UE

O lexislativo do bloque comunitario. (Foto: Mathieu Cugnot / Parlamento da UE)
INTERNACIONAL

O lexislativo da UE valida a primeira norma contra a violencia machista do bloque

Alemaña, Francia e Hungría impiden incluír a violación como delito a nivel comunitario.

Peaxe na autoestrada AP-9 (Foto: Ana Varela).
ECONOMÍA

A Comisión Europea abre un expediente ao Estado español por infrinxir as normas comunitarias na prórroga da AP-9

A Comisión Europea tamén acusa o Estado español de incumprir a lexislación comunitaria sobre contratación pública.
No sentido das agullas do reloxo: O primeiro ministro británico, Rishi Sunak (centro), a terza feira nunha conversa con xornalistas camiño a Varsovia (Polonia), desembarco no Reino Unido en xaneiro de persoas migrantes tras ser rescatadas e mapa coa distancia entre Londres e Kigali. (Foto: Henry Nicholls / Gareth Fuller / PA Wire / DPA vía Europa Press)
star
INTERNACIONAL

O Parlamento do Reino Unido valida a lei para expulsar solicitantes de asilo a Ruanda en tres meses

A pesar de que supón unha violación das normas internacionais sobre dereitos humanos e persoas refuxiadas, o Reino Unido replica a Unión Europea asumindo as posturas da extrema dereita en migración e ultima a expulsión de migrantes a Ruanda.

Galiza non é pequena

ponte
star
Reportaxes

As Eurocidades: A unión dos territorios galegos e portugueses

Eurocidade, un termo que une as poboacións das dúas marxes da raia, afirmando que entre a Galiza e Portugal non existen fronteiras. Tui-Valença, Tomiño-Cerveira, Salvaterra-Monção e Verín-Chaves, exemplos do bo entendemento entre o pobo galego e o portugués.

Cinismo político, inmoralidade pública

Marcelo Rebelo de Sousa (dereita), presidente portugués, a terza feira. (Foto: Presidência da República de Portugal)
INTERNACIONAL

O ex primeiro ministro Costa será "probabelmente" o novo líder do Consello Europeo segundo o presidente luso

Desbotadas as acusacións que acabaron co Goberno do PS.
Cascallos no centro de Gaza. (Foto: Omar Naaman / DPA vía Europa Press)
INTERNACIONAL

Biden dá luz verde a Israel para que invada Rafah e prosiga co xenocidio en Gaza se limita o ataque a Irán

Nova foxa común atopada fronte ao hospital al Shifa.
Votación no Parlamento da UE a pasada semana. (Foto: Daina Le Lardic / Parlamento da UE)
star
INTERNACIONAL

A pobreza e a sanidade pública, principais preocupacións da poboación da UE de cara aos comicios de xuño

O Estado español é o cuarto cun maior risco de pobreza e exclusión social dos 27 Estados membros da Unión Europea, coa Galiza case catro puntos por riba da media do bloque. Tras a pobreza, a sanidade e a economía completan as tres prioridades fixadas pola cidadanía.
A presidenta do Executivo da UE, Ursula von der Leyen, este mes. (Foto: Jessica Lichetzki / DPA vía Europa Press)
Agora

Renuncia o correlixionario de von der Leyen, acusada de favoritismo, contratado pola UE

Medios internacionais confirmaron a terza feira que Markus Pieper, eurodeputado da Unión Demócrata Cristiá alemá (CDU), renunciou como enviado especial da Unión Europea (UE) para as pemes horas antes da que sería a súa primeira xornada laboral no posto. A presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen (CDU), foi acusada de favoritismo na súa contratación, cuestionada por varios comisarios e polo Parlamento da UE.

Buque interceptado a terza feira en augas próximas a Tenerife. (Foto: Salvamento Marítimo do Estado español)
INTERNACIONAL

Atopados no Brasil nove cadáveres de migrantes que se terían dirixido ás Canarias

É unha das rutas migratorias máis perigosas.
O chanceler alemán Olaf Scholz, a segunda feira nunha visita á China. (Foto: Michael Kappeler / DPA)
INTERNACIONAL

Persoas expertas demandan despenalizar de forma íntegra o aborto en Alemaña

Comisión independente designada polo Goberno
E. Rama e G. Meloni na sinatura dun acordo migratorio en 2023. (Foto: Roberto Monaldo / Europa Press / Contacto / LaPresse)
Agora

Albania inicia a construción dos centros de detención de migrantes pactados con Italia

A pesar das críticas de entidades en defensa dos dereitos humanos e dos residentes, Albania xa está a construír un centro de detención de migrantes no porto de Shengjin, informou a sexta feira o portal Balkan Insight, un dos dous que edificará tras asinar o Goberno progresista de Edi Rama un pacto co Executivo italiano de extrema dereita liderado por Giorgia Meloni para enviar até 3.000 persoas migrantes que sexan rescatadas por Roma no mar Mediterráneo. No caso de que as súas solicitudes de asilo sexan rexeitadas serían expulsadas deste territorio albanés. Isto transcendeu após aprobar o Parlamento da Unión Europea (UE) un pacto migratorio que consolida a externalización da xestión migratoria a terceiros países fóra do bloque comunitario.
Protesta a favor da despenalización do aborto en Polonia en xuño de 2023 após a morte dunha muller xestante nun hospital. (Foto: Attila Husejnow / Sopa Images vía DPA vía Europa Press)
star
INTERNACIONAL

A Eurocámara pide consagrar o aborto como dereito fundamental co PP e Vox en contra

O Parlamento da UE insta a emendar a Carta dos Dereitos Fundamentais para incluír o aborto, ameazado ante o ascenso da ultradereita e no marco das case 40.000 falecidas anualmente por interrupcións de embarazos en condicións inseguras.
Un grupo de persoas migrantes pide axuda ao ser atopado no mar Mediterráneo a mediados 
de marzo. (Foto: Simone Boccaccio / Europa Press)
star
INTERNACIONAL

O Parlamento da UE aproba un pacto migratorio que ignora as 30.000 mortes no Mediterráneo desde 2014

Oito anos despois da primeira proposta da Comisión Europea o Parlamento da UE dá luz verde a un novo pacto migratorio duramente cuestionado por organizacións de dereitos humanos e que supón un avance nas políticas defendidas pola extrema dereita.

Mesquita destruída polos bombardeos israelís na Faixa de Gaza, a cuarta feira. (Foto: Omar Ashtawy / APA Images via ZUMA / DPA vía Europa Press)
INTERNACIONAL

Israel bombardea Gaza na fin do ramadán

A relatora da ONU pide á UE que actúe para acabar o xenocidio.
O empresario ruso Mikhail Fridman (Foto: Letterone vía Europa Press).
INTERNACIONAL

Pau da Xustiza ás sancións contra cidadáns rusos: o TXUE anula as sancións ao antigo dono de Dia

O Tribunal Xeral da Unión Europea (TXUE) anulou esta cuarta feira as sancións do bloque comunitario contra o empresario ruso Mikhail Fridman, antigo dono dos supermercados Dia.
Emmanuel Macron, presidente de Francia. (Foto: Europa Press / Contacto / Vincent Isore).
star
Análise

Guerra en Europa?

Ramón Grosfoguel é profesor da Universidade de California en Berkeley.
Mapa co percorrido estimado que entra dentro do corredor de hidróxeno na listaxe de Proxectos de Interese Comunitario (PIC).
ECONOMÍA

A entrada da Galiza no corredor de hidróxeno terá que agardar: "É un fracaso das Administracións"

O Diario Oficial da Unión Europea publicou esta segunda feira a súa listaxe de Proxectos de Interese Comunitario (PIC) para o corredor de hidróxeno H2Med confirmando que non figura a conexión de Zamora con Guitiriz. Enagás, a empresa promotora do proxecto, anuncia que acudirá á seguinte convocatoria mentres hai voces que falan de "fracaso" das Administracións.

Discurso de guerra e reaxuste a todos os niveis