Fernando Vidal: “A guerrilla contaba con enlaces en case todas as parroquias da Costa da Morte”
Fernando Vidal Collazo (Corme,1968) tense achegado nos seus traballos a diversos aspectos do proceso represivo e da resistencia ao franquismo na Costa da Morte. Nese sentido, ten publicado varios traballos sobre a guerrilla na zona e nesta quinta feira volve o sobre o tema en Nós Diario
Gómez Gayoso e Antonio Seoane: A alma da resistencia en Galicia
Lupe Martínez, investigadora: “Nunca a guerrilla golpeou tanto como durante o liderado de Gayoso e Seoane”
Lupe Martínez (A Coruña,1979) e licencia de Socioloxía e funcionaria da administración xeral do Estado. Investigadora cunha abondoso bibliografía sobre a guerrilla e autora do volume Coa man armada, sobre a IV Agrupación do Exercito Guerrilleiro da Galiza. A cuarta feira escribe en Nós Diario sobre José Gayoso e Antonio Seoane.
Médicos e guerrilla: Os sanitarios nas redes de apoio á resistencia antifranquista
David Simón: “Máis de 250 médicos galegos foron represaliados polo franquismo”
David Simón-Lorda (Zaragoza, 1963) e doutor en Medicina pola Universidade de Santiago e exerce como psiquiatra en Ourense. Membro da directiva da asociación “Amigos da República” e autor dunha extensa bibliografía sobre a historia da medicina e da represión dos sanitarios polo ditadura. Neste terza feira en Nós Diario publica un traballado sobre a colaboración dos sanitarios coa guerrilla antifranquista.
As primeiras partidas
Abelardo Macías Fernández “O Lebre”
"¡Viva la unidad antifranquista!"
Partido Comunista e guerrilla antifranquista galega (e II)
Mesmo na noite mais triste
em tempo de servidão,
há sempre alguém que resiste
há sempre alguém que di nâo.
Manuel Alegre
As autoridades franquistas responderon con enerxía ao ascenso de accións armadas apreciábel desde 1946. O brutal “Decreto-Ley sobre represión de los delitos de bandidaje y terrorismo”, de abril de 1947, permitía ás forzas policiais utilizar calquera método para combater o antifranquismo. Mellorada a conexión entre o Servizo de Información da Garda Civil (SIGC), popularmente coñecida como a “brigadilla”, e a Brigada Político-Social (BPS) da policía, medrou a infiltración, compra de vontades, sancións económicas, desterros, controis, cárcere, contrapartidas, violacións, torturas, “lei de fugas”, asasinatos.
Partido Comunista e guerrilla antifranquista galega (I)
A Francisco Martínez Leira “Pancho” e Camilo de Dios Fernández, “in memoriam”.
Sempre volvemos renacer
sempre xurdimos outra vez
tras mil derrotas.
(Xosé Luís Rivas, Mini).
Por decretos de setembro de 1936 e xaneiro de 1937, os sublevados ilegalizaron partidos políticos, sindicatos e sociedades que “por acción u omisión” tiveran relación coa Fronte Popular, impondo no seu lugar un réxime totalitario de partido e sindicato únicos. Nesas circunstancias represivas (asasinato, execución, cárcere, depuración, sanción, apartamento, exilio) que afectaron a dirixentes, afiliados e simpatizantes das entidades proscritas, só puideron sobrevivir organizacións afeitas á clandestinidade, compactas e con militantes moi disciplinados. Na “dinámica de represión-reconstrución-represión-reconstrución” (Santidrián, 2002) rexurdía unha e outra vez o Partido Comunista, único sostén político da guerrilla e único real adversario interior do réxime franquista.
Bernardo Máiz, historiador: “A primeira oposición real ao franquismo na Galiza foi a guerrilla”
"Curuxás": Unha lenda viva da memoria combatente antifranquista
Carlos Parrado, investigador: "Curuxás” considerábase un lobo de sorte"
O guerrilleiro Daniel Calvo Domínguez, 'O Barbeiro': Na sombra do épico
Blanca e Julian Campos, investigadores: “A memoria colectiva de Langullo conserva a lembranza sensíbel de Daniel Calvo”
Os desterros: outra forma de represión da guerrilla antifranquista
“A Garda Civil díxonos que nos presentáramos en Ordes. Metéronnos nun camión e chegamos a Soria. Eu traballei nunha casa de comidas, outros na terra, de sol a sol”. María Penedo Villaverde, desterrada
Entre 1945 e 1949, mentres que os guerrilleiros antifranquistas da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro se batían a morte contra as forzas represivas da ditadura, as autoridades decidiron aplicar un mecanismo represor sobre as familias dos combatentes: o desterro forzoso a terras castelás. O obxectivo do réxime era duplo: por un lado, culpar e castigar os guerrilleiros co sufrimento das súas familias e, por outro, privalos da posíbel axuda dos seus.