O Congreso inicia o debate sobre unha redución da xornada laboral sen implicar perda de salario

O Pleno do Congreso español debateu esta terza feira unha iniciativa de Sumar para impulsar a redución da xornada laboral sen que implique perda de salario. A proposta pretende fixar un tope na xornada laboral de 38,5 horas semanais en 2024 e chegar ás 37,5 horas en 2025, nunha rebaixa de pretensións para intentar conseguir o apoio do PSOE. Ademais, Traballo propuxo antonte dixitalizar o rexistro de traballo e aumentar o seu control.
O portavoz de Sumar no Congreso español, Iñigo Errejón, esta terza feira (Foto: Fernando Sánchez / Europa Press).
photo_camera O portavoz de Sumar no Congreso español, Iñigo Errejón, esta terza feira (Foto: Fernando Sánchez / Europa Press).
Comentarios