'As guerrillas galegas ao descuberto'

"Curuxás": Unha lenda viva da memoria combatente antifranquista

O 1 de agosto de 1905, nace en Vilouriz (Toques) Ramón Rodríguez Varela, fillo de labregos sen terras que, desde 1916, foron caseiros na Torre de Pambre (Palas de Rei). No 1920, a familia trasládase á aldea de "Curuxás" e de aí o alcume que o acompañará toda a súa vida. En 1928, Ramón casa en Vilareda con Marcelina Costa Castro. Home habilidoso traballa no que lle aparece, de albanel, como xornaleiro, de encofrador. Naquel tempo, vai co seu amigo Arturo Vázquez até A Sionlla para traballar na vía férrea Zamora-Ourense-Santiago e despois marcha a Asturias a traballar no encoro de Doiras (Boal). Ao cabo, en 1934, Ramón consigue emprego nas San Fins Tin Mines Limited, que comercializa wolframio, estaño e molibdeno na súa mina de Lousame.
Curuxás
photo_camera Cadáver de Ramón Rodríguez Varela "Curuxás". (Foto: Arquivo Carlos Parrado)
Daquela, afiliase ao "Sindicato Minero y de Oficios Varios" (CNT) . O historiador noiés Xerardo Agrafoxo, salienta que San Fins converterase no principal punto conflitivo de toda a bisbarra. Alí,…
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a [email protected].
Comentarios