UE

O reelixido presidente ruso, Vladimir Putin, nunha intervención a segunda feira. (Foto: Cao Yang / Europa Press / Contacto)
star
INTERNACIONAL

Putin imponse nuns comicios cuestionados polos EUA e a UE, que vén agora?

Os resultados oficiais dos comicios á Presidencia rusa outorgan un novo mandato a Vladimir Putin, nunhas votacións cuestionadas polos Estados Unidos e a Unión Europea e que inician o debate sobre unha hipotética sucesión do mandatario de 71 anos.
Rezo masivo nas ruínas de Gaza. (Foto: Mohammed Talatene / DPA)
INTERNACIONAL

Mustafa releva Shtayyeh á fronte da Autoridade Nacional Palestina

Israel volve disparar contra solicitantes de axuda
Persoas migrantes atendidas no 'Ocean Viking', a quinta feira. (Foto: SOS Mediterranée)
Agora

No mínimo 60 persoas migrantes faleceron intentando cruzar o mar Mediterráneo

Cando menos 60 persoas, incluído no mínimo unha crianza, perderon a vida no mar Mediterráneo, confirmaron superviventes rescatadas polo Ocean Viking, informou a quinta feira a organización non gobernamental SOS Mediterranée, que xestiona o buque dedicado ao rescate humanitario. A embarcación partira unha semana antes de Libia e estivo varios días á deriva após estragarse o motor na terceira xornada.

O lexislativo do bloque comunitario. (Foto: Mathieu Cugnot / Parlamento da UE)
INTERNACIONAL

O Parlamento da UE aproba regular a intelixencia artificial e prohibir os sistemas máis perigosos

Varios meses despois de que a China primeiro e os Estados Unidos despois desenvolveran as primeiras regulacións ao respecto da intelixencia artificial, a Unión Europea fai o propio cunha lexislación cuestionada por entidades en defensa dos dereitos humanos.

O euro e a nação galega

A presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen, a terza feira. (Foto: Eric Vidal / EU Parliament / DPA)
INTERNACIONAL

A Comisión Europea insta a comezar negociacións de adhesión con Bosnia e Hercegovina

Destaca a aliñación da política exterior.
Reunión en xaneiro da Comisión de Traballo do Congreso. (Foto: Eduardo Parra / Europa Press)
Agora

O PSOE refusa unha regulación xeneralizada de migrantes escudándose na Unión Europea

O PSOE rexeitou a terza feira na Comisión de Traballo do Congreso español a Iniciativa Lexislativa Popular apoiada por forzas progresistas e soberanistas, entre elas o Bloque Nacionalista Galego (BNG), que solicita unha regularización xeneralizada de persoas migrantes, aducindo que o marco xurídico da Unión Europea non a permite. Sumar, o socio minoritario da coalición de Goberno liderada polo PSOE, reclamoulle “claridade”.

Centro da cidade de Vigo (Foto: Nós Diario).
star
Vivenda

Galiza, un dos países da UE onde máis porcentaxe do salario se dedica a pagar o aluguer: 35 de cada 100 euros

Alugueres que soben á velocidade de guepardo e salarios que o fan a ritmo de tartaruga, a combinación perfecta para que afrontar o custo que implica a vivenda sexa cada vez máis complicado. Na Galiza, as persoas destinan o 35% do salario a pagar o arrendamento, o que non pasa en ningún Estado europeo: 34% en Grecia, 26% en Dinamarca ou 23% en Alemaña.
Antiga construción emerxida ante a seca extrema en Málaga. (Foto: Álex Zea / Europa Press)
INTERNACIONAL

A Unión Europea non está preparada para os riscos do cambio climático

Preocupación polos cultivos no sur continental.
Mísil norcoreano en febreiro. (Foto: KCNA vía YNA / DPA)
INTERNACIONAL

Os países europeos duplican a importación de grandes armas

Francia convértese no segundo exportador mundial.
O vicepresidente da Comisión Europea, Valdis Dombrovskis, e o comisario europeo de Economía, Paolo Gentiloni. (Foto: Consello Europeo / dpa).
star
Análise

A Eurozona teima por ir de fracaso en fracaso

Manoel Barbeitos é economista.

Asemblea da Alianza Libre Europea en Bruxelas. (Foto: Nós Diario)
INTERNACIONAL

O BNG defende na última asemblea da ALE antes das eleccións que Galiza teña "máis peso" en Europa

A ALE aproba a proposta do Bloque para que os pellets sexan considerados contaminantes e reforzar a seguridade marítima.
Ángeles Vázquez e Alfonso Rueda, esta quinta feira, durante a reunión semanal do Consello da Xunta. (Foto: Arxina)
POLÍTICA

Rueda carga contra o TSXG pola paralización de eólicos e a consulta á Xustiza europea: "É inédito"

O presidente da Xunta defende que todos os proxectos que autorizou "cumprían coas obrigas desde un criterio técnico" e lamenta as "graves consecuencias" dunha "paralización total" do sector.
Rúas de Andoain, en Euskadi, inundadas o 27 de febreiro. (Foto: Unanue / Europa Press)
INTERNACIONAL

Febreiro, o noveno mes consecutivo que racha o récord de temperatura

Os océanos -agás os polares- fixaron unha nova marca de calidez.
Sede do Tribunal de Xustiza da Unión Europea, en Luxemburgo. (Foto: Nós Diario)
Xustiza

O TSXG mantén o pulso co Supremo e eleva a disputa sobre os informes sectoriais dos eólicos a Europa

O alto tribunal galego expón unha tripla cuestión prexudicial ao Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE) para que determine se a Xunta debeu pór ao dispor do público interesado, e non só dos promotores, os informes sectoriais sobre os proxectos eólicos en trámite.

Carreira militar

Edificio danado en Odesa, Ucraína, nun ataque ruso a pasada fin de semana. (Foto: Ukrinform / DPA)
star
INTERNACIONAL

A UE súmase á carreira militarista impulsada pola OTAN

No medio da escalada dialéctica entre Rusia e a OTAN, a Unión Europea presentou unha estratexia para estabelecer compras conxuntas de armamento e potenciar a industria militar comunitaria, admitindo o impacto do proceso electoral estadounidense na alianza militar.

Para bellum

Varias persoas paseando con máscara polas rúas de Tenerife, en Canarias, en xuño de 2021. (Foto: Europa Press)
Xustiza

A Fiscalía Europea abre unha investigación sobre os contratos de máscaras de Canarias e Balears coa 'trama Koldo'

O órgano comunitario incoa dilixencias tras recibir "unha denuncia dun particular".
Tenda de Apple en Berlín, Alemaña. (Foto: Jens Kalaene / DPA)
ECONOMÍA

Multa histórica da UE a Apple: máis de 1.800 millóns por restrinxir plataformas como Spotify

Bruxelas acusa a compañía de actuar como "gardián" do acceso ás aplicacións e abusar dunha posición dominante no mercado da distribución de música en 'streaming'.