Manuel Xestoso
09/mar./23 18:28
Xulio Gil é un fotógrafo que entende o seu traballo como unha expresión artística que non admite desvíos: Premio da Crítica da Galiza das Artes Plásticas, en 2013, foi un pioneiro en tratar a fotografía como unha máis das Belas Artes. Coñecido como retratista e por libros como Vigo, fronteira do Alén, con textos de Ferrín, ou Tigres coma cabalos, realizado con Xela Arias, a súa obra explora terreos aparentemente contraditorios, aínda que unha mirada atenta descobre unha unidade conceptual que agora se exhibe na exposición Símbolos do conflito, no Museo de Pontevedra.