As guerrillas galegas ao descuberto

Grupo de guerrilleiros nas Fragas do Eume, algúns deles fuxidos desde o golpe militar.  De abaixo a arriba e de esquerda a dereita: Paco da Casanova, Ramiro Martínez López ‘Zapateiro’, Juan de Limodre, Vicente Peña Tarrasa, Jesús López Ardao ‘O de Someiro’, Jesús Iglesias ‘Caudillo’, Manuel Piñeiro Antón ‘Manolo do Menor’ e Juan Martínez. (Foto: Arquivo particular)
star
A primeira guerrilla antifranquista galega (1936-1940)

Un esforzo malogrado

Antes da aparición das grandes organizacións aglutinadoras da resistencia guerrilleira, como a Federación de Guerrillas de León-Galicia (1942) e o Ejército Guerrillero de Galicia (1946), existiu no país unha longa historia de resistencia armada entre os anos 1936 e 1940. Ao tempo que se libraba a guerra civil, grupos de fuxidos que sobreviviron mercé ao apoio popular deron tamén a batalla na retagarda franquista, e constituíron a base sobre a que posteriormente apareceron as organizacións guerrilleiras. 
'As guerrillas galegas ao descuberto'

Dionisio Pereira: "A guerrilla galega foi un modelo de resistencia popular"

Dionísio Pereira (A Coruña, 1953) é unha referencia obrigada da historiografía galega. Autor de traballos imprescindíbeis sobre os movementos sociais, a represión franquista e a resistencia na Galiza contemporánea, o 3 de novembro achega en parcería con Eliseo Fernández nas páxinas de Nós Diario, unha investigación sobre a primeira guerrilla antifranquista
Paula Godinho
'As guerrillas galegas ao descuberto'

Paula Godinho, investigadora: "A repressão contra a povoação de Cambedo foi tremenda"

Paula Godinho (Lisboa,1960) é antropóloga, investigadora no Instituto de História Contemporânea e professora associada com agregação no departamento de Antropologia da Faculdade de Ciências Sociais e Humanas da Universidade Nova de Lisboa. A quinta feira aproximasse no coleccionábel de Nós Diario  á “batalha de Cambedo” de 1946.
Francisco Martínez ‘Quico’ fotografado nunha ficha elaborada pola Garda Civil sobre os guerrilleiros do grupo de Girón. (Foto: Arquivo Antón Grande)
star
Un movemento plural

A guerrilla de León-Galiza

A miña experiencia como enlace da Federación de Guerrillas de León-Galiza de 1942 a 1946 e como combatente na II Agrupación do Exército Guerrilleiro da Galiza de 1947 a 1951, permitiume compartir un movemento de resistencia cuxa singularidade quero pór aquí de destaque. Pretendo subliñar o pluralismo que existiu nese movemento, desde 1936 até a década dos anos 50. E lembrar unha cultura de loita popular baseada en redes sociais de solidariedade, moi distinta da cultura de aparello político-militar que quixo impor a dirección do Partido Comunista de España (PCE) a partir de 1944. 
Francisco Martínez, “Quico”. (Foto: Xosé Luis Fernández Rivera) #quico #guerrilla #coleccionábel #resistencia #franquismo
MEMORIA E HISTORIA

Francisco Martínez: “O movemento guerrilleiro permitiu manter viva a mobilización antifascista”

Eliseo Fernández, historiador e coordinador do coleccionábel 'As guerrillas galegas ao descuberto'. (Foto: Nós Diario)
Eliseo Fernández é historiador e investigador

Eliseo Fernández: "A resistencia da guerrilla na Galiza foi excepcional"

Eliseo Fernández é un dos investigadores de referencia para todo o referido á memoria democrática galega. Autor de abondosos traballos sobre o movemento obreiro na Galiza anterior a 1936 e de múltiples estudos sobre a represión e a resistencia ao franquismo na Galiza. Agora volve como coordinador de As guerrillas galegas ao descuberto, un coleccionábel de Nós Diario sobre a guerrilla que arranca o 2 de novembro.
Arcadio Ríos, Cesar Ríos, Victorino Nieto e Silverio Yebra en 1944 ás beiras do río Sil. (Foto: Nós Diario)
‘Nos Diario’ publicará nos meses de novembro e decembro un coleccionábel sobre a guerrilla

A loita da guerrilla galega ao descuberto

O vindeiro dous de novembro sae á rúa un novo coleccionábel en Nós Diario. Trátase dunha achega á guerrilla galega e á súa loita contra o franquismo durante preto de dúas décadas. Os traballos son da autoría de 30 investigadores e o primeiro número está asinado por Francisco Martínez “Quico”, o único militante vivo das guerrillas galegas.