O 'ouro líquido' dispárase: o aceite de oliva custa hoxe até 7,36 euros máis que en xaneiro

A alza do produto está alcanzando uns niveis descoñecidos.
aceite oliva (Foto: Nós Diario)
photo_camera O aceite de oliva subiu en dez meses, de media, 3,66 euros. (Foto: Nós Diario)

O prezo do litro de aceite de oliva virxe extra elevouse unha media de 3,66 euros nos supermercados no que vai de ano, con subas que oscilan entre 1,25 e 6,30 euros por litro, pero disparándose até 7,36 euros por litro no caso do aceite de oliva virxe, segundo os datos que se desprenden do estudo comparativo elaborado por Facua-Consumidores en Acción no que se analizaron aceites á venda en seis grandes cadeas de distribución.

A organización de consumidores comparou a evolución dos prezos das variedades de virxe extra e virxe en envases de plástico de 1, 3 e 5 litros, de 500 e 750 mililitros, e de 200 mililitros en spray, á venda Mercadona, Dia, Hipercor, Alcampo, Eroski e Carrefour.

O prezo medio do litro de virxe extra estaba a 6,61 euros en xaneiro de 2023, unha vez aplicada a rebaixa do IVE de 10% a 5%, mentres que a principios de outubro, a media do litro destes aceites situábase en 10,27 euros. No que vai de ano, encarecéronse un 55,4%.

O informe mostra que un dos aceites que aparece nos primeiros postos da clasificación das menores subidas e tamén das maiores baixadas, segundo o establecemento do que se trate, é a botella de 1 litro de virxe extra Coosur variedade Hojiblanca. Un aceite que subiu 1,96 euros en Carrefour, pasando de 7,99 a 9,95 euros, o cuarto menor incremento do estudo, mentres que en Eroski encareceuse en 6,30 euros, estaba en 5,69 euros en xaneiro e en 11,99 euros en outubro, a segunda maior subida de todas as marcas analizadas.

A subida máis acusada no que vai de ano detectouse na garrafa de 5 litros de aceite de oliva virxe da marca Carbonell, nomeadamente nas tendas de Carrefour.

Comentarios