Dia, Nestlé e Mostos Españoles, sancionados por incumprir a Lei da Cadea

Logo de Nestlé nas súas instalacións en Alemaña. (Foto: Christoph Schmidt / Deutsche Press / DPA)
photo_camera Logo de Nestlé nas súas instalacións en Alemaña. (Foto: Christoph Schmidt / Deutsche Press / DPA)

A cadea de supermercados Dia, Nestlé e Mostos Españoles foron multados pola Axencia de Información e Control Alimentarios (AICA), organismo do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA), por incumprir a Lei da Cadea Alimentaria.

En concreto, o Departamento que lidera Luis Planas fixo pública a segunda listaxe de sancións firmes a empresas por incumprimentos graves e moi graves da Lei da Cadea Alimentaria.

En total, aparecen 15 empresas correspondente a este segundo trimestre do ano, onde os principais elementos de sanción son o incumprimento dos prazos de pagamento, non incorporar no contrato alimentario o prezo e a inexistencia de contratos por escrito.

Sancións económicas

Desta maneira, Dia volve figurar entre as empresas sancionadas, após recibir dobre sanción hai uns meses. Nesta ocasión, a cadea de supermercados foi sancionada cunha multa de 3.001 euros por non formalizar por escrito os contratos alimentarios.

Pola súa parte, Nestlé recibiu unha das sancións máis elevadas, con 10.323,02 euros, polo incumprimento dos prazos de pagamento, mentres que a multa máis alta foi de 21.975,34 euros para Mostos Españoles tamén por incumprir os prazos de pago.

Comentarios