A onomástica nacida da terra

Gaioso, Galega, Galego, Galegos, Galiñáns, Gasamáns, Godoi, Goiáns e Goiás

Alén dunha manchea de apelidos que serán abordados nestas liñas, trataremos aquí os “máis” galegos de todos: Galega, Galego e Galegos. A forma feminina está na actualidade desaparecida, aínda que fican varias referencias nos documentos antigos. Por outra banda, ademais de facer mención do gaiteiro Raúl Galego queremos lembrar aqueles trobadores do noso país que estiveron ao servizo do duque de Arjona (1388-1430). Segundo Íñigo López de Mendoza, o marqués de Santillana, son os seus nomes: Afonso de Moraña e Xoán de Gaioso. 
Mosteiro da Armenteira, Meis, por onde se estende o apelido Galiñáns. (Foto: Héitor Picallo) #armenteira #meis #apelidos #aonomásticaquenacedaterra #apelidos
photo_camera Mosteiro da Armenteira, Meis, por onde se estende o apelido Galiñáns. (Foto: Héitor Picallo)
Sen dúbida, tal e como se escribe o topónimo Gaioso tamén se debería grafar o apelido . Tres son os lugares que levan tal denominación, localizados en San Martiño do Pino (Cospeito), Santiago da…
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a [email protected].
Comentarios