Audasa

AP-9 sobre a ponte de Rande da ponte de Rande entre os concellos de Redondela e Vilaboa.
star
O futuro da AP-9

A Comisión Europea preme o Estado para revogar a concesión da AP-9 a Audasa

Audasa ameaza con reclamar ao Estado español unha compensación de máis de 1.000 millóns de euros. O anuncio chega tras determinar a Comisión Europea a ilegalidade da concesión da AP-9 e instar á súa revogación como paso previo ao inicio de accións xudiciais.

Un informe de Competencia reproba as prórrogas das concesións da Autoestrada do Atlántico a Audasa (Foto: John Keith / Adobe Stock)
ECONOMÍA

A concesionaria da AP-9 pedirá ao Estado 1.000 millóns de euros se Bruxelas declara ilegal o contrato

Segundo a información auditada, a empresa contaba cunha débeda financeira neta de 1.034 millóns de euros ao fechamento do exercicio 2022, polo que ese sería o importe mínimo que reclamaría ao Goberno estatal en concepto de compensación por calquera modificación no contrato vixente.
O portavoz do BNG no Congreso, Néstor Rego.
Agora

O BNG insiste na retirada de emendas e a tramitación "áxil" da Lei de Transferencia da AP-9

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, vén de exixir a PP e PSOE a retirada das emendas á proposición de lei para a transferencia da titularidade e competencias da autoestrada AP-9 á Galiza. Após dous anos da súa toma en consideración, Rego afirma que "é hora de rematar a tramitación nos termos en que foi aprobada no Parlamento da Galiza pola unanimidade" e non "dilatar" máis a súa aprobación no Congreso. Para este fin, engade o deputado do BNG, unha recente resolución na Cámara galega instando as forzas políticas con representación no Congreso a aprobar o texto tal e como saíu do Parlamento.
Rolda de prensa do deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego. (Foto: Nós Diario)
POLÍTICA

O BNG denuncia "manobras dilatorias" de PSOE e PP para frear no Congreso a transferencia da AP-9

O Parlamento galego aprobou por unanimidade reclamar a transferencia da autoestrada xestionada por Audasa.
Alfonso Rueda e Ana Pontón.
POLÍTICA

O PP rexeita o ofrecemento de Pontón dunha reunión con Rueda pola AP-9

Pui propón unha xuntanza de portavoces dos grupos parlamentarios.
Autopista AP-9 ao seu paso polo concello de Pontedeume [Itínere].
ECONOMÍA

Audasa ingresou 171,8 millóns de euros polas peaxes da AP-9 en 2022, 14,4% máis que o ano anterior

O Congreso retomou en marzo o relatorio creado en setembro de 2021 para tramitar a proposición de lei que enviou o Parlamento galego para transferir á Xunta a titularidade e competencias da autoestrada AP-9.
Peaxe na autoestrada AP-9. (Foto: Ana Varela)
ECONOMÍA

Un terzo dos tramos da AP-9 sobe máis do 4% fixado polo Ministerio: así aumentan as peaxes en 2023

No caso da AP-53 superan o tope 9 de 14 tramos.
Peaxe na autoestrada AP-9. (Foto: Ana Varela)
ECONOMÍA

O Goberno estatal prevé agora subir as peaxes 1,03%

A medida podería aprobarse esta mesma semana.

A dupla cara do PP coas peaxes

A Autoestrada do Atlántico, na imaxe, é propiedade do grupo Itínere (Foto: Nós Diario).
ECONOMÍA

Fondos de capital estranxeiro posúen 283 quilómetros das estradas de pagamento da Galiza

A Galiza é a autonomía do Estado español con máis quilómetros de estradas de pago. A maiores, rexistra algunhas das portaxes máis elevadas de toda a rede viaria peninsular. Os beneficios xerados por estas autoestradas engrosan os resultados de fondos de investimento estranxeiros.
Autoestrada AP-9 ao seu paso pola ponte de Rande (Foto: Punto GA / M. Riopa).
POLÍTICA

O PP propón conxelar as peaxes da AP-9 e a AP-53 na Galiza durante 2023

O Grupo Parlamentario Popular rexistrou unha proposición non de lei para que o Goberno do Estado conxele os prezos nas peaxes das autoestradas estatais galegas AP-9 e AP-53 durante o ano que vén.
O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, e a portavoz nacional da formación nacionalista, Ana Pontón. (Foto: Europa Press)
POLÍTICA

O BNG exixe ao Goberno español "frear" a nova suba das peaxes da AP-9 prevista para 2023

"É indecente que unha multinacional como Audasa pretenda subir 9% aproveitándose da crise. Un despropósito e unha indecencia", denunciou Ana Pontón.
Peaxe na autoestrada AP-9. (Foto: Ana Varela)
ECONOMÍA

Así subirán (novamente) as peaxes da AP-9 en 2023

As tarifas, que se actualizan en función da variación do IPC, incrementaranse en perto de 9%.
A ponte de Rande, en Vigo e parte do trazado da autoestrada AP-9, estivo en obras entre os anos 2015 e 2018 (Foto: Xan Gasalla).
ECONOMÍA

Audasa é condenada a devolver 50% de peaxes cobradas durante as obras de Rande

Autoestradas do Atlántico (Audasa) foi condenada a devolver 50% das peaxes a 21 persoas físicas e xurídicas durante o transcurso das obras na ponte de Rande, na ría de Vigo, entre 2015 e 2018. Esta quinta feira, a Fiscalía mantivo a petición de seis anos de cadea contra a ex tesoureira da empresa por apropiarse de 1,2 millóns de euros. Ademais, Audasa pasa a control dun fondo privado de pensións neerlandés.
Ponte de Rande. (Foto: Marta Vázquez Rodríguez / Europa Press).
ECONOMÍA

Audasa incrementa os seus beneficios netos máis de 70%

A concesionaria da AP-9 acumula compensacións millonarias por parte da Administración do Estado español.
A autoestrada AP-9 ao seu paso por Compostela. (Foto: Arxina)
SOCIAL

Unha sentenza europea abre a porta a anular a prórroga da concesión da AP-9

Un veredicto da Xustiza europea obrigou o Goberno italiano a licitar de novo a concesión dunha autoestrada que pasou de mans públicas a privadas.
En 2021, 70% do total de accidentes mortais tivo como protagonistas vehículos de máis de dez anos (Foto: Punto GA / M. Riopa)
ECONOMÍA

Os beneficios de Audasa tras ingresar 150 millóns de euros en peaxes

A concesionaria da AP-9 obtivo en 2021 un 20% máis de proveito que antes da pandemia.

Autoestrada AP-9 ao seu paso pola ponte de Rande (Foto: Punto GA / M. Riopa).
POLÍTICA

Lamentan o "hermetismo" e "falta de transparencia" do Goberno estatal no expediente contra a prórroga da AP-9

Malia o final do prazo para que o Executivo estatal enviara as alegacións á Comisión Europea polo expediente da prórroga da AP-9, declinaron facer públicos os argumentos para evitar a sanción comunitaria.
A ponte de Rande, integrada na autoestrada AP-9, nunha imaxe de arquivo. (Foto: Marta Vázquez Rodríguez / Europa Press)
ECONOMÍA

Acusan o Executivo estatal de “protexer os intereses” de Audasa e regalarlle 1.200 millóns de euros en compensacións

O 23 de xaneiro remata o prazo que a Comisión Europea fixou ao Estado español para facer as súas alegacións sobre as prórrogas ilegais a Audasa pola concesión da AP-9, porén, aínda non se produciu ningún paso para "rectificar as ilegalidades".
Varios autobuses da compañía estacionados durante unha folga. (Foto: CIG)
SOCIAL

Vitrasa copia Audasa e reclama 15 millóns de euros polas perdas derivadas da pandemia

A empresa concesionaria dos autobuses urbanos en vigo considera que o Concello debe indeminizala pola baixada de ingresos que aconteceu durante o estado de alarma. Dáse a circunstancia de que dá este paso após conseguir unha ampliación do contrato durante a crise da Covid-19.