José Manuel Baltar

O presidente do PP ourensán, Manuel Baltar, con Alfonso Rueda en segundo plano, durante un acto de campaña. (Foto: Agostime / Europa Press)
Agora

Baltar di que será el mesmo quen decida se aspira ou non a presidir o PP de Ourense

O presidente do Partido Popular de Ourense, Manuel Baltar, advertiu esta terza feira que será el mesmo quen anuncie a súa "decisión" de aspirar ou non a seguir á fronte da formación política provincial unha vez convocado o congreso, unha potestade que, lembrou, depende da dirección galega do PP. "O que está claro é que quen debe anunciar se alguén non se presenta é a persoa que decide presentarse ou non", dixo, reservándose esa decisión. De forma paralela, o vicepresidente da Xunta e líder dos populares na Coruña, Diego Calvo, afirmou que Baltar "vai poder presentarse se o estima oportuno" e defendeu que, "a día de hoxe, non" hai conflito interno no PP da Galiza.
Manuel Baltar e Plácido Álvarez. (Foto: Nós Diario)
POLÍTICA

Plácido Álvarez, un dos vicepresidentes de Baltar, repetirá no grupo provincial do PP

A alcaldesa de Bande e outros cinco concelleiros do municipio non acoden á votación

Pereiro de Aguiar, 11/05/23. El presidente del PPdeG, Alfonso Rueda, y el presidente provincial del PP de Ourense, Manuel Baltar, participan en un mitin junto al candidato del PP a la alcaldía de Pereiro de Aguiar, Luis Menor.

Fotos: Agostime
star
POLÍTICA

A elección do presidente da Deputación de Ourense abre unha fenda no PP

O relevo de Manuel Baltar á fronte da Deputación de Ourense abre unha nova fronte no Partido Popular. Mentres a dirección galega do PP traballa por situar un afín á fronte da institución provincial, os rexedores ourensáns apostan por elixir o futuro presidente.

O PP fai Pérez Jácome alcalde de Ourense

O novo Goberno galego esta quinta feira, após a toma de posesión dos novos conselleiros. (Foto: Arxina)
POLÍTICA

Alfonso Rueda espera que Baltar "non opte" a seguir na presidencia do PP de Ourense

O presidente do PP galego avanza que "haberá outros candidatos".
Manuel Cabezas. (Foto: Agostime / Europa Press)
POLÍTICA

Manuel Cabezas pide a PSOE e BNG que o invistan alcalde de Ourense

Propón un Goberno tripartito que estaría liderado polo Partido Popular e no que socialistas e nacionalistas terían dúas tenencias de Alcaldía. Aliás, repartiríanse 14 concellarías: seis para o PP, cinco para o PSOE e tres para o Bloque.
José Manuel Baltar presidindo o pleno da Deputación de Ourense. (Foto: Agostime / Europa Press)
POLÍTICA

A Deputación de Ourense despréndese do apelido Baltar tres décadas despois

Manuel Baltar renunciou á súa acta como edil en Esgos e, por tanto, non optará a seguir presidindo a Deputación, posto que ocupaba desde febreiro de 2012. O seu pai gobernara a institución nos 22 anos anteriores da man do PP.
Manuel Baltar e Jesús Vázquez, nunha reunión durante a alcaldía do segundo en Ourense. (Foto: Concello de Ourense)
POLÍTICA

Medran as voces críticas con Baltar no PP: o ex alcalde Jesús Vázquez considérao "unha traba enorme"

A Vázquez non lle "sorprenden" as últimas polémicas do presidente da Deputación, pois "os escándalos levan aí moito tempo".
O presidente do PP ourensán, Manuel Baltar, con Alfonso Rueda en segundo plano, durante un acto de campaña. (Foto: Agostime / Europa Press)
POLÍTICA

Baltar será o responsábel político do comité de campaña do PP en Ourense de cara ás eleccións estatais

Presidido por Baltar, o comité executivo reuniuse para nomear os 25 membros do comité de campaña que se encargará da organización dos actos que se desenvolverán na circunscrición de Ourense no marco das eleccións do próximo 23 de xullo.
Marta Fernández-Tapias, Alfonso Rueda e Luís López no acto de fechamento de campaña das eleccións locais en Vigo. (Foto: Nós Diario)
POLÍTICA

A vitoria do PP na Deputación deriva nun conflito no partido en Pontevedra

López toma vantaxe fronte a Fernández-Tapias como candidato á Presidencia da institución.
O presidente do PP ourensán, Manuel Baltar, con Alfonso Rueda en segundo plano, durante un acto de campaña. (Foto: Agostime / Europa Press)
POLÍTICA

Rueda e Prado evitan pronunciarse sobre o futuro de Baltar e a Deputación de Ourense

A secretaria xeral do PPdeG pospón a decisión do partido sobre a continuidade ou non do actual presidente do ente provincial até que se conformen os gobernos nos concellos.
Baltar, Rueda e Cabezas esta terza feira en Ourense (Foto: PP).
POLÍTICA

José Manuel Baltar perde forza na batalla para gobernar a Deputación de Ourense

Alfonso Rueda négase a avalar a candidatura á presidencia do barón ourensán.
O presidente do PP ourensán, Manuel Baltar, con Alfonso Rueda en segundo plano, durante un acto de campaña. (Foto: Agostime / Europa Press)
SOCIAL

O xuízo contra Baltar aprázase máis unha vez

Polo momento non se sinalou ningunha outra nova data para un xuízo que se fixou para este día despois de que Baltar non mostrase conformidade coa pena solicitada para el tras ser capturado por un radar a 215 km/h na autovía A-52 o pasado 23 de abril.

O cinismo de Núñez Feixoo

Inés Rei e José Manuel Laxe, esta sexta feira, na Coruña. (Foto: Nós Diario)
28-M

O PSOE eríxese en "garante da xustiza social" fronte a un PP que fica "de perfil" ante a "podremia" de Ourense

José Manuel Laxe e Inés Rei piden desde A Coruña o voto para as candidaturas socialistas.
Autovía A-52 ao seu paso por Oroso, na Cañiza, onde foron multadas a muller e a filla do chofer de Baltar. (Foto: Google Maps)
POLÍTICA

O "caso Baltar" continúa: A muller e a filla do chofer de Baltar foron multadas conducindo un coche oficial da Deputación

Segundo informou a Cadena Ser, saíron á luz outras tres multas por exceso de velocidade dun dos vehículos que ten asignados ao seu servizo Manuel Baltar.
Alfonso Rueda, Lino González e Manuel Baltar. (Foto: Nós Diario)
28-M

Alfonso Rueda e Manuel Baltar volven compartir campaña unha xornada máis

"Non te coñecía, pero, como diría Feixoo, 'aquí hai un home interesante'", trasladou Alfonso Rueda, en referencia ao candidato popular desta vila, Lino González.
Feixoo e Xácome nunha imaxe de arquivo (Foto: Europa Press).
POLÍTICA

Feixoo coñecía as ilegalidades de Xácome desde 2020 mais non alertou delas para non perder a Deputación

O diario 'Público' vén de dar unha exclusiva en que aseguran que o ex presidente da Xunta da Galiza, Alberto Núñez Feixoo era coñecedor desde 2020 das irregularidades de Gonzalo Pérez Xácome á fronte da Alcaldía de Ourense mais que non alertou delas para non perder a Deputación de Ourense, controlada polo PP.
Manuel Baltar
Agora

PSdeG e BNG volven exixir a "inmediata dimisión" de Baltar após coñecerse unha segunda multa

O PSdeG e o BNG volveron exixir esta segunda feira "a inmediata dimisión" do presidente da Deputación de Ourense e líder do PP neste territorio, Manuel Baltar, após coñecerse que o mesmo día en que foi interceptado en Zamora a 215 quilómetros por hora ao volante do coche oficial, o vehículo fora tamén multado por circular a 173 km/h pola mesma estrada (a autovía A-52) e aquel mesmo día, á altura de Allariz. O pasado día 11 de maio, o propio Baltar declaraba no xuízo rápido polo primeiro incidente despois de ter que aprazarse en até dúas ocasións. Finalmente declarou de maneira telemática ante a titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Poboa de Seabra.
Manuel Baltar, presidente da deputación ourensá (Foto: Deputación de Ourense)
POLÍTICA

Baltar recibe unha segunda multa por exceso de velocidade na mesma viaxe en que foi 'cazado' a 215 km/h

Segundo informou na mañá desta segunda feira a 'Cadena Ser', Baltar foi multado unha segunda vez no mesmo traxecto cando ás 17:44 horas do 23 de abril na A-52, á altura de Allariz, o presidente do PP ourensán foi detectado por un radar conducindo a 173 quilómetros por hora nun tramo limitado a 120.