traballo

Lucía Domínguez e Transi Fernández, no centro, esta sexta feira. (Foto: Nós Diario)
Agora

As traballadoras de Inditex mobilizaranse para demandar igualdade nos postos de traballo

As traballadoras de Inditex sairán en manifestación o vindeiro 7 de abril na Coruña, cunha mobilización coa que dan continuidade ás que protagonizaron hai ano e medio. Daquela conseguiron melloras económicas; agora sairán á rúa para reclamar tamén melloras sociais que as equiparen en condicións aos seus compañeiros homes. Transi Fernández, secretaria nacional da CIG-Servizos, lembrou esta sexta feira que Inditex segue "mantendo as traballadoras en condicións precarias". Mentres os homes teñen xornadas completas, as mulleres teñen, maioritariamente, xornadas parciais. Unha diferenza que se nota nos salarios, pero que non é a única porque, segundo asegurou Lucía Domínguez, presidenta do comité de Stradivarius, os homes, aínda de categorías inferiores, cobran tamén máis.
76% de galegas solicitaron redución de xornada por coidado de crianzas, fronte a tan só un 24% dos homes. (Foto: Marco Antonio Fernández).
Xustiza

Avalado o dereito a cobrar o paro dunha traballadora en excedencia ao coidado dun fillo despedida doutro emprego temporal

O TSXG aplica a perspectiva de xénero e salienta que obrigar a nai traballadora a reingresar no seu traballo, como pretendía o Servizo Público de Emprego, suporía "laminar o seu dereito á conciliación".
Recollida do pemento de Padrón no concello homónimo (O Sar) na recta final da campaña, nunha foto de arquivo. (Foto: A Pementeira).
star
Análise

Unha ollada socioeconómica centrada nas mulleres

Carmela Sánchez Carreira é profesora de Economía Aplicada na USC.
2023 11 04 Folga Limpeza Lugo (21)-3ee179aa
TRABALLO

Galiza, á cabeza en conflitividade laboral: unha de cada dez traballadoras en folga no Estado é galega

A Galiza figura, un ano máis, no podio das autonomías con maior conflitividade laboral no Estado español. En 2023, foi a terceira comunidade con maior número de traballadoras e traballadores en folga, así como tamén terceira en xornadas non traballadas. Só Euskadi e Catalunya superan a Galiza.

Descanso

Ímoslle xuntas…

A investigación abriuse a raíz do bico de Rubiales a Hermoso. (Foto: Europa Press).
DEPORTES

Traballo abre expediente á Federación Española de Fútbol por "incumprimentos en materia de igualdade"

Sanciona, ademais, a Barça, Espanyol e Europa.

O salario das mulleres

Persoal de investigación.
TRABALLO

Persoal investigador sanitario urxe a súa integración no emprego público

Traballadoras das fundacións sanitarias da Galiza reclaman maior calidade e estabilidade no emprego.
Rolda de prensa das profesionais da dobraxe, o 29 de febreiro, en Santiago.
CULTURA

Profesionais da dobraxe denuncian o incumprimento do seu convenio e anuncian mobilizacións

A presidenta da Asociación de Artistas Asociados de Dobraxe (ADA), Desi de Pillado, indicou que contan co apoio dos sindicatos CIG, CCOO e UGT.
Concentración do persoal dos medios públicos galegos nas instalacións da CRTVG coincidindo co 301 Venres Negros (Foto: Defende a Galega).
star
Análise

301 Venres Negros de acción colectiva

Rosa Cerqueiro Landín é psicóloga clínica.

Feminismo e amorodos

Un autobus urbano de Vigo na praza de América. (Foto: Vitrasa)
TRABALLO

Vitrasa e comité terminan unha nova reunión sen acordo e cítanse para a vindeira semana

O persoal de Vitrasa leva anos protestando pola situación laboral que viven, debido a que o convenio colectivo caducou hai xa tres anos.
Durante o ano 2021, 53 persoas traballadoras morreron por accidente laboral na Galiza (Foto: Europa Press).
TRABALLO

A xustiza europea resolve que un traballador temporal ten dereito ás mesmas indemnizacións por accidente que un fixo

A lexislación estatal española prevé para os traballadores cedidos por ETT unha indemnización por incapacidade permanente total por accidente laboral de 10.500 euros segundo o Convenio colectivo das empresas de traballo temporal; mentres que a indemnización pola mesma situación recollida no Convenio colectivo do sector do transporte elévase a 60.101 euros.
En cinco anos puxeron fin á súa actividade máis de 4.000 compañías na Galiza (Foto: Europa Press).
ECONOMÍA

A mortalidade empresarial leva por diante unha de cada catro empresas creadas na Galiza

Cesaron a súa actividade 23% das sociedades nadas desde 2018.
O portavoz de Sumar no Congreso español, Iñigo Errejón, esta terza feira (Foto: Fernando Sánchez / Europa Press).
Agora

O Congreso inicia o debate sobre unha redución da xornada laboral sen implicar perda de salario

O Pleno do Congreso español debateu esta terza feira unha iniciativa de Sumar para impulsar a redución da xornada laboral sen que implique perda de salario. A proposta pretende fixar un tope na xornada laboral de 38,5 horas semanais en 2024 e chegar ás 37,5 horas en 2025, nunha rebaixa de pretensións para intentar conseguir o apoio do PSOE. Ademais, Traballo propuxo antonte dixitalizar o rexistro de traballo e aumentar o seu control.

Contra a desesperanza

Cadea de montaxe de Stellantis en Vigo. (Foto: Europa Press)
TRABALLO

Até 90 postos de traballo en risco: Stellantis avanza un ERE na súa factoría de Vigo

Fontes sindicais ven "incongruente" que a empresa "siga solicitando axudas públicas, siga realizando contratación e simultaneamente poña un ERE encima da mesa".
Os salarios galegos son moito máis baixos que a media da UE(Foto: Europa Press).
ECONOMÍA

Goberno español e sindicatos acordan, sen a patronal, subir o SMI 5%

As organizacións empresariais CEOE e Cepyme non se sumaron ao acordo alegando que non se atenderon as súas demandas de indexar o SMI aos contratos públicos e de estabelecer bonificacións para o sector do campo.
O período de rebaixas comezou a pasada fin de semana. (Foto: Jesús Hellín / Europa Press)
Agora

As rebaixas de xaneiro de 2024 xerarán 15,3% contratos menos que hai un ano

A campaña de rebaixas de xaneiro e febreiro xerará 6.565 contratos na Galiza, o que supón un 15,3% menos que en 2023, segundo as previsións da empresa multiservizos Randstad. Por circunscricións, A Coruña asinará 2.580 vacantes, un 16,8% menos que un ano antes, mentres que a caída na de Pontevedra será do 16,1%, con 3.020 contratos. Na circunscrición de Lugo, con 550 vacantes, baixará un 10,6% a contratación, mentres que na de Ourense diminuirá un 5,6%, con 415 sinaturas. A baixada na Galiza é superior ao dato estatal, onde se prevé un descenso do 8,5% no número de contratos asinados na campaña de rebaixas de xaneiro. Do total, o comercio agrupará 65% dos contratos, por diante de transporte e loxística, que rexistrará unha baixada do 23,5%.