Tres árbitros galegos dirixirán un partido da Divisão Elite de Portugal, algo "sen precedentes no fútbol mundial"

Os elixidos serán Adán Rodríguez Delgado, como árbitro principal; e Óscar Lista Rivera e Adrián González Rey, como asistentes. O trío arbitral galego será o encargado de dirixir este domingo o encontro entre o FC Maia Lidador e o Vila FC, correspondente a División Elite do Porto e que terá lugar no Estadio Municipal Vieira de Carvalho, a partir das 15.30 horas.
O FC Maia, un dos equipos que xogará o encontro (Foto: Maisfutebol.pt).
photo_camera O FC Maia, un dos equipos que xogará o encontro (Foto: Maisfutebol.pt).

Un trío arbitral galego será o encargado de arbitrar o duelo deste domingo entre o FC Maia Lidador e o Vila FC, correspondente a División Elite do distrito do Porto, tras un acordo de intercambio de colexiados entre a Real Federación Galega de Fútbol e a Asociación de Fútbol do Porto "histórico" e "sen precedentes no fútbol mundial".

"A Real Federación Galega de Fútbol e a Asociación de Fútbol do Porto, aproveitando a celebración esta cuarta feira do Día Internacional do Árbitro de Fútbol, farán realidade esta fin de semana un acordo sen precedentes no fútbol mundial. Tres árbitros galegos serán os encargados de inaugurar o proxecto de intercambio de árbitros e árbitros asistentes entre Galiza e Porto", avanzou a entidade nun comunicado.

Os elixidos serán Adán Rodríguez Delgado, como árbitro principal; e Óscar Lista Rivera e Adrián González Rey, como asistentes. O trío arbitral galego será o encargado de dirixir este domingo o encontro entre o FC Maia Lidador e o Vila FC, correspondente a División Elite do Porto e que terá lugar no Estadio Municipal Vieira de Carvalho, a partir das 15.30 horas.

Por esta nova alianza entre ambas as entidades, nos próximos días, un trío de árbitros pertencentes á Asociación de Fútbol do Porto desprazarase até a Galiza para impartir xustiza nun partido da liga Preferente.

"Incrementar capacidades"

Unha iniciativa que, ademais do intercambio de árbitros, permitirá "incrementar capacidades impulsando novas experiencias e a formación continua destes profesionais para alcanzar a excelencia", segundo o comunicado.

Os equipos arbitrais deste proxecto de intercambio serán masculinos e femininos e, nunha primeira fase, participarán nela ao redor de 70 equipos arbitrais -un total de 200 árbitros, asistentes e cuartos árbitros-.

No caso da Galiza, os colexiados portugueses viaxarán para dirixir partidos de Preferente Galega e de Primeira División Galega Feminina Liga Arzúa-Ulloa, mentres que os árbitros galegos dirixirán os partidos das dúas series de División Elite do Porto.

Máis en DEPORTES
Comentarios