TRABALLO
A Galiza perdeu no mes de xaneiro máis de 40 autónomos por xornada
04/feb./23
A Federación de Autónomos da Galiza alerta da caída continúa desde xuño da afiliación no réxime do traballo por conta propia.
POLÍTICA
González Formoso culpa a Xunta de ter "cegueira orzamentaria" cos autónomos
25/xan./23
ATA Galiza propón fomentar o emprendemento no rural.
ECONOMÍA
Os ingresos de 115.944 autónomos están por baixo do salario mínimo
21/xan./23
As retribucións de 115.944 traballadoras e traballadores por conta propia na Galiza están por baixo do Salario Mínimo Interprofesional (SMI). Segundo as cifras achegadas pola Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT) para 2019, representan 55,4% do total do colectivo galego de autónomos.
TRABALLO
Unións Agrarias intentará tombar as axudas 'Impacto Autónomo' cun recurso
12/xan./23
O sindicato busca tombar a liña de axudas 'Impacto Autónomo' da Xunta por considerar que "discrimina" o colectivo de profesionais por conta propia do rural.
TRABALLO
Galiza destruíu en 2022 máis emprego autónomo que todo o resto do Estado
12/xan./23
A Galiza liderou a destrución do emprego entre autónomas e autónomos no Estado español en 2022. Así, reducíronse en 2.897 as persoas traballadoras por conta propia a nivel galego e no total estatal caeron en 1.204. O sector do comercio retallista encabezou a caída, co feche de 1.600 negocios na Galiza.
TRABALLO
Máis de 80% de profesionais autónomos quedarán sen acceso ás axudas da Xunta
11/xan./23
O limiar de 10.000 euros de rendemento afecta intensamente o rural.
ECONOMÍA
As pensións dos autónomos galegos son as máis baixas do Estado
10/xan./23
A prestación media na Galiza é de 720 euros ao mes.
TRABALLO
Jesús Diéguez, secretario xeral de Agtamar: "Non entendo que se presuma de incumprir a lei"
10/xan./23
Coa inflación, os problemas derivados da morosidade e dos atrasos nos pagamentos son cada vez máis acusados nos traballadores e traballadoras por conta propia. 'Nós Diario' aborda esta problemática con Jesús Diéguez, secretario xeral da Asociación Galega de Traballadores Autónomos e do Mar (Agtamar).
TRABALLO
Críticas á Xunta polo colapso na concesión das axudas 'Impacto autónomo', por orde de chegada: "Mátense vostedes mesmos"
09/xan./23
Só as persoas máis madrugadoras poderán recibir a subvención, dado que a convocatoria non é en réxime de concorrencia competitiva.
ECONOMÍA
Axudas de até 1.500 euros para autónomos: así podes solicitalas
05/xan./23
O Goberno galego aproba unha liña de axudas directas a negocios dirixidos por persoas autónomas para afrontar a crise de prezos.
ECONOMÍA
É Galiza un país para emprender? Cada día pérdense sete autónomos, máis da metade no comercio
05/xan./23
O pasado ano cesaron a súa actividade até 2.584 persoas autónomas, os perores datos desde a recesión económica de 2008.
ECONOMÍA
Comerciantes calculan que fecharán máis de 300 pequenos negocios o próximo ano
16/dec./22
A Asociación Galega de Traballadores Autónomos e do Mar (Agtamar) sinala o "dumping" e a fuga de capitais dos "xigantes" do sector.
TRABALLO
Sete de cada dez pensionistas autónomos perciben ingresos por baixo do SMI
13/set./22
Na Galiza as persoas autónomas xubiladas cobran até 500 euros menos que a pensión media de réxime xeral.
Vigo
Inspección de Traballo obriga Amazon Flex a recoñecer os repartidores como traballadores e non como autónomos
12/set./22
O persoal, autónomo segundo Amazon, "carecía de toda capacidade de xerar beneficios nin tampouco de crearse unha clientela propia", motivo polo que Inspección resolveu en contra da compañía.
TRABALLO
A Galiza perde unha media de 30 autónomos ao día
06/set./22
A ATA augura que veñen "meses malos" para o sector.
TRABALLO
A reforma das pensións reduce 10,3% a contía da xubilación das mulleres
26/ago./22
O Goberno do Estado español retoma a reforma das pensións. A proposta pactada entre o Executivo español e a Comisión Europea formula ampliar a base de cotización de 25 a 35 anos. Neste caso, a contía das pensións das mulleres caería 10,3%, aumentado máis a fenda cos homes até 35,2%.
ECONOMÍA
O Congreso aproba o decreto enerxético
25/ago./22
O decreto de aforro enerxético do Executivo estatal foi validado esta quinta feira no Congreso por unha folgada maioría de 187 votos a favor. A tramitación como proxecto de lei permitirá un período de catro semanas para a presentación de emendas. Tamén se aprobou a reforma das cotizacións de profesionais por conta propia, que será tramitada como proxecto de lei por urxencia.
ECONOMÍA
A cota mínima de autónomos será 230 euros en 2023
25/ago./22
O Congreso debate esta quinta feira o novo decreto sobre a reforma da fiscalidade aplicada ás persoas traballadoras por conta propia. O obxectivo da medida, que entraría en vigor o 1 de xaneiro de 2023, é segundo o Goberno español, aumentar de forma paulatina durante un período de nove anos a progresividade das cotas e bases mínimas de autónomos.
TRABALLO
Colectivos de persoas autónomas alertan: "O peor está por vir"
20/ago./22
A Federación de Autónomos da Galiza emitiu este sábado un comunicado para alertar da situación "dramática" que vive o colectivo, que perdeu até xullo máis de 100 integrantes