Siria

Un mozo rebusca entre os cascallos dun edificio derruído na cidade siria de Aleppo. (Foto: Stringer / Xinhua News)
INTERNACIONAL

O terremoto de Siria e Turquía deixa até o momento o triplo de vítimas que o do Xapón en 2011

Só outros catro sismos provocaron máis vítimas mortais no século XXI, en Haití, Indonesia, Paquistán e China, se ben o elevado número de persoas desaparecidas en territorio turco e sirio podería superar algúns deses rexistros.
Cascallos dun edificio derrubado polo terremoto en Alepo, Siria, durante os traballos de busca e rescate de superviventes. (Foto: SANA / DPA)
INTERNACIONAL

Máis de 50.000 edificios con graves danos en Turquía polos sismos

41.000 persoas pereceron nos terremotos.

Baixo o cascallo

Campamento improvisado de refuxiados en Kirikhan, Turquía. (Foto: Boris Roessler / DPA)
INTERNACIONAL

Unicef cifra en sete millóns as crianzas afectadas polo sismo en Siria e Turquía

"Están a durmir nas rúas, centros comerciais, escolas, mesquitas, estacións de autobús e baixo as pontes ou á intemperie por medo a volver á casa", alertan desde a entidade.
Tendas de campaña en Antioquía, Turquía, para acoller as persoas superviventes, o pasado domingo. (Foto: Foto Mustafa Kaya / Xinhua News / Contactophoto)
star
INTERNACIONAL

A fin dos rescates deixa ao descuberto a crise humanitaria en Turquía e Siria

Varias persoas foron rescatadas até 180 horas despois dos terremotos, aínda así, o período entre os anuncios de rescates é cada vez máis grande, polo que a ONU fixo un chamamento a prepararse para afrontar unha masiva crise humanitaria.
Funeral polas vítimas a sexta feira en Gaza, Palestina. (Foto: Ashraf Amra / APA)
INTERNACIONAL

O terremoto en Turquía deixa xa máis de 22.000 persoas falecidas

A OMS denuncia que "o mundo esqueceuse de Siria" tras as críticas sirias e da ONU ao repartimento de axuda humanitaria. Damasco sinalara que nin Washington nin Bruxelas ofreceron axuda, mentres algúns países da UE reducen o envío de axuda humanitaria ao noroeste sirio, controlado pola oposición que lideran grupos terroristas co apoio turco contra o Goberno de al Assad.
Tarefas de rescate en Latakia, Siria (Foto: Stringer / Xinhua News / ContactoPhoto).
INTERNACIONAL

O drama en Turquía e Siria continúa: As mortes polos terremotos ascenden a 22.375

Durante a madrugada, os servizos de emerxencia continuaron rescatando persoas de debaixo dos entullos perto de 100 horas despois dos sismos.
Rescate en Hatay, Turquía. (Foto: Berkcan Zengin / Zuma Press / ContactoPhoto)
INTERNACIONAL

Siria denuncia que os Estados Unidos e a UE non ofreceron axuda despois dos terremotos

Case 21.000 mortes polos efectos dos sismos, recolle a última actualización das autoridades turcas e sirias, mentres, Damasco reporta que os países occidentais non lle ofreceron axuda, canalizando apenas cara á Turquía a asistencia humanitaria.
Centos de edificios foron reducidos a cascallos en Siria e Turquía. (Fotos: Anas Alkharboutli e Anne Pollmann / DPA)
INTERNACIONAL

Máis de 16.000 decesos polos sismos na fronteira turca con Siria

Entrementres aumenta o número de mortes confirmadas polos terremotos, o Goberno de Erdogan en Turquía trata de silenciar as críticas ao Executivo coa vista posta nas eleccións de maio.
Edificios destruídos en Hatay, Turquía, a terza feira. (Foto: Tolga Ildun / ZUMA Press Wire / dpa)
star
INTERNACIONAL

Aumentan a máis de 8.700 as mortes polos terremotos en Turquía e Siria mentres Ancara acumula boa parte da axuda

Malia que os efectos dos sismos que afectaron Turquía e Siria requiren unha asistencia superior nese último país, destruído por máis dunha década de guerra, segundo defende a OMS, a meirande parte da axuda se dirixe só a Ancara, polo que a Cruz Vermella pediu despolitizar a axuda humanitaria.
Cascallos dun edificio derribado polo terremoto de onte en Alepo, Siria, durante os traballos de busca e rescate de superviventes. (Foto: SANA/dpa)
star
INTERNACIONAL

Case 5.000 mortes polos terremotos que afectaron Turquía e Siria

Un terremoto deixa milleiros de vítimas mortais nas rexións fronteirizas de Turquía e Siria, onde viven millóns de refuxiados pola guerra neste último país a ambos os dous lados dos lindes. Varios Estados desprazaron equipos para colaborar no rescate.
Varios edificios quedaron reducidos a escombros no sueste de Turquía, perto da fronteira con Siria. (Foto: Depo Photos / Zuma Press)
INTERNACIONAL

Máis de 1.400 mortos por un terremoto de magnitude 7,8 en Turquía e Siria

As autoridades de ambos os países traballan arreo para localizar e rescatar as persoas sobreviventes.
O territorio do Kurdistán abrange os Estados de Turquía, Irán, Iraq, Siria e un pequeno enclave en Armenia (Foto: Nós Diario).
INTERNACIONAL

O Kurdistán, pendente da invasión turca e da ilegalización do partido HDP

Máis de 6.000 persoas morreron na guerra kurdo-turca desde a volta das hostilidades en 2015, nun conflito que tamén decorre en Siria, Irán e o Iraq. En cada un destes Estados, as forzas kurdas loitan para garantir a súa existencia e por medio da autonomía -en primeira instancia- consolidar o seu territorio común.

Bashar al-Assad. (Foto: Presidencia de Irán / Zuma Press / Contactophoto)
INTERNACIONAL

Siria acusa Turquía de apoiar o Estado Islámico e exíxelle que abandone o país

Forzas kurdas piden a implicación de Rusia e os EUA para evitar as agresións turcas. Entrementres, Damasco contextualiza a campaña militar de Ancara como un apoio aos xihadistas do Estado Islámico.
Edificios destruídos por un ataque turco contra Derik (Kurdistán sirio), a segunda feira. (Foto: YPG)
INTERNACIONAL

Erdogan anuncia un ataque terrestre "tan pronto como sexa posíbel" contra as forzas kurdas no Iraq e Siria

Turquía ratifica unha escalada militar ao facer público que lanzarán un ataque terrestre contra as forzas kurdas en Siria e o Iraq, mentres Rusia e os EUA piden contención tras anos de ocupación turca na rexión. 
Erdogan na cimeira do G20. (Foto: Kay Nietfeld / dpa)
INTERNACIONAL

Turquía e Irán bombardean as forzas kurdas en Siria e Iraq

Ancara avanza o comezo dunha ofensiva terrestre no norte de Siria e o Iraq, tras múltiples bombardeos nos dous países, ao que hai que engadir os ataques de Irán contra o Kurdistán iraquí.
Militar turco observa a través duns prismáticos (Foto: Ministerio de Defensa turco).
INTERNACIONAL

As bombas turcas deixan máis de medio cento de mortes, entre elas as de 11 civís

Turquía desenvolveu este domingo múltiples bombardeos sobre localizacións kurdas en Siria e Iraq que, segundo os últimos reportes, mataron 11 civís.
Avión empregado por Turquía no ataque contra localizacións kurdas en Siria e Iraq (Foto: Ministerio de Defensa turco)
INTERNACIONAL

Turquía lanza múltiples ataques aéreos contra localizacións kurdas no norte de Siria e Iraq

Turquía bombardea localizacións no norte de Siria e Iraq en represalia pola suposta participación de organizacións kurdas no atendado en Istambul do 13 de novembro, unha implicación que estas negan desde o primeiro momento.
Forzas estadounidenses, en xacementos de petróleo sirios (Imaxe: Asia News)
INTERNACIONAL

EUA saquean 66.000 barrís de petróleo ao día en Siria

Membros das tropas estadounidenses levaron este sábado cara ao Iraq un cargamento de 89 camións cisterna de petróleo sirio, que foi extraído dos xacementos da rexión de al-Yazira. Ao día, os EUA espolian uns 66.000 barrís de petróleo en Siria, segundo a Axencia Árabe Siria de Noticias (SANA).

John Kirby, portavoz do Pentágono. (Foto: Lisa Ferdinando / Dod / Planet Pix v / DPA)
INTERNACIONAL

Os EUA recoñecen matanza de civís en Siria após unha denuncia xornalística

Os EUA realizaron unha nova investigación sobre o acontecido nun ataque estadounidense sobre siria que resultou coas mortes de decenas de civís. As consecuencias do ataque foran encubertas polas propias autoridades militares dos EUA.