star
A onomástica nacida da terra
Apelidos: Conclusións, consciencia, conciencia e compromiso
28/out./21
Entre outras conclusións que podemos extraer dos 230 apelidos analizados ao longo desta colección de suplementos é que contamos cun patrimonio onomástico realmente importante, malia que existan formas deturpadas, híbridas ou castelanizadas. Segundo o que se reflicte nas entrevistas que puidemos realizar a diversas persoas de distintos ámbitos (académico, político, social, musical, dramático e da investigación), a maioría restauramos os nosos apelidos ás formas correctas levados por un compromiso co idioma e a terra. Non xorde habitualmente unha colisión afectiva con outros membros da familia, senón que incluso son estimulados por tales actitudes. Texto Héitor Picallo