No mínimo 60 persoas migrantes faleceron intentando cruzar o mar Mediterráneo

Cando menos 60 persoas, incluído no mínimo unha crianza, perderon a vida no mar Mediterráneo, confirmaron superviventes rescatadas polo Ocean Viking, informou a quinta feira a organización non gobernamental SOS Mediterranée, que xestiona o buque dedicado ao rescate humanitario. A embarcación partira unha semana antes de Libia e estivo varios días á deriva após estragarse o motor na terceira xornada.

Persoas migrantes atendidas no 'Ocean Viking', a quinta feira. (Foto: SOS Mediterranée)
photo_camera Persoas migrantes atendidas no 'Ocean Viking', a quinta feira. (Foto: SOS Mediterranée)
Comentarios