Nova morte en plena xornada laboral: un operario falece en Ponteareas mentres traballaba

Os servizos sanitarios apuntan a un paro cardíaco previo a unha posterior caída que puxo en alerta aos seus compañeiros e compañeiras de xornada laboral.
Unha ambulancia do servizo de emerxencias 061 da Galiza (Foto: Nós Diario).
photo_camera Unha ambulancia do servizo de emerxencias 061 da Galiza (Foto: Nós Diario).

Un home faleceu esta segunda feira mentres traballaba no municipio de Ponteareas, na comarca do Condado. Os servizos sanitarios apuntan a un paro cardíaco previo a unha posterior caída que puxo en alerta aos seus compañeiros e compañeiras de xornada laboral.

Segundo informou o 112, o último que viron os compañeiros e as compañeiras foi como esta persoa caía dunha carretilla e se golpeaba a cabeza. As comunicacións foron ao redor das 8 horas.

Con esta información, activáronse os protocolos correspondentes a un accidente no campo laboral. Despois, os servizos sanitarios detectaron que o falecido sufriu un problema de saúde, posibelmente un infarto, que provocou a súa caída.

Intervención

O suceso produciuse no lugar de Vilasobroso, en Ponteareas, nunha nave para o preparado do bacallau. Alí acudiron os equipos de emerxencias, entre eles, Urxencias Sanitarias da Galiza-061, a Policía Local e axentes da Garda Civil.

Posteriormente, cando se estaba realizando o traslado do enfermo, produciuse o falecemento. Do mesmo modo, o equipo médico sinalou a parada cardíaca previa á caída como a causa principal desta morte no espazo de traballo.

Comentarios