Prohibida a simboloxía palestina no Breogán-Hapoel Holon da ‘Champions’

O Río Breogán compartiu nas súas redes sociais un comunicado onde se informa da prohibición de entrar ao Pazo Provincial dos Deportes de Lugo con bandeiras ou simboloxía relacionadas co conflito entre Palestina e Israel, durante o partido entre a equipa galega e o Hapoel Holon israeli que terá lugar hoxe, cuarta feira, en Lugo dentro da Basketball Champions League (BCL.  "Apços as conversas previas mantidas coas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e a propia competición, prohíbese a introdución e, polo tanto, a exhibición na instalación de pancartas, bandeiras, símbolos ou outros acenos susceptibles de alterar a orde pública con base na situación de conflito internacional actual", sinala o comunicado A decisión enmárcase no Real Decreto 203/2010 polo que se aproba o Regulamento de prevención da violencia, o racismo, a xenofobia e a intolerancia no deporte. A plataforma ‘Lugo por Palestina’ lamenta a presenza en competicións internacionais de equipas israelís.

palestina flafg
photo_camera Bandeiras palestinas nun estadio (Foto: E.P.)
Comentarios