deportes

palestina flafg
Agora

Prohibida a simboloxía palestina no Breogán-Hapoel Holon da ‘Champions’

O Río Breogán compartiu nas súas redes sociais un comunicado onde se informa da prohibición de entrar ao Pazo Provincial dos Deportes de Lugo con bandeiras ou simboloxía relacionadas co conflito entre Palestina e Israel, durante o partido entre a equipa galega e o Hapoel Holon israeli que terá lugar hoxe, cuarta feira, en Lugo dentro da Basketball Champions League (BCL.  "Apços as conversas previas mantidas coas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e a propia competición, prohíbese a introdución e, polo tanto, a exhibición na instalación de pancartas, bandeiras, símbolos ou outros acenos susceptibles de alterar a orde pública con base na situación de conflito internacional actual", sinala o comunicado A decisión enmárcase no Real Decreto 203/2010 polo que se aproba o Regulamento de prevención da violencia, o racismo, a xenofobia e a intolerancia no deporte. A plataforma ‘Lugo por Palestina’ lamenta a presenza en competicións internacionais de equipas israelís.

Os premios entregáronse en marzo do presente ano 2023. (Foto: Deputación da Coruña).
DEPORTES

Volven os Premios do Deporte da Deputación da Coruña

A segunda edición dos galardóns será en 2024.
Dacal despois de conseguir o récord estatal (Foto: Nós Diario).
star
DEPORTES

A xavelina de Gustavo Dacal renace en Pontevedra e soña con medallas

En poucos meses, o atleta pontecaldelán Gustavo Dacal, dez veces campión de España en xavelina, conseguiu estar en forma e lograr mellorar o rexistro estatal na modalidade paralímpica. Non poderá estar en París 2024 mais pensa competir a nivel internacional contando coa quinta mellor marca.
O seareiro a proferir insultos machistas contra a árbitra galega, Paula Lema (Foto: @anaislopez23).
DEPORTES

VÍDEO | Insultos machistas a unha árbitra de baloncesto galega: "Puta, vai limpar!"

Nun encontro que enfrontaba ao Bembibre contra o Spar Girona no Bierzo, un espectador comezou a proferir insultos machistas de cara á árbitra. “Puta! Vai limpar!” podía escoitarse por parte do espectador que, ademais, mostraba unha actitude intimidante de cara á colexiada.
Estatua de George Best, Dennis Law e Bobby Charlton, nos arredores do estadio do Manchester United (Foto: AFP7 / Europa Press).
DEPORTES

Morre o magnífico centrocampista inglés Bobby Charlton aos 86 anos

Con George Best e Dennis Law, Bobby Charlton conformaba a Santísima Trindade do Marchester United.
O FC Maia, un dos equipos que xogará o encontro (Foto: Maisfutebol.pt).
DEPORTES

Tres árbitros galegos dirixirán un partido da Divisão Elite de Portugal, algo "sen precedentes no fútbol mundial"

Os elixidos serán Adán Rodríguez Delgado, como árbitro principal; e Óscar Lista Rivera e Adrián González Rey, como asistentes. O trío arbitral galego será o encargado de dirixir este domingo o encontro entre o FC Maia Lidador e o Vila FC, correspondente a División Elite do Porto e que terá lugar no Estadio Municipal Vieira de Carvalho, a partir das 15.30 horas.
O alcalde de Pontevedra, coa aolímpica Sofía Toro e outros representantes do Clúster. (Foto: Concello de Pontevedra).
DEPORTES

O Concello de Pontevedra apoiará o 'Plan Dous Millóns' do Clúster do Deporte

A meta é que en 2030 fagan deporte 750.000 persoas máis que hoxe.
Adestramento en Abegondo (Foto: RC Deportivo).
star
DEPORTES

Chega o Dépor-Celta Fortuna nunha xornada crucial para os equipos galegos

Os resultados comezan a pesar nos equipos galegos. Celta, Dépor e Racing xogarán esta fin de semana nos seus respectivos feudos mentres Arenteiro, Lugo e Celta Fortuna exercerán de visitantes.  
Roberto López no Manaslu, de 8.163 metros (Foto R.L.).
star
DEPORTES

A Galiza volve coroar o oitavo cumio do mundo

O montañista lugués, afincado en Vigo, Roberto López coroou esta semana no Nepal o Manaslu (8.163 metros), un dos picos máis altos do planeta. Sen contar con patrocinios, e coa axuda do Club Xistra, regresou ao cumio que inaugurou as expedicións máis importantes ao Himalaia a nivel galego e estatal. Ademais, a aventura tivo a súa cara social coa achega de diñeiro e material para a poboación. 
Irene Ferreras, adestradora do Dépor, participará no acto. (Foto: RCD/Susi García).
Fútbol

Irene Ferreras viaxa a Logroño cun Dépor moi ambicioso: "Estou aquí para conseguir o ascenso"

A adestradora do Dépor feminino, Irene Ferreras, afronta con optimismo mais con cautela a cita deste domingo na visita que o seu equipo realizará á Rioxa. En conversa con 'Nós Diario', repasa a traxectoria do conxunto branquiazul e a situación do fútbol feminino.
A saída da edición do ano pasado da Biaxada Internacional do río Umia organizada polo Club Náutico O Muíño (Foto: Concello de Ribadumia).
DEPORTES

O piragüismo volve ao río Umia este sábado coa súa Baixada Internacional

O Club Náutico O Muíño de Ribadumia, no Salnés, ten todo preparado para que este sábado as embarcacións ocupen o río Umia nunha nova edición da Baixada Internacional. Como novidade, un novo percorrido obrigado pola Xunta da Galiza.
Carlos Moldes chegando á meta despois de percorrer 11 quilómetros (Foto: Christian Stadler).
star
DEPORTES

A Copa Galega de Sup Race decidirase este sábado en augas de Sanxenxo

O 30 de setembro decorrerá en augas da ría de Pontevedra a quinta e última proba do calendario galego de paddle surf. A competición fechará a clasificación final desta tempada en todas as categorías. Desde a organización non descartan algúns cambios cara á seguinte.
Equipo feminino de veteranas Golden Cup Santiago que participou na homenaxe á xogadora Mercè Morros o pasado 22 de abril (Foto: Nós Diario).
DEPORTES

A Galiza contará cunha innovadora liga feminina de baloncesto para veteranas

O baloncesto feminino galego iniciará este outono unha nova aventura. En novembro nacerá a primeira liga de veteranas deste deporte que procurará dar continuidade ás arelas de xogadoras que pasaron polos grandes equipos do país ademais de dar oportunidade a outras que queren competir.
Iago Aspas nunha xogada en Balaídos a semana pasada (Foto: RC Celta).
Previa do fútbol

O Celta busca sumar puntos ante o Barcelona e deixar atrás o mal inicio de tempada

A Liga volve outra xornada máis e para esta fin de semana as olladas centraranse no difícil compromiso dos homes de Rafa Benítez. Ademais, Racing e Dépor xogarán na casa, Lugo en Donostia e Celta Fortuna e Arenteiro protagonizarán o derbi da fin de semana.
Recepción das subcampioas do mundo por parte do Executivo do País Valencià.
INTERNACIONAL

Polémica pola recepción do presidente valenciano das subcampioas do mundo de ximnasia rítmica

A imaxe oficial do evento fíxose viral nas redes sociais.
271276316_4835535433171938_8337848632047405284_n
Máis

Para voar sobre as árbores

Os ecoparques como alternativa de ocio

Deporte feminino

O vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, e o podio masculino da proba (Foto: Deputación de Lugo).
DEPORTES

O Ancares Cycling Marathon reuniu máis de medio millar de ciclistas

A cita, dividida en tres roteiros, contou con grandes nomes como Claudio Chiappucci, Carlos Canal ou Javi Gómez Noya. David Mayo, en categoría masculina, e Tuxa Fernández-Coronado, na feminina, quedaron en primeiro lugar na clasificación.

"Homenaxe" a Álex Bergantiños dos seus compañeiros de equipo o día da súa despedida (Foto: RC Deportivo).
DEPORTES

O Dépor homenaxéase no Teresa Herrera

Á presenza de Mauro Silva e Bebeto, ademais da despedida de Álex Bergantiños, sumouse a vitoria do Dépor, diante do Red Bull Bragantino brasileiro por 4-0, e do Deportivo Abanca, ao Deportivo Alavés Gloriosas, por 2-0.

O circuíto de 'Pump Track' da Caniza (Foto: Nós Diario).
DEPORTES

A I Copa Galiza de 'Pump Track' de ciclismo estrearase na Caniza

A competición reforza as modalidades 'gravity'.