Novo accidente laboral: falece un traballador dun depósito de despezamento de vehículos

O traballador faleceu ao quedar atrapado entre dous coches
Central de emerxencias do 112-Galiza. (Foto: 112).
photo_camera Central de emerxencias do 112-Galiza. (Foto: 112).

Un operario dun depósito de despezamento de vehículos faleceu no mediodía desta quinta feira nun accidente laboral, ao quedar atrapado entre dous coches no lugar das Eiras, no municipio de Barreiros (A Mariña).

Segundo a información proporcionada polo 112-Galiza, o suceso tivo lugar sobre as 13.15 horas desta quinta feira, cando se recibiu a alerta de que un traballador que quedara atrapado entre dous vehículos.

Até o lugar desprazáronse os Bombeiros de Barreiros, aínda que finalmente non foi necesaria a súa intervención. Á súa chegada, a vítima, atrapada entre dous vehículos, xa estaba liberada, mais falecera, tal e certificou o persoal sanitario do 061 que acudiu á zona.

Outros dous traballadores lesionados

No operativo participaron tamén axentes da Garda Civil e membros de Protección Civil. Ademais, tamén foi necesario asistir outros dous traballadores que resultaron lesionados durante este accidente laboral.

Comentarios