Máis

Para voar sobre as árbores

Os ecoparques como alternativa de ocio
271276316_4835535433171938_8337848632047405284_n
photo_camera A actividade estrela do Parque da Pena (en Trás-os-Montes, no norte de Portugal) leva a sobrevoar máis de 1,5 km de bosque. (Foto: Pena Aventura)

Na procura de actividades de lecer coas que conectar coa natureza e manter unha vida activa nace a proposta dos ecoparques. Esta alternativa de ocio consiste en parques respectuosos co medio natural e que empregan o espazo paisaxístico para configurar actividades deportivas.

Actualmente existen na Galiza varios ecoparques  que cómpre marcar no mapa. Algúns deles son o parque Naturmaz de Mazaricos (comarca do Xallas), o Galipark multiaventura en Padrón (comarca do Sar), o Ecoparque de Marín (O Morrazo), o Ecoparque da Atalaia en Cotobade (comarca de Pontevedra) ou o Marikiná Park en Vigo (comarca de Vigo). Podendo ofrecer actividades de terra ou auga, dependendo das instalacións coas que conten, a oferta destes ecoparques pode variar desde a escalada até o rafting pasando polos circuítos de altura, o tiro con arco, o paintball ou o kaiak.

No parque Naturmaz (Mazaricos) a escalada, o tiro con arco, as pontes colgantes ou as actividades acuáticas son protagonistas. 

As tirolesas son un dos seus principais atractivos e neste caso destaca especialmente Naturmaz, cun percorrido de 330 metros a través dos que sobrevoar o aire. Malia todo, só fai falta despracerse até o norte de Portugal para atopar un dos maiores parques de aventuras de Europa, DiverLanhoso (Porto dos Bois). O parque da Pena en Ribeira da Pena, tamén en Portugal, resulta de moito interese pois permite alcanzar os 150 quilómetros por hora nun cable que conecta os 1.538 metros entre as montañas do Bustelo e de Lamelas.

Se o Galipark multiaventura destaca pola variedade de actividades, o de Marín conta cunha gyncana Celta, o Marikiná é un dos de maior tamaño da Galiza e o da Atalaia inclúe unha ecogranxa. Cada un chama ao ocio a través do deporte e fomentan unha relación positiva coa natureza.

Comentarios