rural

Recolhida de olivas em Córdoba (Foto: Europa Press).
star
Análise

O rendimento agrário galego no contexto comunitário

Bernardo Valdês é professor do departamento de Economia Aplicada da USC.
Viñedos da Adega Pagos 
de Brigante, en Betanzos, nas As Mariñas (Foto: Nós Diario).
star
ECONOMÍA

Que solucións hai para atallar os danos da velutina nos viñedos?

O aumento dos danos causados pola fauna preocupan no sector vitivinícola. Alén da cada vez máis frecuente presenza da velutina, a subzona Condado do Tea reporta 15% de perdas polos paxaros e 13% polos xabarís. Investigadoras da UDC detallan diversas solucións para mitigar esta problemática.

Materialismo e intemperie

Marcos Nogueiras ollando cara a súa explotación de raza rubia galega en extensivo na explotación que ten no municipio de Verea, Terra de Celanova (Foto: Nós Diario).
ECONOMÍA

'A esencia da orixe' ou como valorizar a gandaría de calidade: "Sen ela non existe a alta cociña"

Viaxar nunha xornada até o lugar onde se producen os alimentos de calidade é a proposta que ten o GDR A Limia-Arnoia para dignificar a produción agrogandeira. A iniciativa comezou pola parroquia vereerense de Pitelos, na comarca de Terra de Celanova.
Posto de pan de Cea (Foto: Nós Diario).
star
ECONOMÍA

O segredo do éxito do Pan Galego que se suma ao de Cea

A Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Pan Galego e o seu Consello Regulador oficializáronse en 2022, e xunto coa IXP Pan de Cea, mantén a bandeira da tradición neste produto de primeira necesidade. A súa comercialización fóra dos estabelecementos habituais está a reforzar a súa continuidade.
A explotación gandeira de Abel Fernández en Ortigueira (comarca do Ortegal) emprega pasto para alimentar os animais (Foto: Nós Diario).
star
ECONOMÍA

Que rendibilidade económica teñen as gandarías a pasto?

O grupo operativo Carne de vacún a pasto, formado por varias entidades, explotacións e a USC, presenta esta quinta feira en Lugo un informe que proba a rendibilidade económica da aposta polo pastoreo.
A solaina, un bo sequeiro para a colleita de espigas (Cenlle, O Ribeiro). Estas fermosas restras de espigas pódense ver nas zonas da Galiza nas que non hai hórreos.
star
Reportaxes

O millo, na leira e na vida

Das moitas plantas de orixe americana que cruzaron o Atlántico, houbo dúas que se converteron en piares da subsistencia na Galiza. Foron as patacas e o millo que, coa súa produtividade, non só ampliaron as posibilidades de supervivencia da poboación senón que tamén produciron unha transformación dos usos e os costumes e modificaron e diversificaron a evolución dos espazos e as ferramentas agrícolas.
O trigo Caaveiro con catro semanas de vida xa ten un porte de 21 cm. Á dereita, chegando ao final do 
proceso de medre. (Fotos: Da Cunha)
star
ECONOMÍA

Por que o trigo galego en ecolóxico é o máis rendíbel?

O resultado da investigación comparativa realizada pola Universidade de Santiago de Compostela entre a produción trigo galego da variedade Caaveiro en ecolóxico e o mesmo trigo en cultivo convencional mostra a sustentabilidade e un menor requirimento de insumos no caso do primeiro.

Von der Leyen, presidenta da Comisión Europea da UE. (Foto: Christophe Licoppe / European Comm / DPA)
Saúde

A Unión Europea estende dez anos máis o uso do pesticida glifosato, vinculado co cancro

Varios estudos científicos vinculan o uso do pesticida co cancro.
Unha vaca coa súa cría no Deza, comarca onde se detectaron os primeiros casos de EHE. (Foto: María Monteiro)
star
ECONOMÍA

A 'Covid das vacas', unha crecente ameaza para a gandaría galega que causa miles de euros en perdas: "É un calvario"

Son xa 18 as comarcas veterinarias (das 50 totais da Galiza) afectadas por algún foco de Enfermidade Hemorráxica Epizoótica (EHE). En só dúas semanas (do 26 de outubro ao 8 de novembro) apareceron cinco novos focos no país, segundo rexistrou Medio Rural. O sector conta as perdas en milleiros de euros.
BaixaFornos de calcinación de mineral de ferro na Pontenova (Foto: Colectivo Xea).
CULTURA

As cuartas xornadas da Terra de Miranda debaten o momento que vive o medio rural galego

Afondarán nas potencialidades da historia e do patrimonio locais.

As malas castañas

Explotación gandeira de lácteos en Sabadelle, Chantada. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
ECONOMÍA

O leite galego segue a ser, un mes máis, o peor remunerado do Estado: 47 céntimos por litro

A gandaría galega representa case a metade da produción láctea total do Estado, un peso que non se ve correspondido co seu prezo.
Á esquerda, verme en silos de Santiso; á dereita, xemplar do verme 'Mythimna' localizado nun predio en Santiso (Terra de Melide). [Fotos: María Monteiro]
star
ECONOMÍA

Así é o verme 'Mythimna', a nova praga que estraga os prados galegos

Un inverno pasado non moi frío, un verán cálido e húmido, o cambio climático está a producir alteracións na Galiza, sobre todo no agro. É certo, explican expertas e expertos, que os vermes e as eirugas desfolladoras levan toda a vida atacando a vexetación, pero non se recorda unha praga como a deste ano de milleiros de exemplares da chamada Mythimna unipuncta, que invaden prados e mesmo zonas verdes de vilas e grandes cidades de toda Galiza.
Dúas mulleres traballan muxindo as vacas nunha explotación leiteira de Friol, na comarca  de Lugo (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
ECONOMÍA

Unións Agrarias carga contra as lácteas Río e Celta por querer rebaixar a cotización do leite en orixe

O sindicato agrario afirma que o recorte de prezo que reciben as gandarías sería "letal" para as explotacións.
Centos de persoas esta cuarta feira na Feira de Santos, en Monterroso (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
ECONOMÍA

Que autoridades se atreveron a ir á Feira de Santos a Monterroso pese á Borrasca?

A borrasca Ciarán non foi quen de augar unha xornada con tradición desde a Idade Media.
A cooperativa Postoiro, na Limia, comezou a comercializar en 2022 a Cabaza de Samaín, na imaxe (Foto: Nós Diario).
star
ECONOMÍA

Que ten a cabaza que fai que a súa demanda medre imparabelmente 10% cada ano?

Un dos produtos de tempada máis coñecidos da horta galega é a cabaza. Malia a imaxe como produto de consumo animal, varias entidades agrarias apostaron hai oito anos polo seu cultivo aproveitando a difusión de receitas tradicionais e contemporáneas.
Varias vacas pastan na serra do Xistral, en Abadín, na comarca da Terra Chá. (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
ECONOMÍA

A Xunta indemnizará os gandeiros afectados pola 'Covid das vacas'

O PP exclúe as caídas de produción e os abortos dunha proposta defendida polo BNG no Parlamento.
Colleita de mazá sidreira. (Foto: María Monteiro)
star
ECONOMÍA

A mazá sidreira, un novo valor na economía rural que factura perto de 30 millóns ao ano

Desde hai máis dunha década, a Galiza tense consolidado como o territorio de maior produción de mazás para sidra. Asturias e Euskadi, as grandes consumidoras deste produto, mercan aquí a materia prima. Aliás, os novos nichos de mercado que están a xurdir arredor da mazá galega demandan máis produción.
O litro de leite galego pagouse en agosto a apenas 0,476 euros.  Na imaxe, unha explotación gandeira en Sabadelle, Chantada. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
ECONOMÍA

O dilema dos gandeiros galegos: producen 41% do leite do Estado e cobran o prezo máis baixo

Varias organizacións do sector urxen medidas á Xunta para reverter esta situación que prexudica a gandaría galega, un país que perdeu case 100.000 explotacións leiteiras desde a entrada na daquela Comunidade Económica Europea hai case catro décadas.