Xustiza

O TSXG paraliza trece parques eólicos polo seu impacto sobre o medio ambiente

Adapta os seus criterios á resolución do alto tribunal, o que implica descartar a aparencia de bo dereito respecto aos prazos de exposición pública e de acceso aos informes sectoriais como motivo para paralizar as instalacións. Máis de 300 megawatts eólicos fican en suspenso de forma cautelar ao apreciar o TSXG posíbeis afeccións á contorna amparándose nos informes sobre hábitats e as zonas vetadas ás infraestruturas eólicas por parte do Goberno estatal.
Parque eólico de Montouto, situado entre os municipios de Abadín e Muras (A Terra Chá), composto por 31 aeroxeradores. (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
photo_camera Parque eólico de Montouto, situado entre os municipios de Abadín e Muras (A Terra Chá), composto por 31 aeroxeradores. (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
Comentarios