Siria

Soldados iranianos na contorna da cidade de Isfahán (Foto: Iranian Army Office via ZUMA Press / DPA).
Tensión en Oriente Medio

Medra a tensión en Oriente Medio: acusan Israel de lanzar ataques sobre Irán, Siria e Iraq

Os medios de comunicación iranianos informaron esta sexta feira de cando menos tres explosións perto dunha base militar.
Palestinos reciben os corpos das e dos seus familiares asasinados por Israel en Gaza, a terza feira. (Foto: Naaman Omar / Europa Press / Contacto)
INTERNACIONAL

Achégase unha escalada do conflito? Fontes estadounidenses aseguran que a resposta de Irán contra Israel é inminente

Especúlase cun ataque nas próximas horas.
Os equipos de rescate tratan de atopar superviventes a segunda feira logo do ataque israelí contra o consulado iraniano na capital siria. (Foto: Ammar Safarjalani / Europa Press)
INTERNACIONAL

Irán sopesa a resposta a Israel entre o temor a unha guerra cos Estados Unidos

No medio do xenocidio contra o pobo palestino en Gaza e da fame masiva causada no enclave, o réxime de apartheid sionista intenta forzar unha escalada rexional da agresión militar ao bombardear unha sede diplomática iraniana na capital siria, Damasco.
Vista xeral de Gaza após ataques israelís (Foto: Mohammed Abu Elsebah / dpa).
INTERNACIONAL

Polo menos cinco mortos nun ataque israelí a Damasco que destruíu o Consulado de Irán

O obxectivo serían altos cargos iraníes que se atoparían entre os falecidos.
EuropaPress_5855195_29_march_2024_palestinian_territories_rafah_palestinians_inspect_rubble_of
INTERNACIONAL

Israel asasina 48 persoas en Siria e 71 en Gaza, onde as vítimas mortais ascenden a 32.623

O Estado de Israel continúa súa ofensiva contra a poboación de Palestina, que agora pretende estender a Siria, onde os bombardeos da aviación sionista provocaron 48 mortes.  

Estado do Crocus City Hall na rexión de Moscova tras o atentado terrorista da pasada semana. (Foto: Vlad Karkov / SOPA Images vía ZUMA)
star
INTERNACIONAL

Un ISIS xa debilitado e apenas sen territorios volve pór Europa no punto de mira: que sabemos da organización terrorista?

Malia o ISIS, xa hoxe co seu epicentro en África, reivindicar que estivo detrás do ataque da pasada semana en Rusia —o máis mortífero da organización terrorista no mundo desde 2021-, Moscova acusou a terza feira o Goberno ucraíno de participar tamén no atentado.
Cascallos en Siria tras un ataque aéreo xordano en xaneiro. (Foto: Europa Press / Contacto / Xinhua)
Agora

13 anos de guerra en territorio sirio deixan arredor de 620.000 persoas falecidas

A sexta feira fíxose o 13º aniversario do comezo da guerra en Siria, que enfronta o Goberno de Bashar al Assad con grupos opositores, entre eles organizacións xihadistas, apoiados polos países occidentais. O Observatorio Sirio para os Dereitos Humanos cifra en case 620.000 persoas o número de falecementos, incluíndo 165.000 civís. Dous millóns de persoas resultaron feridas e 13 millóns tiveron que fuxir dos seus fogares.

Campo de persoas desprazadas en Siria a finais de febreiro. (Foto: Juma Mohammad / Europa Press / Contacto)
INTERNACIONAL

A ONU alerta da maior escalada de hostilidades en Siria desde 2020

Case 17 millóns de persoas precisan axuda humanitaria.
Un dos avións usados por EUA e o Reino Unido para atacar posicións hutís (Foto: Sgt Lee Goddard / Royal Air Force / DPA).
INTERNACIONAL

Noite de bombardeos de Estados Unidos en Iraq e Siria

EUA lanzou esta madrugada da sexta feira ao sábado un ataque contra 85 “obxectivos estratéxicos” en Iraq e Siria.

Ebrahim Raisi, líder de Irán. (Foto: Presidencia de Irán / Europa Press / Contacto)
INTERNACIONAL

Irán ataca o Kurdistán iraquí e o noroeste do territorio sirio tras o atentado no cabodano de Soleimani

Catro falecidos polo bombardeo en Erbil.
Soldados israelitas a bordo dun tanque, onte na cidade de Sderot, ao carón da fronteira coa Faixa da Gaza (Foto:  Ilia Yefimovich / DPA).
star
INTERNACIONAL

Siria denuncia que Israel realizou un ataque aéreo aos aeroportos de Damasco e Alepo

Máis de 2.700 persoas morreron xa desde que o pasado sábado estalou o conflito entre Israel e Palestina. Ademais, un total de 338.000 persoas atópanse desprazadas dos seus fogares na Faixa de Gaza, mentres outras miles foron deportadas a Cisxordania.
Columna de fume durante un ataque do Exército de Israel en Xenín, no norte de Cisxordania, o pasado 19 de xuño (Foto: uropa Press / Contacto / Nasser Ishtayeh).
star
Análise

A poboación refuxiada palestina

Carme Al-Rafiq é traballadora en Palestina.
Vista aérea da cidade de Damasco, en Siria (Foto: Rostislav / Adobe Stock).
INTERNACIONAL

Un ataque israelí sobre Damasco deixa catro mortos e outros tantos feridos

Con este ataque, Israel continúa a súa escalada bélica contra países como Palestina ou Siria que xa deixan decenas de mortes no que vai de ano.
Ekrem Imamoglu, alcalde de Istambul, nun mitin antonte para apoiar Kemal Kilicdaroglu, o candidato da oposición. (Foto: Tolga Ildun / Zuma Press Wire / DPA)
star
INTERNACIONAL

A expulsión de millóns de sirias e sirios centra o final da campaña en Turquía

Ao tempo que desaparecía a situación internacional ou económica da campaña electoral turca, o debate acabou por concentrarse na expulsión das persoas refuxiadas de Siria, coas dúas candidaturas focalizadas en obter os votos da extrema dereita.
Soldados do exército de Israel (Foto: Ilia Yefimovich / dpa).
INTERNACIONAL

Siria denuncia un ataque israelí contra o aeroporto de Alepo

Medios locais indicaron tamén que o ataque causou a interrupción dos servizos do Aeroporto Internacional de Alepo.
naa_houthi_supporters_hold_weapons_and_chant_slogans
star
INTERNACIONAL

O acordo Riad-Teherán impulsa as conversas de paz ao longo de Asia Occidental

Arabia Saudita e Omán apuran as negociacións cos hutís, que controlan as zonas máis poboadas do Iemen, para intentar presentar un acordo de paz antes da fin do Ramadán a vindeira semana, mentres, Siria restabelece lazos co resto de países árabes.
O secretario xeral das Nacións Unidas, António Guterres (Foto: Wang Ying / Xinhua News / Contactophoto).
INTERNACIONAL

A ONU denuncia que hai máis de 100.000 persoas desaparecidas en Siria

Segundo o líder da ONU, o pobo sirio "merece unha medida de esperanza para o futuro, merece paz e seguridade, e merecen saber a verdade sobre o destino dos seus seres queridos".
Retirada estadounidense de Afganistán, en agosto de 2021. (Foto: DPA)
INTERNACIONAL

A Cámara estadounidense négase a retirar as tropas de Siria: "A paz mantense mellor pola forza"

A sombra da retirada de Afganistán e posterior volta ao poder dos talibán paira sobre Washington e a maioría dos congresistas, tanto republicanos como demócratas, xustifican a súa presenza nesta rexión "até a derrota total" do Estado Islámico. A presenza militar estadounidense en Siria durante todos estes anos non estivo exenta de polémica.
Case 45.000 persoas morreron só en Turquía polos terremotos deste mes, segundo o último balance achegado polas autoridades de Ankara. (Foto: Abed Alrahman Alkahlout / Zuma Press)
INTERNACIONAL

Un novo sismo sacode Turquía tras deixar o do 6 de febreiro máis de 50.000 mortes

Un terremoto de magnitude 5,6 deixa no mínimo unha vítima mortal e 70 persoas feridas.
Civís evacuados das súas casas en Reyhanli após o novo tremor desta segunda feira. (Foto: Celestino Arce / Zuma Press)
INTERNACIONAL

Un novo sismo de magnitude 6,4 volve sacudir Siria e Turquía

Case 47.000 falecementos polos sismos desde o 6 de febreiro.