VÍDEO | Insultos machistas a unha árbitra de baloncesto galega: "Puta, vai limpar!"

Nun encontro que enfrontaba ao Bembibre contra o Spar Girona no Bierzo, un espectador comezou a proferir insultos machistas de cara á árbitra. “Puta! Vai limpar!” podía escoitarse por parte do espectador que, ademais, mostraba unha actitude intimidante de cara á colexiada.
O seareiro a proferir insultos machistas contra a árbitra galega, Paula Lema (Foto: @anaislopez23).
photo_camera O seareiro a proferir insultos machistas contra a árbitra galega, Paula Lema (Foto: @anaislopez23).

A árbitra de baloncesto natural a Coruña, Paula Lema, foi albo de ataques machistas a pasada semana mentres dirixía un partido da liga feminina de baloncesto.

Nun encontro que enfrontaba ao Bembibre contra o Spar Girona no Bierzo, un espectador comezou a proferir insultos machistas de cara á árbitra. “Puta! Vai limpar!” podía escoitarse por parte do espectador que, ademais, mostraba unha actitude intimidante de cara á colexiada.

O Bembibre expulsa o seareiro

Ante o acontecido, o equipo local no encontro, o Bembibre, decidiu expulsar o autor dos feitos.

“Toda a xunta directiva do noso club quere condenar, non só as expresións proferidas durante este encontro, senón todo tipo de expresións machistas ou sexistas que atenten contra a integridade moral das mulleres ou de calquera persoa, neste caso concreto, contra a colexiada do partido”, indicaron nun comunicado.

Para alén diso, expresaron que “na nosa extensa traxectoria de doce temporadas na máxima categoría do noso baloncesto feminino e cunha presidenta como mandataria actual, sempre reivindicamos o papel do deporte feminino como elemento de inclusión e cohesión na nosa sociedade, polo que defendemos a igualdade e rexeitamos este tipo de condutas e calquera tipo de discriminación, que non favorecen á imaxe do deporte en xeral”.

Así, anunciaron que decidiron “prohibir a entrada a este seareiro a todos os partidos que dispute o noso equipo como local”.

Comentarios