A fenda de xénero no deporte, a debate na Coruña
Ecoloxistas en Acción leva o secretario xeral para o Deporte ante a Fiscalía por denegar o acceso a información pública
‘Ventura’ e González logran o triunfo no Rallysprint de Piñor
Dá comezo o prazo para solicitar e descargar o Bono Deporte
O prazo para que as familias con crianzas de 6 a 16 anos con licenza federada ou do Programa Xogade poidan descargar o Bono Deporte abre esta segunda feira. As solicitudes poderán realizarse até o 29 de febreiro e os bonos descargados poderán empregarse ata o 1 de xullo. Segundo explicou a Xunta da Galiza, trátase dun sistema que funciona a través dunha aplicación móbil. Cada beneficiario disporá como máximo dun único bono por menor que se poderá descontar mostrando un código QR no momento do pagamento nos estabelecementos comerciais e entidades deportivas ou prestadoras de servizos adheridos á iniciativa que estarán identificados ademais cun distintivo da campaña.
A Galiza alcanza un número récord de Deportistas de Alto Nivel
A espeleoloxía, o deporte que xa cartografou perto de 740 cavidades na Galiza
O rexurdir do xogo dos bolos ou birlos celtas
O Congreso acepta tramitar a lei que eliminaría a obrigatoriedade de xogar coa selección española
A PREVIA | Cita chave para o Celta na estrea de Marián Mouriño na Presidencia
"Sudaca de merda!": O arxentino do Liceo Fran Torres vive un ataque racista en Catalunya
O deporte une forzas conta a violencia machista polo 25-N
O Concello de Carballo e Gadisa, distinguidos nos Premios de Agaxede
Javier Tebas presenta a súa dimisión como presidente de LaLiga e convoca eleccións
Javier Tebas, presidente de LaLiga, presentou a súa dimisión como máximo dirixente da competición para adiantar o proceso electoral previsto para o vindeiro ano 2024. Trátase dun movemento estratéxico destinado a que, antes de que conclúa o ano, se nomee o novo presidente da institución. Tebas presentarase para optar a un cuarto mandato á fronte da patronal dos clubs tras ser nomeado en decembro de 2019 sen necesidade de Asemblea Xeral Extraordinaria, porque non houbo oposición.
Prohibida a simboloxía palestina no Breogán-Hapoel Holon da ‘Champions’
O Río Breogán compartiu nas súas redes sociais un comunicado onde se informa da prohibición de entrar ao Pazo Provincial dos Deportes de Lugo con bandeiras ou simboloxía relacionadas co conflito entre Palestina e Israel, durante o partido entre a equipa galega e o Hapoel Holon israeli que terá lugar hoxe, cuarta feira, en Lugo dentro da Basketball Champions League (BCL. "Apços as conversas previas mantidas coas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e a propia competición, prohíbese a introdución e, polo tanto, a exhibición na instalación de pancartas, bandeiras, símbolos ou outros acenos susceptibles de alterar a orde pública con base na situación de conflito internacional actual", sinala o comunicado A decisión enmárcase no Real Decreto 203/2010 polo que se aproba o Regulamento de prevención da violencia, o racismo, a xenofobia e a intolerancia no deporte. A plataforma ‘Lugo por Palestina’ lamenta a presenza en competicións internacionais de equipas israelís.