O PSOE refusa unha regulación xeneralizada de migrantes escudándose na Unión Europea

O PSOE rexeitou a terza feira na Comisión de Traballo do Congreso español a Iniciativa Lexislativa Popular apoiada por forzas progresistas e soberanistas, entre elas o Bloque Nacionalista Galego (BNG), que solicita unha regularización xeneralizada de persoas migrantes, aducindo que o marco xurídico da Unión Europea non a permite. Sumar, o socio minoritario da coalición de Goberno liderada polo PSOE, reclamoulle “claridade”.

Reunión en xaneiro da Comisión de Traballo do Congreso. (Foto: Eduardo Parra / Europa Press)
photo_camera Reunión en xaneiro da Comisión de Traballo do Congreso. (Foto: Eduardo Parra / Europa Press)
Comentarios