fotografía

Carme, veciña da aldea de Vilacoba (Lousame), paga á peixeira mantendo distancia o 3 de abril de 2020. (Foto:  Agostiño Iglesias)
star
Reportaxes

Imaxe Covid. A memoria dous anos despois

O 14 de marzo de 2020 decretábase o estado de alarma limitando a libre circulación. Comezaba un confinamento que duraría varios meses e que deixaba rúas e estradas baleiras. Só os denominados servizos esenciais podían seguir, non sen atrancos e controis, o seu traballo. Os medios de comunicación tentaron explicar a situación malia os impedimentos de Administracións e empresas. O fotoxornalismo galego cobrou protagonismo. Dous anos despois Sermos Galiza lembra aquelas semana a través do proxecto colaborativo Imaxe Covid.
O 'Missale auriense' é o primeiro libro impreso con notación musical nos territorios do Estado español.
star
Deseño

A primeira vez

As imaxes impresas marcan a sociedade no decorrer da Idade Moderna e Contemporánea
Unha imaxe da exposición de Lois Cid 'Estruturas de fusión', no Pazo de San Marcos de Lugo.
Lugo expón o IX Premio Galiza de Fotografía Contemporánea

Lois Cid: arqueoloxía do presente

Cal é o legado que a nosa sociedade lle deixará as xeracións vindeiras? Unha pregunta que serviu como detonador para o proxecto Estruturas de fusión, co que o artista Lois Cid gañou o Premio Galicia de Fotografía Contemporánea. O proxecto exponse agora en Lugo, desde onde iniciará unha itinerancia que percorrerá o país.
As cruces presentes na contorna do faro Roncudo, onde traballan os percebeiros de Corme, lembran as persoas falecidas no mar. (Foto: Brais Lorenzo).
CULTURA

O Premio Carlos Casares-Kristina Berg vai para Brais Lorenzo

O xurado tivo en conta a "sensibilidade da súa mirada fotográfica, a calidade artística das súas obras, e o respecto e compromiso social que transmite o seu traballo".
'As viúvas do mar' (1969), de Carlos Valcárcel, a foto da que, segundo dicía, estaba máis orgulloso.
O fotógrafo Carlos Valcárcel faleceu esta fin de semana aos 92 anos

As imaxes dunha Galiza que esmorece

O pasado domingo 28 de novembro falecía no seu Lugo natal o fotógrafo Carlos Valcárcel aos 92 anos de idade. Un afeccionado a quen o tempo lle outorgou o título de mestre e que, ademais, logrou documentar coas súas imaxes a difícil vida cotiá dunha Galiza xa desaparecida, mais aínda presente na memoria colectiva. 
1º Premio. Unha soa voz ‘Unha soa voz’ de Rosalía Quiroga Trasorras foi a fotografía que obtivo o primeiro premio
SOCIAL

O Matilda Anderson de fotografía da USC pon o foco no feminismo

‘Unha soa voz’ de Rosalía Quiroga Trasorras é a fotografía gañadora desta VIII edición do galardón

"Matrias Illadas": Unha achega ás ancestras. (Foto: Neves Seara).
CULTURA

"Matrias Illadas": Unha homenaxe poética ás ancestras

"Recoller o herdado e mostralo ao mundo dun modo poético". Baixo esta premisa nace "Matrias Illadas", un proxecto artístico multidisciplinar artellado por Neves Seara, artista plástica e performer, xunto a Tamara Andrés, poeta, tradutora e investigadora. Un espazo reivindicativo para a fotografía, a historia e a poesía.
Un momento da inauguración da mostra esta quinta feira. (Foto: Nós Diario)
CULTURA

As imaxes do Ksado e as lecturas sociais que esconden

A mostra, que inclúe a colección gañadora do premio de fotografía e as seis finalistas, estará até o 14 de novembro no Museo do Pobo Galego. O leonés José Manuel López Pérez asina o conxunto de imaxes que resultou gañador "Atrapados ás portas de Europa", que fala das refuxiadas nas montañas de Bosnia.
Migue
CULTURA

Un 'Ollar' para a fotografía galega contemporánea

Ollar nace como unha plataforma na que coñecer e recoñecer a fotografía contemporánea que se fai na Galiza. O director David Hernández e a montadora e directora de fotografía Álex Penabade asociáronse co fotógrafo e docente Jorge Lens para darlle vida a un proxecto que visa a difundir a obra de diferentes creadores e creadoras deste campo artístico a través de curtametraxes documentais. Una web específica é o vehículo principal para difundir unha disciplina non demasiado comprendida entre o gran público.
Na fotografía deportiva submarina unha das modalidades é a de captar de perto a fauna do fondo marino (Tono García)
Malpica acolle o II Campionato "Trofeo Illas Sisargas"

A fotografía submarina como deporte

O domingo 18 de xullo, Malpica acolle o II Campionato 'Trofeo Illas Sisargas' de fotografía submarina. Este deporte conta cunhas características que mesturan as habilidades propias do mergullo coas da disciplina artística fotográfica. Toda unha experiencia para as persoas que o practican. 
Filippo Prosperi. A Ribeira e convento de San Francisco (Vigo), ca. 1880
star
Reportaxes

Arquivo Pacheco: imaxes para a (des)memoria

A fotografía ten o poder de convocar e rescatar a memoria. Nos nosos tempos, afogados pola hipertrofia das imaxes, talvez non somos quen de lle outorgar o valor que teñen ás fotografías que serviron de testemuña doutras épocas. E mais seguen aí, servindo de punto de encontro entre a memoria colectiva e o discurso histórico. Mais de nada serve unha imaxe se se mantén afastada da mirada da sociedade. Algo así sucede co Arquivo Pacheco, un dos tesouros máis preciosos que posúe a Galiza, mais que permanece oculto na penumbra duns almacéns.
O fotógrafo Felipe Souto cunha nena de Myanmar. (Foto: Felipe Souto)
star
Entrevista

Felipe Souto: "Dubidar ao sacar unha foto é perder o momento"

Felipe Souto é veciño da localidade da Estrada, bombeiro no seu día a día e fotógrafo, "aínda que non me dedico a isto", comenta en conversa con 'Nós Diario'. Acaba de gañar unha medalla de ouro na categoría Panorámica do concurso austríaco Trierenberg Super Circuit, cunha fotografía dunha aurora boreal tomada no ano 2019 nas Illas Lofoten de Noruega. Ademais das paisaxes, Souto realiza retratos esporádicos nas súas viaxes polo mundo, que, ás veces, consideran "case ofensivos, mais é porque non coñecen o contexto no que está feita a imaxe", destaca. 
Foto de Xulio Gil para 'Tigres coma cabalos'.
star
Xela Arias: Voz Galega de Seu

Tigres coma cabalos

Xosé M. Buxán Bran estuda a produción e recepción de Tigres coma cabalos como un proxecto pioneiro na Galiza e un exemplo da visión adiantada ao seu tempo de Xela Arias: unha obra de carácter emancipador que leveda no clima cultural menos oficializado da década de 1980.
c7479370b1cdffc3a6df6528a8a6014f_f38782
CULTURA

A mostra fotográfica e poética 'Nós somos Elas' instálase en Ames

O concello de Ames acolle a mostra itinerante "Nós somos Elas", promovida pola Asociación Cultural Alexandre Bóveda e pola área de Igualdade da Deputación da Coruña. Unha exposición que logo de Ames viaxará aos concellos de Zas, Laxe e San Sadurniño.
Vázquez Saavedra, no Museo de Lugo, co avental típico das mulheres de Pitões das Júnias. (Foto: Leticia E.)
CULTURA

Mercedes Vázquez: "As mulleres da raia son especiais. Son nais e pais ao mesmo tempo pola marcha dos homes"

Mercedes Vázquez Saavedra leva máis de vinte anos fotografando as mulleres e o entroido da raia entre Galiza e Portugal. A súa paixón levouna a percorrer aldeas e mergullarse coas súas xentes até ser unha máis, ese é o segredo da súa obra. Desde o pasado 8 de marzo e até o 9 de abril a súa exposición Mulheres, toda unha homenaxe ao matriarcado, pode verse na súa vila natal, Sarria.
Unha das imaxes recuperadas de Maruja Roca
star
Unha pioneira da fotografía esquecida

A fabulación de Maruja Roca

A historia cóntana os vencedores, e case sempre estes adoitan ser homes. O patriarcado tentou impedir que as mulleres chegasen a ser recoñecidas, aínda facendo esforzos xigantescos en tempos complicados. Ese sería o caso de Maruja Roca, unha muller rescatada do esquecemento e que coñecemos grazas ao libro O feitizo de Maruja, que vén de publicar aCentral Folque na súa colección A Cámara Escura, con textos de Nieves Neira, xornalista e sobriña neta, e a edición de Eutropio Rodríguez.
fotografia de Ana Parada
Caleidoscópica publica unha nova edición da súa revista fotográfica anual

"As ficçoes" como parte da realidade

A revista online Caleidoscópica.gal edita unha nova publicación coa ficción como eixo de unión entre os 16 proxectos que a compoñen. 
Algunhas propostas da  literatura galega híbridas. (Foto: Tensi Xesteira).
star
Reportaxes

Literatura híbrida: libros que van máis alá

Poesía e fotografía. Poesía e ilustracións. Literatura e música. As fronteiras entre os xéneros e as artes son cada vez máis etéreas, e hoxe en día eclosionan propostas que tensan os límites e ofrecen reflexións e debates sobre o mundo desde a palabra escrita, pero cun protagonismo especial doutras disciplinas artísticas. No medio desta era dixital, fálase cada vez máis dos libros como obxectos, pois o futuro reside aí.
a fotógrafa Victoria Torres e dúas axudantas na sala de retratos dos seus irmáns, en México
star
Reportaxes

O efecto Matilda na fotografía galega

A invisibilidade que o labor científico da muller ten sufrido ao longo da historia ten un nome: o efecto Matilda. Porén, os homes nesgan e atribúense os éxitos e os descubrimentos das mulleres non só no eido científico. Toda actividade humana na que ela ten participado sufriu ao longo dos séculos idéntico resultado. Mesmo na fotografía. O desleixo pola obra das nosas primeiras fotógrafas comeza agora a ser reparado e os seus nomes a ser relembrados. As súas fascinantes historias espertan por fin para servirnos de exemplo.
Premios Cultura Galega 2020 (Imaxe: Xunta da Galiza).
CULTURA

Ledicia Costas, Xurxo Lobato ou aCentral Folque entre os distinguidos cos Premios da Cultura Galega

Entre os premiados tamén figuran Xosé González, creador do primeiro servizo de normalización lingüística municipal da Galiza; Chema Prado, pola súa traxectoria á fronte da Filmoteca Española, a Federación de Teatro Afeccionado da Galiza; Ildiko Szijj, responsábel do Centro de Estudos Galegos en Budapest e mais o Fondo Penzol.