sinistralidade laboral

Manifestación esta quinta feira nas rúas de Vigo (Foto: Pedro Davila / Europa Press).
TRABALLO

Os sindicatos mobilízanse en Vigo ante o incremento da sinistralidade laboral

A CIG, CCOO e UXT lembran as 10 mortes acontecidas no que vai de ano.
Central de emerxencias do 112-Galiza. (Foto: 112).
TRABALLO

Novo accidente laboral: falece un traballador dun depósito de despezamento de vehículos

O traballador faleceu ao quedar atrapado entre dous coches
Unha ambulancia do servizo de emerxencias 061 da Galiza (Foto: Nós Diario).
TRABALLO

Nova morte en plena xornada laboral: un operario falece en Ponteareas mentres traballaba

Os servizos sanitarios apuntan a un paro cardíaco previo a unha posterior caída que puxo en alerta aos seus compañeiros e compañeiras de xornada laboral.
Concentración o pasado 14 de marzo diante dos estaleiros San Enrique, en Teis (Vigo) onde faleceu un operario da construción (Foto: Adrián Irago / Europa Press).
star
TRABALLO

Medra a sinistralidade laboral na Galiza: cales son as causas?

'Nós Diario' analiza o incremento da sinistralidade laboral na Galiza nos últimos anos, marcada por varios factores, entre os que estarían a introdución de novas dinámicas de traballo nas empresas e a situación actual do servizo de inspección que as visitan para comprobar que cumpren coas normas vixentes.
Guindastre da compañía Castmart, onde traballaba o falecido. (Foto: Grúas Castmart)
TRABALLO

Novo accidente laboral: morre atropelado un operario de guindastre mentres auxiliaba un vehículo en Santiago

O home, de 56 anos, foi atropelado na autovía AG-56 esta pasada noite.
O sector da construción foi un dos que máis incrementou a sinistralidade en 2021.
TRABALLO

Dispárase a sinistralidade na Galiza: cada semana perde a vida unha persoa en accidente laboral

Galiza foi a segunda autonomía do Estado coa maior suba da sinistralidade.
Os traballadores do metal volven saír á rúa en Vigo. (Foto: Pedro Davila / Europa Press)
TRABALLO

O metal vigués volve á rúa para exixir máis medidas de seguridade tras a morte doutro operario: "Non se toman en serio"

Os sindicatos demandan un maior control de Inspección de Traballo e denuncian a "precariedade" do sector.
Traballador autónomo na súa tenda (Foto: Arxina).
TRABALLO

Autónomos exixen un plan de choque contra a sinistralidade laboral: "Os datos son inaceptábeis"

A estatística recolle a mesma cifra de falecementos que no ano anterior.
Traballador (Foto: Nós Diario).
TRABALLO

Galiza, onde máis medra a sinistralidade laboral: até 27% máis no último ano

A incidencia durante a xornada de traballo é de 256 accidentados por cada 100.000 traballadores.
Centos de persoas enchen as rúas de Vigo en protesta polo operario morto no estaleiro (Foto: Javier Vázquez / Europa Press).
Parlamento

Unanimidade no Parlamento contra a sinistralidade no sector naval da ría de Vigo

A Comisión 6ª de Industria aprobou esta sexta feira por unanimidade unha proposición non de lei do BNG contra a sinistralidade no sector naval da ría de Vigo e mellora das condicións laborais para frear o incremento de accidentes e perda de vidas humanas.
Dous operarios da construción traballando (Foto: Eduardo Parra / Europa Press).
TRABALLO

A Galiza é a quinta autonomía do Estado cunha maior sinistralidade laboral

O índice de incidencia de accidentes de traballo mortais en xornada laboral da Galiza segue a ser moito máis alto que o do conxunto do Estado español.
Ambulancia do 061 (Foto: Xoán Roberes).
TRABALLO

A Galiza é o territorio con máis accidentes mortais de autónomos

O país conta co maior índice de sinistralidade laboral.
Durante o ano 2021, 53 persoas traballadoras morreron por accidente laboral na Galiza (Foto: Europa Press).
TRABALLO

230 persoas perderon a vida en accidentes laborais no Estado español nos primeiros catro meses do ano

A estatística de Traballo revela ademais que dos 230 traballadores que perderon a vida nun accidente laboral até abril, 2021 eran asalariados (-15,5%) e 29 eran traballadores autónomos, 45% máis.
snapshot-1682591268612
star
TRABALLO

Cada cinco días perde a vida na Galiza unha persoa en accidente laboral

O 28 de abril conmemórase o Día Internacional da Seguridade no Traballo. 628 galegas e galegos morreron desde 2012 en sinistros laborais
A empresa deu aviso a primeira hora da mañá aos Mossos. (Foto: VilaWeb)
Catalunya

Morren tres xeólogos na mina catalá de Súria por un desprendemento

As vítimas son un xeólogo con experiencia e dous estudantes de máster da Universitat Politècnica de Catalunya.
Traballadores de estaleiros concentráronse onte en Vigo pola morte dun traballador nas instalacións de Cardama (Foto: Javier Vázquez / Europa Press).
TRABALLO

A Galiza é o territorio do Estado onde máis incrementou a sinistralidade laboral

Os datos do Ministerio de Traballo e Economía Social sinalan que até setembro faleceron na Galiza 58 persoas, a cifra máis alta desde 2016. A CIG e CCOO demandan ás empresas que invistan máis en prevención de riscos laborais.  
Helicóptero medicalizado do 061. (Foto: Europa Press)
TRABALLO

Evacúan en helicóptero dous traballadores en Carballeda de Valdeorras e Ribeira por senllos accidentes laborais

Polo de agora descoñécese o estado de saúde dos dous traballadores feridos.
Traballadores da construción (Foto: Xoán Roberes).
TRABALLO

O atraso na idade de xubilación aumenta o risco de morte a partir dos 60 anos

Un estudo de Fedea sinala a necesidade de combinar a xubilación flexíbel co aumento da idade legal de xubilación para reducir os riscos na saúde das persoas. 
Hospital da Mariña, en Burela (Foto: Xunta da Galiza).
TRABALLO

Falece un traballador da construción nun accidente laboral en Ribadeo

G.L.P, de 52 anos, morreu como consecuencia dun golpe sufrido nunha obra.

Un traballador nas obras do novo centro integral de saúde de Lalín o pasado mes de febreiro (Foto: Xunta da Galiza).
TRABALLO

A gravidade dos accidentes laborais crece na Galiza após as crises económicas

En 2022, xa sen restricións pola Covid, rexistráronse 29 mortes no posto de traballo nos dous primeiros meses do ano.