Baltar di que será el mesmo quen decida se aspira ou non a presidir o PP de Ourense

O presidente do Partido Popular de Ourense, Manuel Baltar, advertiu esta terza feira que será el mesmo quen anuncie a súa "decisión" de aspirar ou non a seguir á fronte da formación política provincial unha vez convocado o congreso, unha potestade que, lembrou, depende da dirección galega do PP. "O que está claro é que quen debe anunciar se alguén non se presenta é a persoa que decide presentarse ou non", dixo, reservándose esa decisión. De forma paralela, o vicepresidente da Xunta e líder dos populares na Coruña, Diego Calvo, afirmou que Baltar "vai poder presentarse se o estima oportuno" e defendeu que, "a día de hoxe, non" hai conflito interno no PP da Galiza.
O presidente do PP ourensán, Manuel Baltar, con Alfonso Rueda en segundo plano, durante un acto de campaña. (Foto: Agostime / Europa Press)
photo_camera O presidente do PP ourensán, Manuel Baltar, con Alfonso Rueda en segundo plano, durante un acto de campaña. (Foto: Agostime / Europa Press)
Comentarios