Partido Comunista e guerrilla antifranquista galega (I)

A Francisco Martínez Leira “Pancho” e Camilo de Dios Fernández, “in memoriam”. 
                    
Sempre volvemos renacer
sempre xurdimos outra vez
tras mil derrotas.
(Xosé Luís Rivas, Mini).

Por decretos de setembro de 1936 e xaneiro de 1937, os sublevados ilegalizaron partidos políticos, sindicatos e sociedades que “por acción u omisión” tiveran relación coa Fronte Popular, impondo no seu lugar un réxime totalitario de partido e sindicato únicos. Nesas circunstancias represivas (asasinato, execución, cárcere, depuración, sanción, apartamento, exilio) que afectaron a dirixentes, afiliados e simpatizantes das entidades proscritas, só puideron sobrevivir organizacións afeitas á clandestinidade, compactas e con militantes moi disciplinados. Na “dinámica de represión-reconstrución-represión-reconstrución” (Santidrián, 2002) rexurdía unha e outra vez o Partido Comunista, único sostén político da guerrilla e único real adversario interior do réxime franquista. 

Folla voandeira do comité da Galiza do Partido Comunista espallada entre 1947 e 1948. (Foto: Arquivo Bernardo Máiz)
photo_camera Folla voandeira do comité da Galiza do Partido Comunista espallada entre 1947 e 1948. (Foto: Arquivo Bernardo Máiz)
“As organizacións políticas, e especialmente o PC, non crearon a guerrilla, senón que transformaron aos homes que estaban no monte”.  (H. Heine, 1980). Centos de persoas sobrevivirán á…
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a [email protected].
Máis en MEMORIA E HISTORIA
Comentarios