz

Aborda temas como o poder patriarcal, os privilexios inherentes á masculinidade normativa e de clase, ou a ocultación e transmisión de violencias no ámbito familiar e social.
'Os do gorro atravesado’, de José Suárez. (Foto: Arquivo José Suárez).
star
Análise

José Suárez, o fotógrafo galego universal

Mercedes Rozas, historiadora da arte, crítica e comisaria de exposicións.
Migue
CULTURA

Máis dun cento de fotógrafos piden a creación dun centro galego de fotografía

Evitaría o deterioro que, aseguran, están a sufrir en moitos casos.

De Troula. Agosto de 1958.
star
Reportaxes

Fotografías para a memoria do país: vida e morte a través da lente de Edelmiro Méndez

Entre os anos 50 e 60 o país iniciaba unha transformación que mudaría a sociedade de xeito irreversíbel. Pasado e futuro convivían baixo a mirada da lente de Edelmiro Méndez, fotógrafo no concello da Pontenova (comarca da Mariña) e axente fundamental na conservación da memoria dunha Galiza cambiante. A partir do libro 'Edelmiro Méndez. Da Terra que fomos', a Editorial Canela recolle o seu traballo nunha obra que dignifica a fotografía labrega nunha viaxe desde o nacemento até a morte.
Unha das imaxes da mostra.
CULTURA

O Festival Ffoco inaugura esta quinta feira a exposición 'Memorias do ceo'

A colección de imaxes pode recompoñer, a través dunha perspectiva inusitada e distante, un retrato da paisaxe e paisanaxe do país e as transformacións acaecidas nos últimos 40 anos.
A obra de Sergio Marey titulada Cruceiro a Santa Librada e demais mártires disidentes (Foto: Nós Diario).
star
CULTURA

A creatividade novel máis social e persoal agarda no Auditorio da Galiza

O XIII Premio do Auditorio da Galiza para Artistas Noveis recoñeceu en Compostela a obra de 33 artistas menores de 40 anos. Os tres primeiros galardóns foron para Sergio Marey (Pol, 1997), Laure Mojo (O Pino, 1985) e Breogán Xague (Vigo, 1999). 
xeometría
Agora

Rosa María Tielas gaña o primeiro premio do IV Concurso de Fotografía Concello de Covelo

O Concello de Covelo entregou os premios do seu IV Concurso Fotográfico Concello de Covelo a Rosa María Tielas Conde quen coa súa foto “Xeometría” acadou o primeiro premio; a Sergio Fandiño Sotelo que se fixo co segundo posto con “Ponte Maceira” e a Francisco Javier González de Jesús que gañou o terceiro premio coa foto “Patrimonio Micolóxico”. Fomentar a participación da veciñanza en actividades artísticas e creativas foi o obxectivo do IV Concurso Fotográfico Concello de Covelo. 

Unha das fotos do proxecto gañador.
CULTURA

‘MAN’, do colectivo ourensán Cadela Negra, gana o III Premio Editorial de FFoco

Cortés e Cid amosan neste traballo a súa fascinación por Man e o seu legado artístico ao tempo que experimentan de primeira man o lugar onde habitou durante corenta anos.
mercedes vźquez
Contracultura

Mercedes Vázquez Saavedra: "Empecei a fotografar mulleres en Pitões das Junia, aprendín moito delas"

A traxectoria de Mercedes Vázquez Saavedra (Sarria, 1949), etnógrafa e fotógrafa das mulleres da raia e das máscaras e Entroidos, vén de ser recoñecida co Premio Mestra da Memoria, outorgado pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG).

'Medianeiras da Coruña', de María Meseguer.
star
Fotografía

Repensar as fronteiras a través da imaxe: comeza o Festival Ffoco da Coruña

Ffoco, o Festival de Fotografía da Coruña, reflexiona na edición deste ano sobre o concepto de fronteira, tentando pensalas dunha forma diferente. Desde esta sexta feira, 10 de novembro, e até o 31 de decembro, exposición, proxeccións, encontros, obradoiros e a xa imprescindíbel feira de fotolibros permitirán achegarse ao traballo que a fotografía realiza arredor dos conceptos de linde e límite.