Profesionais alertan de que o prezo do aceite de oliva continuará á alza

O valioso produto subiu 3,66 euros de media en 2023.
Estímase que a produción de aceite de oliva aumentará en 2023. (Foto: Eduardo Parra / Europa Press)
photo_camera Estímase que a produción de aceite de oliva aumentará en 2023. (Foto: Eduardo Parra / Europa Press)

A organización Interprofesional do Aceite de Oliva alertou de que as tensións nos prezos manteranse coa nova campaña que empeza en outubro debido a que a demanda no mercado seguirá sendo "alta" mentres que a dispoñibilidade de produto continuará sendo "baixa" a pesar da estimación de incrementos na produción.

Así o puxo de manifesto a xerente da organización, Teresa Pérez, que recomendou ás persoas consumidoras comprar só o aceite que se necesita. "Agora mesmo, neste tipo de escenario o mellor é comprar o que se necesita. Facer provisión tampouco axudaría porque sería como unha fuxida para adiante, provocaría unha maior suba de prezos porque faría maior tensión nos mercados", explica.

Prezos

O prezo do litro de aceite de oliva elevouse unha media de 3,66 euros no que vai de ano con subas que oscilan entre 1,25 e 6,30 euros por litro, pero disparándose até os 7,36 euros por litro no caso do aceite de oliva virxe, segundo os datos que se desprenden do estudo comparativo elaborado por Facua-Consumidores en Acción.

Comentarios