supermercados

O empresario ruso Mikhail Fridman (Foto: Letterone vía Europa Press).
INTERNACIONAL

Pau da Xustiza ás sancións contra cidadáns rusos: o TXUE anula as sancións ao antigo dono de Dia

O Tribunal Xeral da Unión Europea (TXUE) anulou esta cuarta feira as sancións do bloque comunitario contra o empresario ruso Mikhail Fridman, antigo dono dos supermercados Dia.

Quen se enriquece?

A investigación de Consumo centrarase en produtos como as froitas e as verduras, así como o aceite de oliva (Foto: Europa Press).
star
ECONOMÍA

Consumo investiga os supermercados tras meses de denuncias pola alza de prezos nos alimentos con baixada do IVE

Despois de varios meses de denuncias por parte de organizacións de persoas usuarias como Facua, o Ministerio de Consumo investigará as posíbeis subas das marxes de ganancia das cadeas de supermercados a custa da baixada de impostos a determinados alimentos básicos.
O ministro de Agricultura, Luis Planas (Foto: Europa Press).
ECONOMÍA

Planas defende que a Lei da Cadea Alimentaria "funciona"

O ministro ábrese a incrementar as inspeccións sobre o cumprimento da normativa.
Promoción da campaña nun dos estabelecementos de Gadis (Foto: Nós Diario).
Agora

Gadis únese a unha campaña contra o cancro entre o 2 e o 11 de febreiro

Gadis unirase de novo á campaña solidaria “A compra da túa vida”. Unha iniciativa que pon en marcha a Asociación Española Contra o Cancro (AECC) co obxectivo de captar fondos para impulsar a investigación, mellorar as condicións de vida das persoas diagnosticadas con esta enfermidade, así como apoiar a súa contorna familiar. Desta maneira, desde o 2 até o 11 de febreiro, os supermercados Gadis participarán nesta acción.
Persoa mercando alimentos (Foto: Arxina).
ECONOMÍA

Canto encarecen os alimentos desde que son recollidos no campo até que os compramos no supermercado?

Facua demanda instaurar a dobre etiquetaxe.
Envasado de aceite. (Foto: Gustavo Valiente / Europa Press)
ECONOMÍA

O aceite de oliva virxe extra encareceu 70% no último ano: por que poderían ser "ilegais" eses beneficios?

Facua alerta das subas de prezos que se están a producir tanto co aceite de oliva como con outros moitos alimentos afectados pola rebaixa do IVE.
Un home facendo a compra nun supermercado. (Foto: Fernando Sánchez / Europa Press)
ECONOMÍA

O cesto básico da compra segue á alza: así encareceron os alimentos no último ano

Asufin mostra a súa preocupación pola concertación de prezos en determinados produtos como o arroz, o aceite de oliva ou o leite.
Estabelecemento Claudio (Foto: Nós Diario).
Agora

Gadisa Retail abriu 18 novas tendas Claudio en 2023

Gadisa Retail continuou a tendencia dos últimos anos e fechará 2023 con 18 novos estabelecementos franquiados Claudio. Unha liña de negocio que afianza desde unha perspectiva socioeconómica: "a do compromiso coa contorna e con xerar novas oportunidades de emprendemento". A compañía destacou a súa "vocación de servizo esencial en áreas rurais e semiurbanas, con dispersión xeográfica, baseándose no seu modelo de proximidade á clientela".
Desta maneira, a empresa líder do sector dos supermercados na Galiza suma actualmente un total de 242 puntos de venda franquiados, dos que 125 son estabelecementos Claudio e 117 de Claudio Express.
Consumo alerta da posíbel presenza de 'Salmonella' en nécoras da marca Pescanova. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

Mercaches recentemente nécoras da marca Pescanova? Isto vai ser do teu interese

Pescanova retira un lote de nécoras con posíbel Salmonella

Estímase que a produción de aceite de oliva aumentará en 2023. (Foto: Eduardo Parra / Europa Press)
ECONOMÍA

Profesionais alertan de que o prezo do aceite de oliva continuará á alza

O valioso produto subiu 3,66 euros de media en 2023.
aceite oliva (Foto: Nós Diario)
ECONOMÍA

O 'ouro líquido' dispárase: o aceite de oliva custa hoxe até 7,36 euros máis que en xaneiro

A alza do produto está alcanzando uns niveis descoñecidos.
Supermercado (Foto: Carlos Castro/Europa Press).
ECONOMÍA

Os fogares galegos e navarros son os que máis sofren o impacto da inflación no IVE

O IPC aumentou en dous anos a carga fiscal das familias en 340 euros.
As galletas de Gerblé cun lote retirado do mercado. (Foto: Europa Press)
Saúde

Consumo retira este lote de galletas sen glute por conter burundanga e atropina

Trátase dun dos alimentos producidos en Francia pola marca Gerblé. O lote afectado distribuíuse por todo o Estado español.
Traballador nunha carnicería (Foto: Lightfield Studios).
ECONOMÍA

45% dos alimentos con rebaixa do IVE encareceron nos supermercados

Facua analizou a evolución do custo no primeiro semestre de 2023.
Protesta da CIG ante un supermercado Mercadona en Vigo (Foto: CIG).
TRABALLO

A CIG mobilízase contra os "abusos laborais e os depedimentos inxustificados" en Mercadona

Con esta protesta a central sindical quere denunciar a persecución á que foi sometida unha traballadora á que se lle rescindiu o contrato “de modo ilegal” tras máis de 12 anos na compañía.
Logo de Nestlé nas súas instalacións en Alemaña. (Foto: Christoph Schmidt / Deutsche Press / DPA)
ECONOMÍA

Dia, Nestlé e Mostos Españoles, sancionados por incumprir a Lei da Cadea

O primeiro ministro de Portugal, António Costa (Foto: Goberno de Portugal).
star
ECONOMÍA

A carne e o peixe, xunto a outros 42 produtos, venderanse sen IVE en Portugal

Esta terza feira entrou en vigor a rebaixa do IVE para 44 alimentos básicos en Portugal, entre eles, a diferenza de na Galiza, a carne e o peixe. As cadeas de supermercados lusas aínda teñen 15 días para aplicar o IVE cero neses produtos nos estabelecementos de venda. Os sindicatos agrarios da Galiza poñen o foco sobre a necesidade de controlar as marxes de beneficio dos supermercados.
 
Unha muller merca froita na cadea lusa de supermercados Pingo Doce (Foto: Four Square).
star
ECONOMÍA

O Goberno español di que "vixiará" as marxes de beneficio dos supermercados, mais que fan Portugal e Francia?

Os Estados europeos fronteirizos co español xa tomaron medidas prácticas para actuar sobre o incremento das ganancias das cadeas de supermercados. Mentres o Goberno luso estabeleceu un imposto sobre os beneficios extraordinarios das distribuidoras, o galo chegou a un acordo con estas empresas para limitar os prezos. Francia entende que reducir o IVE en determinados alimentos, como fixo o Goberno español, non abarata prezos. A vicepresidenta española Nadia Calviño limitouse esta quinta feira a afirmar que "hai que seguir moi de perto" as marxes de ganancia.
As verduras e as hortalizas aumentaron 23,6% o seu prezo nos últimos 12 meses, 5,6% no caso das froitas frescas e refrixeradas. (Foto: Jesús Hellín  Europa Press)
star
ECONOMÍA

Os alimentos encarecen 16,6% no último ano, a maior repunta desde 2002

O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou esta terza feira os datos definitivos do Índice de Prezos de Consumo (IPC) correspondentes ao mes de febreiro de 2023, constatando o maior encarecemento da alimentación desde que existen rexistros. O prezo do cesto da compra continúa en aumento a pesar da redución do IVE aplicada polo Goberno do Estado.